Sábado. 04.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Fin de semana sen sorpresas pero con sobresaltos

3ª Autonómica: Fin de semana sen sorpresas pero con sobresaltos
Non houbo sorpresas pero si algún sobresalto que outro esta fin de semana na 3ª da Costa. O líder descansou e os seus perseguidores aproveitaron para recortar distancias, máis psicoloxicamente que realmente. O único resultado chamativo é o empate do Coristanco ante o Lira, e puido ser peor, pois este acadaron en tempo de desconto, a peor parte foi para o míster do Lira, Ancho, que tivo que ir para o hospital co tabique nasal roto. Foi unha xornada de infortunios, os xuvenil do Soneira B, Pichón, tamén tivo que ser retirado do campo en ambulancia cunha luxación de ombro.

Volantes – Carnota (3-4)

  • VOLANTES: Iago, Fran (Pardelo, min.93), Paqui (Javi, min.75), David, Josiño, Brais, Nimo, Ramón (Maikel, min.58), Seluco, Piti e Ivi (Juan, min.50).
  • CARNOTA: Peipo, Tono da Caixa, Pedro, David de Brea, Manuel Luís (Manoliño, min.75), Rodrigo (Manolo Chouza, min.80), Andrés (David Castreje, min.75), Jacobo (Gabriel, min.68), Borja Santos, Joselu e Casti.
  • Goles: 1-0, min.15: Ivi; 1-1, min.25: Casti; 1-2, min.35: Borja Santos; 2-2, min.45: Piti; 3-2, min.60: Seluco; 3-3, min.80: Manoliño; 3-4, min.92: Casti.
Gran afluencia de xente se deu cita en Miraflores para ver un dos mellores máis interesantes que se pode ver na Terceira, e ao final non defraudaron os xogadores e brindaron emoción ata o final. Ivi marcou o primeiro para o delirio das gradas, ao recibir un pase da morte de Seluco. Casti ao definir un man a man e logo Borja Santos ao rematar unha bonita xogada de equipo, déronlle a volta ao marcador. Pito xusto antes do descanso poñía as táboas no marcador e Seluco na segunda metade adiantaba aos de Volantes que comezaban a crer na vitoria. A dinamita do Carnota viuse nos minutos finais, xogando moi directo, primeiro Manoliño e logo Casti demostraron as súas dotes goleadoras para darlle os tres puntos ao equipo de Cambeiro que se mantén segundo a un punto do líder agora, pero este cun partido menos.

Xaviña - Muxía (1-3)

  • XAVIÑA: Pablo, Marcos (Alberto, min.46), Sergio, Juan Antonio, Juan, Carlos (Brión, min.60), Adrián, Elvis, Ángel, Búa (Rubén, min.55) e Yuyo.
  • MUXÍA: José Antonio, Carrera, Currás, Sergio, Martín, Juan, Claudio, Raúl (Felipe, min.80), Ramón (Alberto, min.70), Pesqui e Arxires (Ángel Luis, min.73)
  • Goles: 0-1, min.19: Pesqui; 1-1, min.40: Búa; 1-2, min.80: Sergio; 1-3, min.88: Felipe.
Levou a vitoria na recta final o Muxía ante un Xaviña que acabou con dez homes por unha lesión de xeonllo de Ángel, cando xa realizaran todos os cambios. Juan viu cómo lle anulaban o que podería ser o 2-1. Sergio, cun gran disparo, fixo o 1-2.

Atl. Pereiriña - Laxe (1-7)

  • ATL. PEREIRIÑA: Simón, Morcillo, Álvaro Fiuza, Javichu, Grille (Javi, min.46), Adán, Álex, Poky, Víctor, Rafa e Jorge (Néstor, min.46)
  • LAXE: Diego, Manuel Suárez, Aarón, Naya (Adrián, min.55), Ventura, Jacinto (Rellán, min.30), Darío, Borja, Samuel, Iván e Zúrich
  • Goles: 0-1, min.17: Samuel; 0-2, min.30: Zúrich; 0-3, min.35: Iván; 0-4, min.37: Zúrich; 0-5, min.50: Samuel; 0-6, min.80: Zúrich; 0-7, min.81: Zúrich; 1-7, min.87: Rafa.
Un xogo bonito e combinativo deulle a vitoria ao Laxe sobre un Atlético Pereiriña que en ningún momento tivo opción de sacar algo positivo do encontro. Os visitantes xa se foron con catro dianas de vantaxe ao intermedio e seguiron atacando.

