Nova xornada completa de #fútboldacosta nesta fin de semana de 11 e 12 de febreiro de 2012. Ademais da competida Liga de Fútbol Sala de Cee, repasamos o acontecido esta xornada.
E comezamos por arriba, onde había un triple choque contra equipos da Mariña, todos en posicións baixas. Derrota sumou o Xallas en Viveiro, mentres que o Soneira acadaba un empate contra o potente Narón (2º) tras unha boa primeira metade pero cun segundo tempo no que quedaban con 9. As boas novas chegaron a Santa Comba, que colleita a primeira vitoria do ano. E boas novas en Dumbría que trouxeron os 3 puntos do campo do pechacancelas.
Na 1ª, parece que o Cee afunde defintivamente trala súa derrota na casa ante o Carral, e xa son 9 puntos os que os distancian da salvación. Pola súa banda o Ponteceso de Marco segue avanzando e xa está na metade superior da táboa tras vencer ao Eume con comodidade.
A xornada da Liga da Costa estaba marcada polo encontro case que do ano, entre os colíderes Club do Mar e Camariñas en Paiosaco. Pero quedou nun empate que deixa todo como está. Ou se cadra non tanto, trala dimisión a finais da semana pasada de Manolín á fronte do Camariñas. Un Camariñas que queda agora nas mans de Pepucho, e que sumaba un punto tras unha moi boa segunda metade. Polo detrás, o Fisterra non fallaba co Pindo, e no vagón de perseguidores, o Malpica continúa coa súa tremenda racha (11 xornadas sen perder e 9 vitorias seguidas) e superou a todo un Baio, que tamén viña como unha moto. O Sofán tamén parou a marcha do Corme no Cairo. Por abaixo, o Buño colleitou unha vitoria moi importante en Verdillo que lle permite descansar unha semana máis, deixando aos de Trucho e Puñal na mesma complicada tesitura. Iso si, a derrota do Nantón en Zas mantén aos cabaneses en postos de descenso. Curiosa foi a disxuntiva a que se tivo que enfrontar o Nantón, con 3 porteiros sobre o céspede de San Andrés tras varias lesións...
Na 3ª, continúa a loita tremenda na zona de arriba, na que o Carnota supera ao Cabana no liderato. Os de Cambeiro superaron o complicado escollo do Coristanco e aproveitaron o tropezo do Cabana en Xaviña (parece que non lle sentou ben o parón da semana pasada aos cabaneses). O trío de cabeza o completa o Outes, empatado co Cabana e a tan só 1 punto do líder. Os de Manu Roque e Tomé venceron en Carballo cunha gran imaxe. Por detras, parece que os Cerqueda, Volantes e Porteño se unen ao segundo vagón, que ocupan por pleno dereito, o propio Coristanco, e o Montelouro.
En xuvenís a Liguilla previa á Fase de Ascenso segue intensa. Dumbría B e Baio suman partidos por vitorias, pero a igualdade parece clara. O Malpica, campión norte, non podía co Santa Comba, e o Cee, campión do Sur, sufría para superar ao Camariñas.
Preferente, xornada 23
Soneira
1-1
Narón
Santa Comba
2-1
Xove Lago
Viveiro
2-1
Xallas
Foz
0-1
Dumbría
1ª Autonómica, xornada 22
Ponteceso
2-0
Eume
Cee
1-3
Carral
2ª Autonómica, xornada 22
Fisterra
8-0
O Pindo
Esteirana
4-2
Corcubión
Club do Mar
1-1
Camariñas
Malpica
2-1
Baio
Dumbría B
1-1
Castriz
Muros
4-2
Mazaricos
San Lorenzo
0-1
Buño
Corme
0-2
Sofán
Zas
2-0
Nantón
3ª Autonómica, xornada 26
Lira
1-1
Atl. Pereiriña
Camelle
2-2
Volantes
Laxe
1-0
Muxía
Indep. Carballo
1-3
Outes
Soneira B
3-0
Corcoesto
Carnota
3-1
Coristanco
Fisterra B
0-4
Montelouro
Cerqueda
3-0
Porteño
Xaviña
0-0
Cabana
Liga Nacional Xuvenil, xornada 21
Bergantiños
3-0
Arosa
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 2