Preferente: Dous cara arriba e dous cara abaixo

08:15 06/02/12
Diferentes as liñas dos equipos costeiros na Preferente logo desta xornada 22. Se ben o Soneira e o Xallas seguen nunha liña ascendente, Santa Comba e Dumbría levan varias xornadas complicándose a vida.
Máis grave é a situación do Santa Comba, que pasou de ser aquel Barça galego aló por novembro ao sen confianza que é a día de hoxe. Onte non podía co Ribadeo, ou máis ben co seu terreo de xogo, que se parecía máis a unha leira de patacas que a un pasto de vacas, algo contra o que os de Gelucho non puideron loitar.
Polo demais, o Soneira sacaba un puntiño do complicado campo de Laracha que lle sae caro en forma de lesións; o Xallas vencía con claridade ao pechacancelas cunha gran segunda metade; e o Dumbría caía ante o Chantada nunha segunda metade chea de despropósitos.
Ribadeo - Santa Comba (3-1)

- SANTA COMBA: Diego, Agustín (Óscar, min.68), Roberto, Angelo, Gonzalo, Jota (Chinda, min,66), Doro, Toni, Noli (David, min.80), Julián e Baña.
- Goles: 1-0, min.15: tras un control de Roberto que esvarou e deixou morto para o dianteiro; 1-1, min.55: Pablo Baña de cabeza a centro de Julián; 2-1, min.65. 3-1, min.75.

Laracha - Soneira (2-2)
- SONEIRA: Fran (Pose, min.46), Ferreiro, Mayor, Martín, Vecino, Santi, Iago (Richi, min.89), Míchel, Javi (Mauro, min.60), Víctor García e Vía Rápida (Marcos Curra, min.80).
- Goles: 0-1, min.1: Vía Rápida; 0-2, min.30: Javi; 1-2, min.55; 2-2, min.75.
- Lesións: Fran no xeonllo, e Víctor García no xeonllo, Javi e Vecino acabaron coxeando.
Xallas- Foz (3-0)
- XALLAS: David, Ismael, Álvaro, Becerra, Brais, Ricardo (Elvis, min.82), Rubén, Adrián Prol (Toni, min.46), Adrián Beiroa e Luís.
- Goles: 1-0, min.57: Adrián Beiroa; 2-0, min.80: Toni; 3-0, min.84: Elvis.
- Lesión: Prol con problemas no xeonllo.
Dumbría - Chantada (1-3)
- DUMBRÍA: Juan Purrúa, Tantán, Iván Pequeño (Isma, min.46), Suso, Aarón Fdez., Aarón López (Sergio, min.80), Adrián Mackaay (Schuster, min.46), Piri, Iago, Eloy (Toni, min.60) e Luisito (Cacho, min.70).
- Goles: 0-1, min.30; 0-2, min.80: de penalti; 0-3, min.82; 1-3, min.89: Iago de penalti.
- Expulsión: o meta Juan Purrúa, min.80.
- Lesión: Adrián Mackaay con problemas nas costas.
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
- A SCD Malpica chega á Univesidade.
- Alberto Pose: Unha de formación dos formadores do fútbol da Costa.
- Aberta a convocatoria de axudas para os clubes e agrupacións deportivas.
- Vídeo entrevista, e algo máis, ao xogador do Cerqueda Nión.
- A Bitacora da Semana: O blog da Camelle.
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).