Xoves. 28.03.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Derrota triple

1ª Autonómica: Derrota triple
Efectivamente, só dous equipos temos na 1ª pero esta fin de semana colleitaron ata 3 derrotas. Unha por parte do Ponteceso, que non podía co forte Olímpico, un dos mellores equipos da categoría; e dúas por parte do Cee, que segue sen levantar cabeza. Os de Llanero caían o sábado nos 11 minutos que restaban do encontro ante o Villestro, co 0-1 no marcador, e non os ceenses tiveron que xogar con Julito como porteiro. Ademais, onte volvían de baleiro de Vizoño nun novo partido bo pero sen premio. Ademais, as malas novas multiplícanse en os ceenses coñecían onte que un ex-xogador e afeccionado, Javi "Marroco" sufría un accidente nas obras do AVE, ao que desexan, e desexamos, unha pronta recuperación.

Ponteceso - Olímpico (1-4)

  • PONTECESO: Norberto (Xurxo, min.82), Rubén (Adrián Porteiro, min.75), Fabián, Dani Pallas, Ramón, Pablo Vázquez, Mendieta (Zalo, min.65), Tucho, Josito (Alex, min.70), Luisete e Urbieta (Bolon, min.12)
  • Goles: 1-0, min.20: Luisete a pase de Josito; 1-1, min.32: a saque de esquina; 1-2, min.44; 1-3, min.65; 1-4, min.85: de penalti.
Demasiado Olímpico para este Ponteceso. E iso que os de Marco fixeron unha gran primeira metade, chegando a poñese por diante por medio de Luisete tras un bo pase de Josito. O cadro local controlaba o partido e combinaba ben, sen demasiada profundidade. Pero pouco a pouco o Olímpico retomaba o control do partido demostrando por que é, a xuizo do adestrador pontecesán, o mellor equipo da categoría. Iso si, foi a balón parado como deu a volta o equipo coruñés cun Diego Filloi facendo de tanque e asinando un hat trick. A xogada clave chegaba no min.65, cando co 1-2 no marcador, o Ponteceso pedía penalti nunha xogada con Josito como protagonista que o colexiado non vía punible. E á volta da mesma, e tras unha nova falta sobre Fabián, o Olímpico asinaba o 1-3 que sentenciaba o choque.

Vizoño - Cee (3-1)

  • CEE: Parroto, Ruben (Carlos, min.15) (Iván, min.90), Jorge (Uri, min.81), Luís, Rafa, Fermín, Fer, Nico, Tasky, Piquero e Victor.
  • Goles: 1-0, min.15; 1-1, min.40: Tasky; 2-1, min.55: Marcos; 3-1, min.91.
  • Expulsión: Parroto con vermella directa no min.90.
  • Lesións: Rubén Fiuza cunha rotura de fibras.
A primeira parte non tivo un dominador claro e estivo marcada pola lesion de Rubén Fiuza, que trastocou o plans de Llanero. O Vizoño adiantábase cun tiro desde 25 metros que o vento axudou a que entrase. Pero antes do gol avisaba Víctor cun tiro desde a frontal que saía por encima da portería local. A ocasión máis clara para o Vizoño foi nunha saída de Parroto que o dianteiro local cruzaba demasiado e saía desviada. Tasky empataría o partido tras unha boa xogada de Víctor que cedía para que marcase o punta ceense. Na segunda, máis do mesmo: o Vizoño volvíase poñer por diante cunha falta que pega no pau e o rebote pega nas costas de Parroto e entra. A mala sorte volvía cebarse cos ceenses. O Cee volcouse a polo empate con tiros de Víctor, e un moi bo de Fernando que o porteiro non chegaba a chapar pero que ninguén acertaba no rexeite. Xa co partido acabado unha man de Parroto fóra da área custáballe a expulsión e no saque da falta marcarían o definitivo 3-1.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios