Martes. 23.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Club do Mar frea a máquina pontecesá

2ª Autonómica: O Club do Mar frea a máquina pontecesá

O encontro da xornada rematou cun empate a 1 que devolve a intensidade á Liga da Costa. O Club do Mar foi quen de parar a máquina de Berto e acadou un empate no Pinguel que coloca ao Camariñas a tan só 3 puntos do líder tras vencer con claridade en Baio.

Por detrás segue o Muros, cunha racha impresionante que lles servía para vencer en Verdillo cun marcador máis propio do tenis. Empatado co Muros a 38 puntos, a 10 do Ponteceso, segue tamén o Club do Mar, e por detrás Sofán e Castriz non queren descolgarse.

Por abaixo a xornada foi importante. O Buño vencía o sábado ao Porteño no encontro que puido significar o despegue final dos de Gerpe. Seguen os da Ponte nesa 3ª praza que será, case de seguro, de descenso, mentres que Carnota e Vimianzo non levantan cabeza. O Pindo, Buño, Corme, Esteirana e Baio respiran pero non poden despistarse.

Porteño - Buño (0-3)

  • Porteño: Asiel, Manu, (Wii, min.72), Pejo, Roi, Roberto, Quilmes (Valela, min.65), Iván, Brais (Astu, min.70), Iago, Ismael, Sestayo (Martín, min.60).
  • Buño: Brais, Pancho, Lolo, Diego, Angel, Elías (Dourado, min.65), Mendieta (Fernando, min.84), Jorge (Daviciño, min.85), Juan, Rubén (Emilio, min.70), Berti.
  • Goles: 0-1, min.47: Diego de penalti; 0-2, min.83: Juan tras unha xogada individiual; 0-3, min.88: Daviciño.
  • Expulsións: Pejo no penalti como último home; eIván por unha entrada por detrás.

Encontro vital o que enfrontaba ao 3º pola cola, en posición de descenso por mor da situación do Zas na 1ª, e un dos seguidores, o Buño. E os de Pablo Mallón acadaron unha vitoria vital que abre a diferencia entre ambos a 4 puntos. Pero o encontro non foi tan claro como indica o resultado. Non houbo tanat diferencia, nin moito menos, e o Buño aproveitou as expulsións de 2 xogadores locais para sentenciar.

Abriu de penalti o Buño e non sentenciou ata os últimos 5 minutos. Antes, e ata con 9, puido empatar o Porteño pero os balóns aéreos non foron cazados polos dianteiros locais. Tamén tivo o Buño algunha boa ocasión para sentenciar pero Asiel estivo fantástico. Pola Ponte, e recoñecido por Buño, protestan que o colexiado non soubo levar as rendas do encontro, e se ben non foi bo para ningún dos dous, o Porteño sufriu máis a súa actuación.

Ponteceso - Club do Mar (1-1)

  • Ponteceso: Norberto, Fabián (Charro, min.53), Carlos Mato, David, Dani Pallas, Pablo Vázquez, Alfredo (Puente, min.75), Mario, Luisete, Toniño (Tucho, min.57).
  • Club do Mar: Iván, Chori, Chechu, Luís Lareo, Fran, Juan Lareo, Repi, Manu (Brais, min.55), Corral, Jacobo, Alberto (Pablo Piñeiro, min.65).
  • Goles: 0-1, min.40: Luís Lareo á saída dun córner; 1-1, min.66: Luisete.

Partido clave na zona alta da Liga da Costa que rematou cun empate que pon algo máis de igualdade. O Club do Mar foi quen de parar a máquina de Berto, nun encontro soso con poucas ocasións emoito balón longo. De feito a primeira metade foi moi aburrida, cun penalti fallado por Luisete por bando local como única xogada destacable. Iso si, Luís Lareo, adiantaba aos caioneses ao borde do descanso, o que provocou que o Ponteceso saíse máis metido na segunda.

E foi máis intensa a segunda metade, con maior dominio local, con varias boas oportunidades. Carlos Mato tiña unha a saída dun córner e Luisete tamén puido marcar o segundo. Ademais solicitaban un penalti a Charro, que segundo o equipo visitante puido ser ata máis claro que o pitado, polo cal protestaron. Tamén indicaron por Caión, que o gol de Luisete foi en fóra de xogo.

Baio - Camariñas (0-3)

  • Baio: Felipe (Manuel, min.20), Matías, Ramón, Diego (Eloy, min.80), Pabliño, Mario, Martín, Fachal, Canai, MC (Fernando, min.70), Canario (Bieito, min.46).
  • Camariñas: Pombo, Maikel (Ogando, min.70), Josiño, Breo, Pesqui, De la Sierra (Javi, min.75), Moriño, Brais, David, Mané (Adrián, min.65), Juan oBello (Nico, min.75).
  • Goles: 0-1, min.11: David; 0-2, min.15: Mané; 0-3, min.43: Mané.

Moi superiores os de Manolín sobre un Baio con moitas baixas, con 5 xuvenís no 11. Solventaron os camariñáns en 15 minutos con David e Mané moi acertados. Respondeu Mané ás esixencias de Manolín, tras varios meses cumplindo a medio gas.

De la Sierra, Maikel e Juan oBello provcaron tarxetas para cumplir o partido de sancións esta semana en Carnota.

Por Baio, a única boa nova foi o debut de Matías, ademais de que os lesionados van recuperándose.

San Lorenzo - Muros (4-6)

  • San Lorenzo: Recarey, Puñal, Casillero (Anxo, min.80), Iván Rey, Fabián (Quillo, min.50), Cachizo, Álex, Jorge Pichel (Javi, min.70), Carliños (Fuentefría, min.60), Alexandre, Marcos Cancela.
  • Muros: Lupi, Chema, Gael, David, Mayuyo, Dani (Oscar, min.73), Manu Dosil (Seluco, min.63), Miguel (Gelo, min.75), Toni, Barito, Sexo (Martín, min.75).
  • Goles: 0-1, min.18: Toni; 1-1, min.38: Cachizo; 1-2, min.59: Toni; 1-3, min.69: Toni; 1-4, min.72: Sexo; 2-4, min.75: Alex; 3-4, min.79: Carliños; 4-4, min.81: Marcos Cancela; 4-5, min.88: Seluco de falta; 4-6, min.91: Toni.

Partido de tenis xogado no campo enlamado de Verdillo, que deu varias voltas para rematar coa vitoria . Comezaba o San Lorenzo bastante ben pero Toni xa enganchou unha volea que abriu o marcador. Empatou antes do descanso o San Lorenzo. A segunda metade comezaba co San Lorenzo indo a mais, pero 5 minutos tolos da defensa e do meta local permitiu ao Muros alonxarse con 3 tantos. Non deu por perdido o San Lorenzo e remontou noutros 5 minutos tolos. Pero o muros estaba en gracia e cada chegada remataba en gol, e dúas contras xa co tempo cumplido devolveron os 3 puntos aos muradáns. Así os de Felipe mantéñense 3º a 7 puntos do Camariñas e 10 do Ponteceso.

Malpica - Corme (6-1)

  • Malpica: Suso; Charly, Víctor, Iago, (Casais, min.60), Marco, (Gonzalo, min.62), Eloy, Marcos Amado, Neucha, David Blanco, Andrés, (Ismael, min.56), Manu Pardo, (Miguel Dourado, min.65).
  • Corme: Susiño (Javi, min.70), Adolfo, Pipo, Pandi, Martinciño, Alex, Lucas, Dani Conejo, Felipe (Chino, min.75), Alejo e Iago (Mauro, min.75).
  • Goles: 1-0, min.3: Neucha en xogada individual. 2-0, min.5, Neucha, a pase de David Blanco. 2-1, min.19: Lucas. 3-1, min.39: Neucha de cabeza a porta valeira. 4-1, min.50: David Blanco a pase de Manu Pardo. 5-1, min.52: Neucha transforma de penalti. 6-1, min.59: David Blanco a pase de Manu Pardo.

Acabou o Corme con 8 xuvenís no campo po que demostra o mal momento que vive o equipo de Suso da Torriña. Non mereceu o Corme perder por tantos goles así e todo. En 5 minutos xa marchaba con 2-0 o Malpica, e ao voltar do descanso sentenciaron os locais.

E por se en Corme non tiveran problemas, Suso da Torriña perde a para a semana que vén a Alejandro, Pandi e Iago, pola 5ª tarjeta. Ademais, Rafa Valiña segue de baixa con rotura de ligamento; Diego con menisco tocado pendente da resonancia, e Gonzalo cunha forte escordadura de nocello.