Coristanco - Lira (3-3)

  • CORISTANCO: Gonzalo, Iván, Luís, Oscar (Mallón, min.70), Germán, Marcos, Adrián (Pazos, min.46), Sergio (Arantón, min.55), Benitez (Castro, min.60), Magobi e Toniño.
  • LIRA: Santi, Jose, Fran (Oscar, min.65), Pelexo, Miche, Yerai, Suso Perico, Chindo, Gabri, Suso Patachín e Ancho (Craig, min.85).
  • Goles: 1-0, min.30: Toniño, de penalti; 1-1, min.32: Fran; 1-2, min.45: Suso Patachín; 1-3, min.70: Gabri; 2-3, min.80: Toniño; 3-3, min.92: Germán.
  • Lesións: O míster e dianteiro liracho, Ancho, cunha rotura do tabique nasal, tivo que ser desprazado en ambulancia ao ambulatorio de San Rafael na Coruña.
Deixou escapar o Lira o triunfo no tempo do desconto, nun partido moi entretido, xogado de ti a ti e con moitas ocasións de gol. Non se viron, no terreo de xogo, as diferenzas que mostra a clasificación entre os dous contendentes. Aos 25 minutos os visitantes puideron adiantarse no marcador co lanzamento dunha pena máxima, pero Suso Patachín estrelou o balón na cruceta. Pouco despois quen non marraría dende os 11 metros sería o dianteiro local Toniño, nunha falta feita sobre el. Pouco lle durou a alegría a bancada local, pois Fran igualaba de cabeza tras un córner. Os visitantes estaban cómodos sobre o campo e dominaban a un Coristanco que fiel ao seu xogo saía con balóns longos que creaban dúbidas na defensa liracha, así Toniño e Magobi tiveron sendas ocasións, nas que o balón se foi a rentes do pau. Xusto antes do descanso, Gabri convertería o 1-2 cun tiro raso dende a frontal. Na segunda metade os locais co marcador adverso tiveron que asumir máis riscos e foron subindo liñas, desto aproveitouse o Lira para poñer o terceiro por medio de Suso Patachin . A partires de aí os locais con mais folgos que os visitantes, empurraron mais e puxeron en claros apretos ao Lira con dous tiros ao pau de Marcos e Luís e dúas boas ocasións de Pazos e Toniño pero non foron capaces de concretar ese perigo en tiros a porta. Toniño cunha fermosa xogada individual conseguía reducir distancias a dez minutos para o final. Pouco despois chegou a xogada desafortunada, na que un choque fortuito, acabou con Ancho no chan co tabique nasal roto. Dado que se mareaba tivo que vir a ambulancia para sacalo do campo e trasladalo a Coruña. Foron minutos de desconcerto para os de Lira do cal se aproveitaron os da casa para igualar, nun córner, por medio de Germán ao cazar un rexeite na área.

Montelouro - Camelle (2-1)

  • MONTELOURO: Isma, Bolo, García, Teo, Pablo, Ferando, Dani, Denís (Edu, min.70), Chema (Alvaro, min.90), Raúl (Pesco, min.57) e Jaro (Jose, min.80)
  • CAMELLE: Carlos de Dido, Adrián, Diego (Juanjo, min.65), Manuel, Mauri, Varu, René, Sergio, Tedín (Alvaro Pantera, min.75), Alberto (Cristian, min.50) e Mario.
  • Goles: 0-1, min.5: Adrián; 1-1, min.40: Jaro; 2-1, min.53: Denís.
  • Lesións: Os locais Jaro e Chema con roturas fibrilares.
Mal partido o visto en Louro, no que os locais se levaron os tres puntos que lle permiten seguir na loita polo ascenso, ante un rival que non apretou moito, pero que lle creou incerteza no resultado nos minutos finais. Adrián cun centro chut abriu o marcador, empataría para os locais Jaro ao bater por raso ao porteiro, os de Camelle protestaron que se levara o balón coa man no control do balón. O gol da vitoria faríao Denís ao recibir un balón as costas da defensa foise do porteiro cunha vaselina e logo marcou a porta valeira.

Corcoesto – Fisterra B (1-1)

  • CORCOESTO: Siro, Lista, Edelmiro, Germán, Rodri, Uro, Longo, Martín, Couto (Xabi, min.70), Javi e Luís.
  • FISTERRA B: David Perlón, Didier, Pablo, Cote, Juanjete, Eddy, Gabi (Noé, min.46 (Manu min.73), Pablo, Rubia, Insua e Jose Da Anchoa.
  • Goles: 1-0, min.15: Luís; 1-1, min.80: Insua.
  • Expulsións Tras unha tangana (min.55) foron expulsados, con cartón vermello directo, os locais Longo e Luís e o visitante Jorge.
Segue o filial fisterrán sen gañar nesta segunda volta e non o puido conseguir na tarde de onte en Corcoesto, tan só puido sacar un empate nos minutos finais. No primeiro tempo, Luís aproveitou un erro do meta David, que non mediu ben unha cesión dun compañeiro e Luís atento rouboulle o balón para marcar o primeiro. O filial, antes do descanso enviou tres balóns ao pau e gozou de innumerables ocasións que puideron valer a remontada. O segundo acto estivo marcada por unha tangana comezada por unha disputa entre Longo e visitante Jorge, o colexiado ameazou con suspender o encontro e acabou expulsado a estes dous e ao local Luís. O Fisterra B volcouse de novo ao ataque e Insua marcou tras unha boa xogada colectiva firmando un empate que deixa con mal sabor de boca aos fisterráns.

