Preferente: Os minutos finais fóronlles esquivos ao Soneira por unha vez

Por unha vez o treito final do partido non axudou ao Soneira. Acostumado a vencer a base de arreóns nos últimos minutos , desta volta foi o Bertamiráns quen marcou no minutos finais para levar os 3 puntos do Municipal de Vimianzo.
Os de Manolito quedan con 35 puntos, na 8ª praza.
Soneira - Bertamiráns (0-1)
- Soneira: Fran, Ferreiro, Pablo, Fran de Urroa (Miguel, min.46), Javi, Santi, Víctor García, Míchel, Kike (Mario, min.46), Vituco, Vía Rápida (Darío, min.70).
- Gol: 0-1, min.85:
Moita igualdade, coma sempre en Vimianzo, no encontro do Soneira. Pero non foron capaces de sacar nada positivo os vimianceses e caían nos últimos momentos. Foi un partido moi igualado, con poucas ocasións e moita brega.
Puido poñerse por diante o Soneira pero o colexiado anulou un tanto e un par de voas accións de Vituco e Vía Rápida. E cando todo miraba cara o empate, o equipo visitante botaba unha falta que petou no poste, tocou no meta Fran quedando para que un dianteiro local marcase a pracer.
Máis información
Novas relacionadas
- Resultados futboleiros da fin de semana.
- A crónica da 3ª de Alberto Pose: Unhas conclusións sobre o 2010 na 3ª da Costa.
- A crónica da Liga da Costa de Manuel Varela: Por Nadal, datos e turrón.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Fotografía de Marcos Rodríguez.