Esteirana – Sofán (2-2)

  • Esteirana: Benancio, José Varela (Adrián, min,65), Mingos (Cajulo, min.55), Dani Rama, Suizo (Uru, min.75), Andel (Maxi, min.55), Pepiño, Simón, Alex, Adelino, Roberto Pladur.
  • Sofán: Costa, Roberto Souto, Miniño, Juanjo, Alberto Pensado, Alemán, Mario Casal, Diego (Luisito, min.75), Adrián, David Pensado (Jacobo, min.70), Bertín (Pizo, min.60).
  • Goles: 0-1, min.20: Alemán; 0-2, min.33: Mario; 1-2, min.50: Pepiño dende fóra da área; 2-2, min.75: Adelino.

Primeira parte igualada no Carral no que o Sofán se adiantou aproveitando un par de regalos da defensa local. Reacciounou a Esteirana na segunda metade, e aos 5 minutos xa recurtaba por medio de Pepiño, que celebraba o seu cumple cun auténtico golazo. O Sofán meteuse atrás e o equipo visitante foi polo partido ata que Adelino acadaba o empate, que puido ser o máis xusto.

Fisterra - Dumbría B (2-3)

  • Fisterra: Joselu, Juan, Senra, Luisiño (Roberto, min.55), Piti, Rodri, Tati (Eddy, min.60), Roa, Martín (C. Hidalgo, min.75), Guardiola (Bruno,min.80), Manoliño.
  • Dumbría B: Anxo, Samuel (Ivanete, min.75), Sergio Cives, David Carreira, José Manuel, Jesús, Fernando (Pablo Casais, min.85), Ramiro (Tano, min.60), Tantán, Miguel Poyo, Pablo Muíño.
  • Goles: 1-0, min.20: Roa tras un erro da defensa local a pase de Manoliño; 2-0, min.47: Roa tras pase de Manoliño; 2-1, min.60: Pablo Muíño; 2-2, min.62: Miguel Poyo; 2-3, min.65: Pablo Muíño cun golazo.

Comezou o encontro con moito barullo e balón longo. O Fisterra buscaba aproveitar o vento a favor e se puxo por diante por medio de Roa. Comezaba a segunda metade co segundo do fisterrán e cando o encontro estaba controlado, o Dumbría B tivo 30 dos mellores minutos da temporada. e conseguíu unha vertixinosa remontada á contra en 5 minutos: Pablo Muíño coa súa impresionante fortaliza foi clave na remontada. A partir do 2-3, os de Ferrío contemporizaron ata o final do choque mantendo a vantaxe. Cómpre sinalar que o Fisterra queda nas mans de Nico e Roco como adestradores trala renuncia de Senra, que queda no equipo xuvenil.

O Pindo - Vimianzo (3-1)

  • O Pindo: Garrido, Cesar, Piquero (edu min 80), Pulpo, Mateo, Miguel de Lira (Borja min 30), Rafa (Rivas, min.40), Julián, Juan de Dios (Ángel, min.75), Fran (Diego, min.60) e Aitor.
  • Vimianzo: Sergio, Maikol, Amarelle, Iván de Treos, Riveiro (Damian, min.69), Martín, David Pose, Dieguito, Manacas, Pablo e Sergio Vilaseco.
  • Goles: 1-0, min.41: Rivas; 2-0, min.62: Aitor; 3-0, min.85: Rivas; 3-1, min.88: Pablo.
  • Lesión: Miguel de Lira.

Partido entre dous equipos necesitados de puntos e que quedaron na casa merecidamente. Na primeira metade o partido estivo igualado, nin un equipo nin o outro dominaba. Os visitantes tiraron un balón a madeira por medio de Amarelle, e os locais puideron adiantarse, pero Sergio fixo unha boa intervención para evitalo. A rentes do final o fisterrán Rivas adiantaba aos de Sil.

Tralo descanso os visitantes foronse rompendo por mor dun claro baixón físico co paso dos minutos, e os locais puideron golear a contra, pero non souberon definir ben no último pase. Os visitantes que ían con tan só 12 xogadores, ante a lesión de Riveiro, o meta Damian tivo que xogar diante. O equipo Vimiancés acabou desquiciado no campo e coas liñas rotas esperándolle un duro final de tempada.

A mala nova do partido, foi a lesión de Miguel de Lira, que tivo que abandonar o partido ca rotula lixeiramente desplazada, pero saiu por o seu propio pé. Rafa cun pinchazo no muslo, tamén saíu tocado.

Castriz – Carnota (2-1)

Comentarios