Outes - Soneira B (8-0)

  • OUTES: Gato, Saúl, Martín, Chúa, Arturo (Alvaro, min.74), David, Lass, Quin (Fabio, min.46), Deivi, Potro (Damian, min.59) e Fernando (Pesco, min.57).
  • SONEIRA B: Juan, Damian, Roi (Suso, min.55), Héctor, Marquitos (Cristian de Carantoña, min.46), Pichón, Quilmes, Chans, Capote, Cristian de Cereixo (Toja, min.60) e Vicente.
  • Goles: 1-0, min.5: Deivi; 2-0, min.41: Fernando; 3-0, min.43: Fernando; 4-0, min.47: Fabio; 5-0, min.60: Fabio; 6-0, min.75: Damián; 7-0, min.83: David; 8-0, min.84: Deivi.
  • Expulsión: O visitante Capote (min.35) por dobre cartón amarelo.
  • Lesión: O xuvenil Pichón (min.70), cunha luxación de ombro. Foi desprazado en ambulancia á clínica santiaguesa, a Rosaleda.
Partido sen moita historia, o filial tan só ofreceu resistencia nos primeiros minutos, pero coa expulsión e coa posterior lesión baixaron os brazos e acabaron goleados. O míster visitante Mayco non ten máis que palabras de agradecemento cara a directiva do Outes polo bo trato durante todo o partido e especialmente coa xestión da evacuación do campo do lesionado Pichón.

Porteño - Independiente (4-2)

  • PORTEÑO: Asiel, Pejo, Piti, Maikol, Oscar, Brais (Gabi, min.75), Cousillas, Asier (Ismael, min.65), Iago da Ponte (Rubén, min.80), Jorgito e Wi (Pablo Santacristiña, min.75).
  • INDEPENDIENTE: Upi, Jorge, Dani, Carlos, Brian, Rubén (Scot, min.75), Gustavo (Efren, min.55), Cholo e Roberto, Ivi (Rafa, min.65) e Yuni.
  • Goles: 1-0, min.3: Cousillas; 1-1, min.10: Ivi; 2-1, min.25: Wi; 3-1, min.35: Jorge; 3-2, min.85: Roberto Sande; 4-2, min.89: Pablo Santacristiña.
Suma xa o Porteño oito partidos sen perder, pero tres empates contra rivais que non están pola loita polo ascenso fan que non se dea enganchado a loita polos cinco primeiros postos. Na tarde noite de onte gañáronlle ao Independiente nun partido igualado no que a maior pegada dos de Gerpe foi clave. Cousillas cun disparo dende o borde área abría o marcador cando tan só ían 3 minutos. Non tardou a reacción visitante e Ivi remataba de cabeza un centro de Yuni para poñer a igualada. Wi cunha fermosa xogada persoal facía o 2-1, os de Carballo reclamaron que se axudara da man para conducir o balón. Jorge facía o terceiro antes do descanso cun tiro dende a frontal. Xa na reta final do encontro, Roberto Sande recurtaba distancias tras unha xogada persoal, pero sen deixar marxe a reacción, Pablo finiquitaba o encontro a un minuto para o final.

Alcaián - Cerqueda (1-3)

  • ALCAIÁN: Portillo, Andres, Souto (Nahuel, min.55), Dani, Pombo, Pio, Tote, Victor, Roberto, David (Víctor Pazos, min.70) e Luis
  • CERQUEDA: Fredi, Jorge, Javi pazos, Dani, Rober, Santi, Lorenzo, Dieguito (Juanjo, min.48), Dani Añón (Cota, min.61), Alex e You (Bastón, min.51)
  • Goles: 0-1, min.5: Javi Pazos; 0-2, min.42: Alex; 1-2, min.87: Pío; 1-3, min.90: Álex.
Partido igualado que foi comandado polos visitantes grazas ao seu acerto goleador e que lle permitiu xogar con máis tranquilidade. Javi Pazos marcaba o primeiro de cabeza cun remate no primeiro pau tras unha falta lateral. Antes do descanso o pichichi Alex poñía o segundo para os de Rochi tras unha xogada persoal na que se desfai dun defensa e do porteiro para marcar a porta valeira. Nos minutos finais Pio recurtou distancias, pero pouco despois, de novo Alex, poñía a sentencia sen tempo para máis ao bater por raso ao porteiro no man a man. A boa nova para os visitantes foi a reaparición duns dos seus homes estandartes como é Dieguito, 14 xornadas despois o habilidoso zurdo volveu a xogar tras unha lesión.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios