Venres. 19.04.2024
El tiempo

Resultados futboleiros da fin de semana

Resultados futboleiros da fin de semana
E nova xornada completa do fútbol da Costa. Non puido o Soneira seguir sumando e caeu na casa ante o Bertamiráns nuns últimos minutos que por unha vez non lle foron positivos. Na 1ª, trala goleada do Xallas ao Zas do sábado, o Cee perde a primeira praza ante o Olímpico, o que provoca que o Xallas se coloque a tan só un punto do liderato. O Dumbría non di adeus ao ascenso e queda a 6 puntos de Cee e Olímpico, empatados no alto da táboa con 40 puntos. Na Liga da Costa o encontro da semana era o Ponteceso-Club do Mar que rematou cun empate que devolve a igualada á competición. O Camariñas non perdoaba en Baio e queda a 3 puntos dos de Berto, con 45. Por detrás, o Muros vén con 38, tras vencerlle un set complicado ao San Lorenzo. 38 ten tamén o Club do Mar, 35 ten Sofán tralo empate en Esteiro e 34 o Castriz tras vencer ao Carnota. Por abaixo, ademais da derrota dos carnotáns, tamén caeron os vimianceses no Pindo. Ademais a importantísima vitoria do Buño ante o Porteño deixa a Carnota e Vimianzo afundidos, e o Porteño nunha complexa situación, 3 puntos por debaixo do Pindo e 4 do Buño e do Corme, que por certo, caía estrepitosamente en Malpica. Na da Costa, a xornada tamén tivo encontros importantes. Non fallou o Mazaricos ante o 4º, o Cerqueda, o que deixa aos de Rochiciolli a 4 puntos do Corcubión. Os de Manín tampouco fallaban en Laxe, igual que o Nantón en Carballo. Os tres parece que se xogarán todo polo todo. Pero o Cabana segue dende lonxe e o Coristanco semella que se descolga tras caer en Outes. Pola súa banda en xuvenís, as cousas poden deparar de todo. Polo norte, cando semellaba que a recta final para Corme e Dumbría B sería cómoda, as cousas póñense complicadas. Ambos tiveron que sufrir para sacar adiante os seus encontros en Baio e ante o Ponteceso. Polo sur, pola contra, Soneira e Santa Comba seguen arrasando esperando o grande choque.

Preferente Norte, xornada 25

Soneira 0-1 Bertamiráns

1ª Autonómica, xornada 21

Xallas 9-1 Zas
Dumbría 3-0 Lamela
Olímpico 2-0 Cee

2ª Autonómica, xornada 21

Porteño 0-3 Buño
Baio 0-3 Camariñas
Ponteceso 1-1 Club do Mar
San Lorenzo 4-6 Muros
Malpica 6-1 Corme
Esteirana 2-2 Sofán
Fisterra 2-3 Dumbría B
O Pindo 3-1 Vimianzo
Castriz 2-1 Carnota

3ª Autonómica, xornada 21

Lira 2-3 Alcaián
Laxe 0-1 Corcubión
Indep. Carballo 1-4 Nantón
Cabana 5-1 Muxía
Cerqueda 1-3 Mazaricos
Atl. Pereiriña 6-2 Corcoesto
Muros B 2-4 Xaviña
Outes 1-0 Coristanco

Liga Nacional Xuvenil, xornada 20

Montañeros B 1-2 Bergantiños

Liga Xuvenil Sur, xornada 15

Santa Comba 8-1 Esteirana
Mazaricos 3-8 Soneira
Corcubión 0-0 Cee
Dumbría 1-7 Fisterra
Outes 2-2 Muros

Liga Xuvenil Norte, xornada 19

Cabana 0-0 Malpica
Bergantiños B 3-2 Camariñas
Baio 1-2 Corme
Dumbría B 2-1 Ponteceso
Zas 4-0 Muxía

Liga Galega Cadete, xornada 18

Bergantiños 5-3 Santa Comba

Segunda Cadete, xornada 17

Bergantiños B 1-3 Ponteceso
Cee 2-4 Soneira
Con. de Carnota 3-2 Muros
Malpica 1-0 Outes
Dumbría 5-0 Fisterra
Esteirana 3-1 Coristanco
Corme 1-2 Baio

Segunda infantil, xornada 13

Con. Carnota 0-6 Dumbría
Zas 2-13 Esteirana
Bergantiños B 7-2 Baio
Cabana 2-7 Santa Comba
Outes - Coristanco
E.D. Os Miudos 3-5 E.M.F. Vimianzo
Cee 8-1 Muxía

Ligas de Veteranos, xornada 18

1ª División

Vimianzo 0-2 San Román
Nantón 1-0 At. Milagrosa
Bértoa 1-3 Bergantiños
Castriz 1-4 Corcubión Vet.
Ponteceso 3-1 Camariñas
Cabana 3-7 Baio
Zas 0-1 Xv. Bergantiños

2ª División

Malpica 3-1 Club do Mar
Dep. Carballo 1-3 Agualada
Cerqueda 2-3 Buño
San Lorenzo 1-1 Leiloio
Corcoesto 2-1 Porteño
Corme 4-3 Sofán
Muros 4-5 Coristanco

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios