Venres. 29.03.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O grupo de perseguidores ameanzan o triunvirato

2ª Autonómica: O grupo de perseguidores ameanzan o triunvirato
Malpica, Baio e Corme entran de cheo na loita, como mínimo, pola 3ª praza, tralas derrotas esta fin de semana dos Club do Mar, Camariñas e Fisterra. I é que chegan con moita forza o 3 perseguidores, mentres que os primeiros amosaron as súas franquezas. Foi o Baio o que demostrou maior progresión baixando ao Club do Mar ao mundo dos mortais tras 10 xornadas consecutivas gañando. O Malpica é agora o equipo máis potente con 8 vitorias seguidas e 10 sen perder, pero onte sufría para superar ao pechacancelas en Lombáns. O que sorprendeu foi o descarado Corme, que non teme a ninguén e así o demostraba no Hermanas Patiño sendo superior a todo un Camariñas. Por abaixo a cousa segue apretándose. As vitorias de San Lorenzo e Mazaricos deixa a 5 equipos en 3 puntos, se ben Buño e Corcubión non se poden despistar o máis mínimo. Así, ademais dos de Verdillo e os do Pino do Val, Zas, Castriz e Nantón terán que loitar por evitar o descenso.

Camariñas - Corme (1-2)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Manuel, Paco, Maikel, Carlos, De la Sierra, Moriño, Brais, Javi (Nené, min.80), David (Adrián, min.75) e Juan oBello.
  • CORME: Susiño, Adolfo, Alejandro, Jesús, Pandi, Abel (Dani, min.65), Martín, Adri (Toniño, min.87), Iago, Lucas e Diego (Chino, min.72).
  • Goles: 0-1, min.8: Lucas tras un pase atrás de Iago; 1-1, min.14: Javi de cabeza; 1-2, min.30: Iago de penalti.
  • Expulsións: O camariñán Manuel min.90.
Merecida vitoria dos cormeláns, que non temen a ninguén e así o demostran partido a partido. De feito, no primeiro tempo se levaran un par de tantos máis non pasaría nada, porque saíron moi ben os novos azulóns, con boas triangulacións e entrando por banda con claridade, con Iago e Adrián Doldán impresionantes e tremendamente rápidos. O Camariñas, que tiña serias baixas como as de Leo por acumulación, e que levaba unha semana tamén con malos adestramentos, intentaba remontar no segundo tempo, aproveitando o baixón físico dos cormeláns, que chegaban case sen cambios. O Camariñas dominaba pechando atrás aos cormeláns, pero non tivo Suso que facer paradas de mérito. Ao final quedou con 9 o Camariñas máis por desesperación que por outros motivos, pero dúas accións de cabaleiros dos locais fixeron que o Corme quitara o sombreiro. O propio Suso da Torriña, apuntábanos eses dous detalle: Un protagonizado por Pombo tras facerlle o penalti a Iago, amosando unha inusual atención ante unha posible lesión do cormelán que ao final non foi nada. E outra protagonizada polo ex do Porteño e do Soneira Manuel, que trala súa expulsión por unha entrada sobre Iago, o camariñan pedía perdón marchando ao vestiario, dando exemplos de boas prácticas que xa non se destilan tanto no fútbol costeiro.

Baio - Club do Mar (2-0)

  • BAIO: Manuel, Matías, Iván, Ramón, José Antonio, Eloy, Mario, Martín (Alberto, min.57), MC (Rubio, min.75), Javi Suárez e Canai (Fachal, min.65).
  • CLUB DO MAR: Iago, David (Chori, min.60), Repi, Alex, Fran, Juan Lareo, Jacobo, Jhoni, Bertín, Vituco e Santi Silva (Brais, min.46).
  • Goles: 1-0, min.1: Canai; 2-0, min.12: Canai cun golazo de punteira por riba do porteiro tras unha combinación de Martín e Javi Suárez.
  • Expulsión: Alex no min.80.
Gran partido do Baio, que saíu a por todas, presionando arriba con todo, sorprendendo aos caioneses e marcando 2 goles nos 12 primeiros minutos. Non puido o cadro caionés coa avalancha chea de agresividade dos locais, que soubo matar e logo controlar o partido. Na segunda metade o Club do Mar levou o peso do balón, pero en fronte o Baio amosábase moi seguro atrás e ata saíndo á contra. Só un par de ocasións de Bertín e Brais inquedaron a Manuel pero que non acertaron a recurtar e o Baio acadou unha importante e merecida vitoria.

Corcubión - Fisterra (1-0)

  • CORCUBIÓN: Cristian, Conguito, Manín, Senra, José da Atalaya, Papi, Lourido, Alán (Balucho, min.80), Edu, Miguelón (Paulo, min.68) e Mario (Camacho, min.60).
  • FISTERRA: Joselu, Pana, Gustavo, Nico, Manuel Cartamil (Piti, min.62), Eddy, Guardiola (Marco do Cabo, min.75), Roa (Rivas, min.66), Roco, Tata (Mané, min.76) e Dudo.
  • Gol: 1-0, min.89: Pana en propia meta.
  • Expulsións: os corcubioneses Papi no min.75 e Paulo no min.80.
Partido apretadísimo e intenso o vivido no Novo Cubaleiro ante máis de 300 persoas, i é que o derbi entre veciños sempre é moi seguido pois moitos son os fisterráns nas filas corcubionesas de hoxe e de onte. O encontro seguíu o guión predeterminado, cun Fisterra controlando o balón e un Corcubión ben prantado atrás buscando perigosas contras. E a este Fisterra de calidade non lle veñen nada ben os equipos armados dende atrás, e así tropezou unha vez máis ante a loita e o traballo defensivo do Corcubión de Manín. O Fisterra avisou durante moitos minutos pero nin Mané, que mandou ao pao, nin Dudo aproveitaron as súas ocasións. Foi, cando o Corcubión estaba con 9 sobre o campo, pero demostrando unha entrega exemplar, que o fisterrán Pana, xa no desconto, marcaba en propia meta, deixando 3 puntos vitais para os locais, que seguen alonxándose dos problemas.

Buño - Sofán (0-1)

  • BUÑO: Toni, Ángel (Brais, min.70), Diegón, Alfredo, Óscar (Rouco, min.60), Jorge Calvete, Ismael, Dourado, Miguel, Juan e Víctor.
  • SOFAN: Luis de la Peña, Adrián, Diego (Gustavo, min.90), Eloy, Miniño, Pensado, Edu (Berti, min.65), Suso Docampo, Alemán (Juan, min.55), David Pensado (Gurita, min.85) e Abel.
  • Gol: 0-1, min.60: Suso Docampo.
Se cadra demaisado premio o levado pola SD do campo de Xaviña, ante un Buño loitador pero sen acerto. Os visitantes aproveitaron un tanto de Suso Docampo á hora de xogo para quedar cos tres puntos. Se ben o Sofán levou o peso, as contras dos Víctor, Juan e Dourado eran moi perigosas e o meta Luís De la Peña tivo que esforzarse en varias ocasións. Foi se cadra máis abafante a presión local nos últimos 20 minutos pero os carballeses tiraron de oficio para manter a porta a cero e seguir escadando posicións.

O Pindo - Malpica (0-1)

  • O PINDO: Garrido, Vilela, Juan de Dios, Diego León, Diego Trillo, Manolito, Lolo, Carlos Leis, Hipolito, Eloy (Bicho, min.58) e Diego Riolo.
  • MALPICA: Suso; Charly, Víctor, Iago, Marco, Rancaño, Neucha, (David Álvarez, min.90), Cheo, Charro, (Avelino, min.85), Tato, (Dani, min.88), Pablo e (Marcos Amado, min.75).
  • Gol: 0-1, min.30: Pablo de cabeza a centro de Cheo.
Pouco premio para un bo Pindo que ata fallou un penalti co 0-1 no min.40. I é que os carnotáns seguen mellorando a súa imaxe día a día, pero os puntos non dan chegado. Este sábado, e coas baixas dos Juan Fis, José Marcos, Julián, Herminio, Javi Conexo, Álex, Pablo, Nano e Ángel, prantaba cara ao 4º da táboa, cun gran partido de Garrido na meta e da parella de centrais Diego León e Juan de Dios. Pero o desacerto dos puntas foi clave para non deixar nada positivo en Lombáns. E iso que a balón parado puideron ter marcado. Pola súa banda, o Malpica segue nunha grande liña de resultados, e xa van 9 xornadas sen perder. O potencial arriba dos malpicáns foi abatido por un gran meta local, que non permitiu marcar nin a Cheo, nin a Charro nin a Neucha. Foi Pablo o único que marcou e permite que os malpicáns se manteñan comandando o grupo de perseguidores.

Nantón - Dumbría B (0-2)

  • NANTÓN: Martín, David, Eloy, Félix, Diego, Carlos Vidal, Fabio (Iván, min.30), Cristian, Luís, Manolo e Sito (Pedro, min.60).
  • DUMBRÍA B: Anxo, Yerai, Samuel, Tati, Jose Manuel, Riki (José Carreira, min.70), Martín Topja (Adrián, min.60), Rodrigo, Miguel Poyo, Pablo Lestón (Ivanete, min.80) e Alberto.
  • Goles: 0-1, min.10: Miguel Poyo de cabeza a unha falta de Pablo Lestón; 0-2, min.25: Alberto.
  • Expulsión: o adestrador e dianteiro cabanés Luís no min.85.
  • Lesión: os cabaneses Sito cun problema no nocello e Fabio cunha rotura de fibras.
Marcou pronto o Dumbría B que se puña cun 0-2 nunha primeira metade na que o cadro local non deu espertado. Si o fixo tralo descanso, cando apretou con dous tiros ao poste de Luís, e nun deles Manolo non acertou co rexeite. Os cabaneses queixáronse da arbitraxe de Goyeneche, que alá por onde vai recolle críticas duns e doutros. Porque dende Dumbría tamén sinalan que se ben non influiu no resultado, a súa actitude tarxeteira é sen sentido. De feito, acabou expulsando ao cabanés Luís por dous cartóns nunha mesma xogada por un espavento cos brazos e máis por preguntarlle un "Como pitas falta?"

Mazaricos - Zas (1-0)

  • MAZARICOS: Juan, Casais, Tubi, Matías, Chico, Ramón, Esteban Pereiro (Nakata, min.73), Aldo (Cristian, min.50), Estéfano (Tuco, min.88), Kevin e Rafa (Rodri, min.55).
  • ZAS: Damián, Pereiro (Quintáns), Mancebo, Dani (Adrián), Oliver, Lagoa, Juan (Martín), Rubio, Peque, Jaime (Diego) e Pastor.
  • Gol: 1-0, min.73: en propia entre o porteiro e un defensa tras unha centro raso de Kevin.
Partido tremendamente soso no Pino do Val que se decidía cunha xogada de carambola. Foi un choque con moito xogo no medio campo e pouco fútbol no que ningún dos dous quería perder. Apenas un par de ocasións por parte dos locais por medio de Aldo e Kevin; e outras tantas dos visitantes, coma un pau de Pastor. Se ben o Mazaricos tivo máis o balón na primeira metade, cando mellor estaba o Zas chegaba un roubo no medio campo e unha contra rápida dos de Periscal que acababa cun centro raso de Kevin que entre Dani e Damián non conseguían atallar colándose o balón na súa propia portería. O Zas acusou, iso si, unha mala semana de adestramento e o feito de que moitos dos xogadores participaban nun torneo de fútbol sala durante a fin de semana. Unha vez máis, os xogadores da bisbarra demostran que hai cousas máis importantes que os partidos de liga.

San Lorenzo - Muros (3-0)

  • SAN LORENZO: Recarey, Anxo, Puñal, Santi (Canterio, min.80), Adrián, Quillo, Fuentefría (Miguel Varela, min.80), Cachizo, Carliños (Javi Pensado, min.65), Marcos Bartolo e Jorge Pichel (Bolón, min.50).
  • MUROS: Fabio, Gael, Marco Antonio, Teo, Mayuyo, Mingos (Bibi, min.55), Alberto, Gelo (Fernando, min.80), Aitor, Óscar e Sexo.
  • Goles: 1-0, min.30: Jorge Pichel cun golazo de volea dende fóra da área; 2-0, min.55: Puñal de falta ensaiada de Fuentefría; 3-0, min.70: Fuentefría de vaselina nunha impecable contra dos de Verdillo.
Mellor imposible a estrea no banco de Verdillo de Trucho e Puñal, que dende agora compaxinará as súas labores no centro da defensa coas de míster. I é que o equipo saíu a por todas, con moitas gañas, e xa só acabar coa portería a cero foi unha demostración de poder. Os locais estiveron mortais ao ataque, e ademais dos 3 golazos, con boas ocasións de Carliños cun man a man co porteiro no que non viu só a Fuentefría; unha de Marcos Bartolo só no segundo pau mandouna fóra; ou unha de Cachizo de cabeza que marchou fóra. Foi Jorge Pichel quen puña por diante aos locais cun tremendo golazo dende a frontal de volea. Por parte muradá, tras medio tempo case que desaparecido, reaparecía tralo segundo tanto, que protestou que foi en fóra de xogo coma o terceiro. E con 2-0, vía como o colexiado anulaba un gol a Aitor por suposto fóra de xogo. A boa nova para o Muros foi a volta de Bibi aos terreos de xogo.

Castriz - Esteirana (2-3)

  • CASTRIZ: Herrera, Michi (Martín, min,60), Prego, Alex, Toniño, Toño, Mauri, Iván, Pablo, Joni (Sergio Gerpe, min.65) e Sebas (Koeman, min.46).
  • ESTEIRANA: Benancio, Isma, Chispi, Dani Rama (Roi, min.60), Suizo, Andel (Pich, min.85), Uru (Adrián, min.70), Eloy, Alex, Roberto Pladur e Adelino.
  • Goles: 1-0, min.25: Pablo tras pase atrás de Sebas que aproveitou un mal despexe de Dani; 1-1, min.55: Andel dende lonxe que bateu no longueiro e entrou; 1-2, min.60: Roberto Pladur nun rexeite tras un chutazo de Andel; 1-3, min.75: Adrián a pase de Andel; 2-3, min.80: Prego.
  • Lesión: Sebas cun forte golpe na tibia; e Dani Rama.
O frío conxelou a locais e visitantes nun encontro no que o Castriz segue nunha dinámica moi negativa. E iso que comezaba o partido mellor para os xalleiros, que aproveitaron un par de erros dos visitantes para poñerse por diante. Pero pouco a pouco a Esteirana foise facendo co partido, que xa puideron recurtar na primeira cun par de goles anulados, e dous balóns ao pau de Eloy e Roberto Pladur. Pero na segunda, Andel tomou o mando e marcou un golazo tras tocar na cruceta, e enviou outro chutazo ao pau, que ante a parálise da defensa, Roberto aproveitou para marcar a pracer. Adrián, tamén a pase de Andel case que sentenciaba malia que a falta de 10 minutos o Castriz metía o medo no corpo esteirán cun tanto de Prejo que non foi a máis. Precisa este Castriz un revulsivo que poden ser os "vellos coñecidos" Bruno, David Brenlla e Koeman (que xa debutaba onte). Os 3 xa están adestrando para devolverlle a alegría ao 11 rossonero.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios