Xoves. 18.04.2024
El tiempo
Alberto Pose
09:29
03/02/11

Un partidazo de 1ª División na 3ª da Costa

Un partidazo de 1ª División na 3ª da Costa
Este domingo fun un afortunado. Digo esto porque non tiven que sentarme diante dun televisor ou por exemplo achegarme á Coruna ao campo de Riazor, algo que fago habitualmente, para poder disfrutar dun bo partido de fútbol. Foi un encontro con todo o que eu creo que conleva o fútbol, bo xogo, tensión, emoción... Simplemente achegueime ao campo de Xaviña en Buño para ver o encontro que disputaban o Cerqueda e o Mazaricos. Dende o seu incio o encontro xa se vía que ía a ser disputado. Había moito en xogo, o Cerqueda comenzou moi forte con moitisima intensidade sen darlle opción ao Mazaricos de practicar o seu xogo. Intensidade e tamén bo xogo con bonitas combinacións que facían que chegara con facilidade á portería rival. Chegou o minuto 14 e obtiveron os locais o premio, o gol. Seguíu igual o Cerqueda marrando claras ocasións de gol, facendo perigo tamén a balón parado e mentres Rochi daba instrucións e lamentábase das ocasións fallidas, no outro banco Raúl amosábase calado e observando o desenvolvemento do encontro. Non lle gustaba o que vía e esperaba a que chegara o descanso para tentar cambiar a dinámica. Chega o descanso e todo o mundo louba a boa primeira parte faite polos rapaces de Rochi e que debía ir con máis renta para os vestiarios. Comeza a segunda parte e o Mararicos sorpréndenos. A súa liña de presión sobre o Cerqueda cambia e faise co medio do campo. Raúl arrisca en defensa dando entrada a un dianteiro como Ernesto por home defensivo como Marcos. Recuperan pronto o balón en campo do Cerqueda e trazan contras rapidísimas que fan moito dano ao equipo local. E de repente, dunha desas contras, sae a relocer a calidade de José Ángel e marca o empate. Con isto cambia tamén a forma de ver o encontro dende o banco. O calado de Raúl empeza a dar ordes moi concretas ao seus rapaces e o bo de Rochi observa como cambiou o encontro. Noutra contra prodúcese unha falta lateral que no seu saque aproveita José Ángel para rematala con mestría, entrando dende o punto de penalti anticipándose á saída de Fredi e rematando a gol. Raúl segue dando instrucións aos seus; Rochi observa como o Mazaricos controla o partido e se cadra acordándose das oportunidades falladas. Non hai moito tempo. Noutra conta o Mazaricos sentenza o encontro. En definitiva, bo partido de fútbol que moitas veces non vemos en categorías superiores. Gracias a Rochi e Raúl, e aos xogadores dos dous equipos por todo o visto o domingo e dende aquí quero aproveitar para desearlle a Esteban Pereiro, xogador do Mazaricos, que a lesión que tivo non fora moi grave aínda que me tiña mala pinta. De novo gracias por ver un auténtico partido de fútbol da Costa con todos os seus alicientes, incluido o frío que facía. Nestes tempos no que o fútbol brilla pola súa ausencia en calquera categoría, alédome de ver un gran partido na última categoría do fútbol español.

Crónicas de Alberto Pose

Crónicas de Manuel Varela

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios