Nova xornada completa de fútbol costeiro. Con resultados para todos os gustos. E coma sempre comezamos pola Preferente, onde o Soneira sumaba un puntiño máis, o que implica un puntiño menos para a salvación.
O Cee reafírmase como líder na 1ª Autonómica tras vencer ao Imperátor e alonxalo a 5 puntos. Os de Pato volveron demostrar que van en serio. Tampouco decae o Xallas que conseguía un puntiño nun campo difícil como o do Sada, ao que mantén 2 puntos por debaixo. O Dumbría tamén empataban ante o Estudiantil e se mantén a unha lixeira diferencia. Pola súa banda o Zas segue formando xuvenís mentres os resultados seguen sen acompañar.
Na Liga da Costa marchan os dous de arriba. As derrotas de Club do Mar e Muros deixan a Ponteceso e Camariñas sós arriba. I é que a xornada estivo marcada polo encontro en Miraflores, onde ata fixo falta a presencia da Guarda Civil para xogar a segunda metade.
Por abaixo, as derrotas dos colistas non fan máis que afundilos no pozo da táboa. Buño e O Pindo empataban e co empate do Porteño ante o Baio as cousas quedan igual. Iso si, o Corme escapa lixeiramente tras vencer, a pesar das baixas, ao San Lorenzo.
A xornada da 3ª, o máis destacable foi o tropezo do Mazaricos que deixou 2 puntos na casa ante o Laxe, e queda empatado co Corcubión na 2ª praza. O Nantón goleou en Muros e volve ser líder, mentres que o Corcubión batía onte contra o Alcaián. O Cerqueda tampouco quere perder coba e vencía en Corcoesto con comodidade. Cabana e Coristanco miran a 10 puntos de distancia.