Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Xuvenil Sur: Non hai color

Xuvenil Sur: Non hai color
Continúa a Liga Xuvenil Sur sendo cousa de dous. Non hai color entre os dous líderes e o resto de equipos, que seguen pelear pola 3ª praza. Aí están Corcubión, Cee e Fisterra que terán ata o final unha boa loita pois hai tan so 2 puntos de diferencia entre os 3. E lembrade que esta Liga está patrocinada pola Discoteca Zona Zero, que este sábado terá as copas a 3,50€ e contará coa presencia de Dj Danny Romero, música fresca dende Las Palmas.

Dumbría - Fisterra (1-7)

  • Dumbría: Dito, Damián, Adrián Ozón, Samuel, Charli, Blanco, Israel, Rubén, Rafa, Coqui, Marco.
  • Fisterra: Crivi, Roberto, Manuel (Miguel), Jorge, Juan, Tati, Martín, Juanfran (David), Cristian (Adán), Bruno (Iski), Carlos (Fran).
  • Goles: Os goles do Fisterra chegaron de Bruno (3), Martín, Manuel, Tati e David. O gol dumbriés foi obra de Marco.
Chegaban os locais con 11 xustos, e ata porteiro de dianteiro, pero é que fase difícil ter tantos equipos en todas as categorías. Ao descanso o Fisterra xa gañaba por 2-0, e na segunda, con espacios os de Senra machacaron.

Mazaricos - Soneira (3-8)

  • Mazaricos: David, Sergio, Mipadre, Oreiro, Javier, Alberto (Dani, min.55), Ferreiro, Sandelo, Mario (José, min.70), Kevin, Molinos.
  • Soneira: Bonano, Vicente (Suso, min.50 (Rubén, min.65)), Alberto, Pichón, Marcos (Iván, min.70), Dani, Mayor, Cristian (Javi, min.55), Isma, Fer (Efra, min.75) e Basti.
  • Goles: 1-0, min.3: Sandelo; 1-1, min.10: Basti; 1-2, min.15: Mayor; 1-3, min.20: Fer; 1-4, min.28: Fer; 1-5, min.40: Oreiro, en propia porta; 1-6, min.58: Fer; 2-6, min.60: Kevin; 3-6, min.68: Kevin; 3-7, min.73: Dani; 3-8, min.80: Isma.
Complicóuselle o partido nada máis comezar ao equipo de Miguel, pronto os soneiráns acabaron goleando e chegan con forza a recta final de liga onde dentro de 15 días se xogaran toda a tempada no enfrontamento co Santa Comba que ben de reforzarse con dous bos xogadores do Negreira.

Corcubión - Cee (0-0)

  • Corcubión: Abe, Chema (Denís min.60), Sergio, Pablo, Marcos, David, Gabi, Iván (Kike min.51), Lema, Brais, Manu L. (Manu F. min.70 (Cristian min73))
  • Cee: Sergio, J. Ramón, Ismael Trinidad, Rubén, Iago, J. Antonio, Isma Lamela (Armando min.55), Diego , Uri, Sergio, Chiru (Javier Corbelle min.78)
  • Lesións: O xogador fisterrán do Corcubión Manu que tivo que retirarse aos 3 minutos de entrar.
  • Expulsións: Brais no minuto 30 por dobre amoestación, a primeira por encararse co público e a segunda por protestar.
Emocionante derbi o disputado na vila de San Marcos. Enfrontábanse o terceiro e o cuarto clasificado nun encontro con bastante presenza de público das dúas vilas. Foi un derbi de mais duro que de bo xogo que quentou tanto á grada como aos xogadores. A primeira metade comezou co Cee incomodando á defensa local con continuos ataques contra a portería que defendían , nun córner, o Cee estivo a piques de adiantarse tras un cabezazo ao pau. O partido xa estaba quente entre os xogadores ao tratarse dun duelo entre dúas vilas colindantes, pero a grada aínda quentaba máis se podía ser posible aos xogadores, a isto ven a expulsión do local Brais por encararse co público no minuto 30. A todo isto o Corcubión dispuxo de algunha oportunidade de inquietar ao meta da vila da Xunqueira. Na segunda metade, as cousas seguiron iguais, ambos equipos dispuxeron de boas ocasións, sen ben máis claras as do Cee que as do Corcubión. Abelleira salvou en varias ocasións ao seu equipo local demostrando a calidade que ten. Ao final 0-0 que deixan as cousas iguais o Cee segue a 1 punto do Corcubión pero agora o Fisterra está a 2.

Outes - Muros (2-2)

  • Outes: Yona, Oscar, Piti, Juan, Chía, Pablo (Rubén, min.68), David (alfonso, min.46), Sergio, Edu (Pesi, min.63), Piki, Alex (Beckam, min.75).
  • Muros: Iago, Pedriño (Santi Culo, min.75), Bolo, Berni, Álvaro de Pura (Iván, min.65), Javi de Pelos, Cucurro (Elías, min.55), Jesus, Oscar, Geico e Gabri el Guapo.
  • Goles: 1-0, min.5: Piki; 1-1, min.37: Geiko; 2-1, min.69: Alex; 2-2, min.95: Geiko cun golazo por toda a escuadra.
Partido igualado no que o Muros conseguiu o empate no desconto. Os muradáns non estiveron finos atrás e os de Manu Roque e Tomé aproveitaron para adiantarse pronto por medio de Piki, que foi o mellor do partido. Non se amilanou o equipo de Bibi e as alternativas eran constantes. Empatou Geiko antes do descanso. Na segunda tivo o mesmo guión, pero por Outes protestaron a actidude vacilante do colexiado, e denuncian que ata lles respondía cousas como "Pero non ves que canto máis protestedes máis vos von joder?". Co gol de Alex o encontro parecía que ía quedar do lado local, pero Geiko anotou o golazo da tarde xa coon 5 minutos sobre os 90 regulamentarios ao lanzar un zambombazo dende fóra da área que se colaba pola escuadra de Yona sen que este puidese facer nada.

Santa Comba - Esteirana (8-1)

  • Santa Comba: Pablo, Martín, Josito, Pombo, David, Pinki, Marquiños (Dani, min.46), Anxo, Iván, Cristian, Toñito (Marcos, min.75).
  • Esteirana:
  • Goles: Polo Santa Comba: Marquiños (2), Iván (2), Dani (2), Cristian, Toñito. Pola Esteirana:

Outra liga a que xoga este Santa Comba. E máis trala fichaxe de 2 novos xogadores, que volven tras probar na equipo de Liga Galega co Negreira. David Agra e Cristian, ambos naturais de Santa Comba e formados na canteira xalleira, xa están ás ordes de Torreira e Manolo, e Cristian xa debutou esta fin de semana.

O encontro tivo pouca historia. A primeira metade xa acabou 6-1, e iso que conseguiu empatou a Esteirana o gol inicial dos locais. Acabaron os xalleiros gustáronse demasiado.

Patrocina esta Liga

Máis información

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios