Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Xuvenil Norte: Os dous de arriba tamén sofren

Xuvenil Norte: Os dous de arriba tamén sofren
Non vai ser doado o treito final nin para o Corme nin para o Dumbría B. Continúa o filial dumbriés con 2 puntos de vantaxe pero o Corme ten un partido menos, e dada a diferencia co resto de equipos, semella que vai poder salvala. Con todo, van ter que sufrir cada vitoria nesta Liga Xuvenil Norte, como nesta xornada na que o Dumbría B venceu no desconto e ata co porteiro volcado contra a portería do Ponteceso. Tampouco o pasou nada ben o Corme, que venceu con algo máis de solvencia ao Baio, pero tamén con algo de sufrimento.

Baio - Corme (1-2)

  • Baio: Poyo, Maikel, Manuel, David, Pablo (Valentín, min.46), José Manuel, Fachal (Rafa, min.56), Iván, Martín, Bieto (Manuel, min.46), Canario (Erik, min.60).
  • Corme: Javi, Mauro (Fran, min.70), Joshua, Pandi, Chino, Martinciño, Pejo, Dani Conejo, Darío (Juanma, min.80), Alejo, Lucas .
  • Goles: 0-1, min.25: Alejo; 0-2, min.35: Alejo; 1-2, min.70: Manuel.
Partidazo no Platas Reinoso, cun gran ambiente. Controlou o Corme a primeira metade na que se puxo por diante con dous tantos, como non, de Alejo. Na segunda metade mellorou o Baio que prantou cara a todo un Corme durante moitos minutos e puxo incertidume ata o último minuto. Xa co 0-2 o propio Alejo estivo a piques de asinar o hattrick, pero os paos por dúas veces e o longueiro impedírono. Con todo, tamén puido caer o empate, pero desta volta foi o pao o que salvou a Javi e ao equipo cormelán.

Dumbría B - Ponteceso (2-1)

  • Dumbría B: David, Rober, Andi, Toja, Joaquín (Duarte, min.46), Cote, Josiño (Denís, min.76), Jesús (Pablo, min.76), Mario, Rodri, Yerai.
  • Ponteceso: Guille, César, Johni, Ventura, Diego cadete, Fabián, Cotelo (Recarey, min.55), Baliña, Puente, Borja (Iago infantil, min.75), Jorge.
  • Goles: 0-1, min.75: Puente cun golazo de falta; 1-1, min.85: Denís; 2-1, min.92: Rodri á saída dun córner con do o equipo volcado.
A heroica a que protagonizou o equipo de Nando, e rematou vencendo no desconto e a balón parado con 11 xogadores na área pontecesán. Comezou algo nervioso o equipo local e fallou varias ocasións. Peo o encontro estaba vibrante e os afeccionados disfrutaban do espectáculo. I é que prantou cara o equipo de Marco ao forte Dumbría B, algo do que se amosaba moi satisfeito o míster pontecesán logo de conseguir sacar esa garra nos seus xogadores. Púxose por diante na segunda cun golazo de Puente de falta. E puido marcar o segundo o propio Puente, pero nunha ocasión marrou diante de David, e na seguinte o colexiado sinalou fóra de xogo. Precisamente á volta deste fóra de xogo chegou o empate a falta de 5 minutos para o final. Ou iso protestaron en Ponteceso. Acabou o Dumbría B con 6 dianteiros, buscando balóns arriba e ata tivo que subir o meta David a rematar un córner. E non foi el pero si que foi Rodri quen marcou xa co tempo cumplido para darlle a vitoria aos locais que se manteñen de líderes, pero agardando un traspés do Corme, cun partido menos.

Bergantiños B - Camariñas (3-2)

  • Bergantiños B: Buguy, Balay, David, Iván, Javi Varela, Jose (Adrián, min.60), Pablo, Antonio (Javi Castro, min.80), Miguel, Cebey (Martín, min.65), Omar (Cristian, min.75).
  • Camariñas: Álvaro, Bieito,Yohan (Juan Campaña, min,60), David, Dyango, Mariño, Martín, Manu, Tajes, Cristian, Sergio.
  • Goles: 0-1, min.7: David; 1-1, min.9: Omar; 2-1, min.20: Omar; 3-1,m in.26: Miguel; 2-3,m in.50: Manu.
Sexta xornada consecutiva puntuando para un Bergantiños que se coloca nunha meritoria cuarta plaza, máis sabendo que na 3ª xornada era o colista da categoría e que ten o plantel composto por xogadores de primer ano que a tempada pasada estaban a xogar no Cadete B. Pola súa banda o Camariñas queda 9º con 10 puntos. O Bergantiños mantivo un dominio lixeiro, pero foi o Camariñas quen se puxo por diante. Rápido reaccionaron os de Gueli que deron a volta ao marcador en menos de unha hora. Na segunda apretou o Camariñas que recurtou tras 5 minutos no campo. Pero non foi quen o equipo de Antelo de remontar. Tampouco puido sentenciar o equipo local e ata Pablo marrou un penalti a falta de 15 minutos.

Cabana - Malpica (0-0)

  • Cabana: Sergio, Óscar, Ismael, Álex, José Castro, Álex Mato (Carlos, min.46), Amable (Marcos, min.56), Pablo, Rubén (Manu, min.69), Moreno (Nacho, min.56) e José.
  • Malpica: Eme, Quintas, Jorge, Javier, Pepis, Luísma, M+. Maradona, Eloy (Fenosa, min.69), Camilo, Guille (Juny, min.54) e M. Uruguayo.
Cabana e Malpica, xogaron na tarde do sábado un partido coma o tempo, moi frío, sen moito fútbol combinativo abusando do pelotazo e demostrando que os postos que ocupan na táboa son reflexo do acontecido hoxe no terreo de xogo. A primeira parte, salvo os minutos iniciais, os malpicáns levaron mais o peso do partido, pero sen apenas inquietar ao porteiro local Sergio, só Camilo, no min.17, disfrutou dunha boa ocasión ao aproveitar un erro defensivo pero o seu cabezazo foise lambendo o poste. Os locais, saíron con máis gañas na segunda metade e tiveron tres ocasións claras de marcar, pero non acertaron. En resumo, mal partido en liñas xerais, e xusto reparto de puntos.

Zas - Muxía (4-0)

  • Zas:
  • Muxía: Fabián, Fran, Martinciño, Iván, Antonio, Javi, Carliños Julián, Pesqui, Fran, Rati.
  • Lesión: Javi lesionouse no min.10.
Con 11 xustos chegaba o Muxía a Zas, e dende o minuto 10 xogou con 10 xogadores trala lesión de Javi. Así e todo aguantaron bastante os de Estanislao ata que no min.80 sentenciou o choque o cadro de Severino, con que nos foi imposible contactar esta tarde de martes.

Máis información

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Colabora e Blog de Malpica de Luís Porto.
  • Fotos de Dieko.

Comentarios