Resultados da penúltima xornada do ano
15:36 11/12/11
Unha xornada máis no fútbol da Costa, a penúltima do ano, que non trae moitas sorpresas, salvo o empate do Camariñas na Segunda Autonómica.
En Preferente, o máis negativo foi a derrota do Soneira en Foz que o coloca en postos de descenso tras a vitoria do Ribadeo, non saen os de Vimianzo desa racha negativa que, pese a que queda moita liga, pode ser un lastre para a segunda volta. O Santa Comba gañaballe o xoves, con moitos apuros ao Grixoa, e cos resultados que se deron colocase segundo e posto de ascenso directo. Os seus veciños de Xallas non foron capaces de sacar algo positivo do campo do invicto Compostela. A cara positiva deste domingo en Preferente douna o Dumbría que sen moito ruído colócanse no medio da táboa.
En Primeira, seguen sen darnos alegrías os dous representantes da Costa, mentres que o Cee perdía na casa e segue último, o Ponteceso facía o mesmo no difícil campo do Noia, pero veñen con sensacións positivas pois os goles da vitoria local chegaron nos últimos minutos e o terceiro nunha situación moi dubidosa.
Na Costa, como xa apuntabamos, a sorpresa foi o empate do líder na casa fronte ao Castriz, comezaron perdendo os de Manolín e conseguiron a igualada no minuto 80 por medio de David, moitas ocasións para os camariñáns pero non puideron sacar máis que un punto. Os de Caion fixeron os deberes o sábado gañando ao San Lorenzo e quedan agora a tres puntos do Camariñas polo que pasan a depender se sí, nunha liga que dominan os dous con moita superioridade, aínda que o Fisterra quere romper esa bipolaridade. Gañou o sábado e segue a espera de que fallen os dous primeiros e suma xa sete vitorias consecutivas. Outro que vén moi calado é o Baio, xa é cuarto, aínda que tivo que suar e moito para dobregar o entramado defensivo do Corcubión, no minuto 84 os de Tono perdía 1-0 e acabaron remontado con goles de Canai e Martín MC por partida dobre.
Na Terceira rematou a primeira volta e o Cabana acaba como campión de inverno ao desfacerse con máis apuros dos previstos ao Corcoesto no derbi do Concello. O resto de equipos da parte alta non fallaron. O Outes gañou con comodidade ao Xaviña, o mesmo fixo o Montelouro hoxe en Muxía. O partido máis interesante da xornada foi o Carnota-Cerqueda que acabou coa vitoria local no desconto, aos malpicáns non lle esta acompañando a sorte no tramo final de ano.
En xuvenís non houbo sopresas entre os primeiros clasificados, tan so cabe destacar a traballada vitoria do Dumbría B ante o Zas.
Preferente, xornada 16
Dumbría | 2-0 | Santiago |
S.D. Compostela | 3-2 | Xallas |
Foz | 1-2 | Soneira |
Santa Comba | 2-0 | Grixoa |
1ª Autonómica, xornada15
Noia | 4-2 | Ponteceso |
Cee | 0-2 | Flavia |
2ª Autonómica, xornada15
Fisterra | 5-3 | Zas |
Club do Mar | 3-0 | San Lorenzo |
Esteirana | 2-2 | Dumbría B |
Malpica | 2-0 | Muros |
Corme | 2-1 | Mazaricos |
Sofán | 3-1 | Nantón |
Camariñas | 1-1 | Castriz |
Baio | 3-1 | Corcubión |
Buño | 2-1 | O Pindo |
3ª Autonómica, xornada 18
Lira | 0-0 | Alcaián |
Laxe | 3-3 | Porteño |
Xaviña | 0-3 | Outes |
Cabana | 3-1 | Corcoesto |
Fisterra B | 5-2 | Soneira B |
Camelle | 1-3 | Indep. Carballo |
Carnota | 3-2 | Cerqueda |
Muxía | 1-5 | Montelouro |
Atl. Pereiriña | 2-3 | Volantes |
Liga Nacional, xornada 14
Bergantiños | 2-1 | Colegio Hogar |
Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 13
Soneira | 1-1 | Dumbría |
Fisterra | 5-1 | Muros |
Santa Comba | 2-2 | Esteirana |
Outes | 1-2 | Corcubión |
Cee | 2-1 | Mazaricos |
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 17
Camariñas | 4-2 | Corme |
Dumbría B | 4-3 | Zas |
Coristanco | 2-3 | Baio |
Malpica | 5-0 | Cabana |
Ponteceso | 8-0 | Muxía |
División Honra Cadete, xornada 14
Bergantiños | 3-4 | S.de Compostela |
2ª Cadete, xornada 15
Muxía | 1-10 | Malpica |
Ponteceso | 11-3 | Zas |
Fisterra | 1-7 | Camariñas |
Esteirana | 2-1 | Outes |
Coristanco | 1-4 | Cee |
Dumbría | 7-0 | Muros |
Porteño | 1-6 | Cabana |
Baio | 3-2 | Soneira |
2ª Infantil, xornada 15
E.M.F. Vimianzo | 0-9 | Cee |
Esteirana | 5-2 | Corme |
Coristanco | 9-1 | As Baleas |
Fisterra | 0-3 | Dumbría |
Cabana | 10-1 | Baio |
Outes | 6-1 | Muxía |
Ponteceso | 3-4 | E.D. Os Miudos |
Liga de Veteranos, xornada 14
1ª División
Bértoa | 3-0 | Buño |
Zas | 0-1 | Nantón |
Ponteceso | 1-1 | Cabana |
San Lorenzo | 3-1 | Xv. Bergantiños |
Corcubión | 5-3 | Vimianzo |
Bergantiños | 0-3 | Castriz |
Baio | 2-2 | Camariñas |
2ª División
Muros | 1-2 | Agualada |
Soneira | 6-0 | Sofán |
Cerqueda | 0-2 | Leiloio |
Club do Mar | 3-5 | Malpica |
Porteño | 0-2 | Coristanco |
Corme | 1-0 | Dep. Carballo |
Corcoesto | 2-2 | At. Milagrosa |
Máis información
Crónicas da semana
- Preferente/2ª/3ª: Crónicas e resultados dos partidos do día da inmaculada.
- 3ª Autonómica: Poucas sorpresas na xornada de Terceira.
- Xuvenil Norte: O Malpica segue implacable e o Ponteceso perde opcións.
- Xuvenil Sur: Un exemplo mal exemplo dos pais e siareiros no fútbol base.
- 3ª Autonómica: Loita densa entre os de arriba.
- 2ª Autonómica: 3 destacados por arriba e o resto mirando para abaixo.
- Preferente: Un por arriba, un por abaixo e dous na zona media.
- 1ª Autonómica: Josito decide un tedioso derbi.
- Resultados da fin de semana de fútbol na Costa.
- Comeza unha igualada Liga de Fútbol Sala de Cee.
Máis novas
- O Barsa de Preferente xoga de laranxa.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido co colexiado Marcos Ordóñez.
- A Copa do Mundo na fin do mundo.
- A Bitacora da Semana: O blog da Camelle.
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).