Resultados dos 70 partidos da fin de semana de Difuntos no Fútbol da Costa

E primeira xornada ao completo no Fútbol da Costa esta da ponte dos Difuntos. Unha xornada que deixou 3 días de choques intensos, con ata 70 partidos en liza.

Xornada partida a da Preferente con partidos venres, sábado e domingo. 3 partidos disputaron os nosos o venres, con dúas vitorias e unha derrota. Derrota a do Soneira ante un Silva moi potente, que deixa aos de Felipe ao fío do descenso. E vitorias as do Bergan, líder destacado, e do Dumbría, que case alcanza ao XSC, trala súa derrota de hoxe ante o Sada.

A xornada na 1ª Autonómica viña marcada por un novo derbi. O Baio, tras caer a semana pasada ante o Malpica, recibía a un necesitado Ponteceso. O respecto foi total e o marcador non se moveu. Ademas, Camariñas o venres, e Malpica hoxe caían con rotundidade. Iso si, a Esteirana pechaba a xornada cunha boa vitoria a domicilio nada menos ante o Villestro.

E acabou, tarde, pero acabou a xornada 9 da 2ª Autonómica. I é que o Outes-Camelle durou media hora máis porque o choque estivo suspendido un bo rato co colexiado esperando pola Garda Civil. O Camelle rematou con 8 un partido que o Outes venceu pola mínima para seguir contando partidos por vitorias. Detrás, a 5 puntos, se mantén o Sofán, que vencía ao Mazaricos e ten 2 puntos máis que o Zas, que saca a cabeza como un auténtico candidato tras vencer nun dos partidos da xornada. O Fisterra protestou a actuación arbitral pero acabou vendo como se marchaban os puntos de Ara Solis. O Cee segue aí tras vencer ao Corcubión, e o Corme vai ascendendo tras vencer ao San Lorenzo. Mala xornada para o Castriz, que ademais de caer hoxe ante o Carnota. I é que a xornada comezaba ademais a golpe de venres, cos 10 minutos do choque suspendido da xornada 5 entre Corcubión e Castriz. Malia que Chinda tivo a súa para acadar o empate, o marcador non se moveu e supón a primeira vitoria para o cadro corcubionés, que serve de balón de osíxeno, a pesar de ter caído no derbi do sábado ante o Cee.

E completa a 2ª xornada na 3ª Autonómica, que deixa a 3 equipos con 6 puntos. O Coristanco é o líder trala súa bochornosa vitoria ante o Nantón. Con el están o Montelouro que vencía en Corcoesto e o Baíñas, que vencía pola mínima ao Muxía.
E primeira vitoria do Sp. Seaia na súa estrea. Os malpicáns venceron a un sorprendente Laxe, que queda de pechacancelas sendo o único equipo se aínda sumar un só punto.

Nos Xuvenís segue a cousa intensa trala disputa da 10 xornada. No Gr.3, o Dumbría non para e o venres volvía superar un novo obstáculo: o San Paio de Refoxos. O Cee foi un rival tremendamente digno pero sucumbiu pola mínima ante o líder. Por detrás xa está a Esteirana tras endosar 12 ao Mazaricos (aínda non sumou, xunto co Lira) e o XSC, que vencía en Fisterra e se confirma como alternativa. Ceenses e fisterráns xunto co Outes, quedan no segundo grupo.
Mentres, no Gr.4, hai máis igualdade, e volvía haber un cambio de líder. O Cabana vencía ao Corme e lle roubaba o liderato. Quedan os de Fernando líderes empatados co Malpica, con 2 puntos de vantaxe sobre o propio cadro cormelán e con 3 sobre o Ponteceso, que non pasaba do empate en Castriz, o que supuña o primeiro punto para os xalleiros.

Coñeceu o sabor da amarga derrota o Dumbría da División de Honra Cadete e tivo que ser en Vigo, ante o indiscutible líder da categoría, un Celta que suma 8 vitorias en 8 partidos.
Mentres, na Liga Galega Infantil, empate do Dumbría e derrota do XSC que deixa aos dumbrieses na zona media e aos xalleiros na baixa.

E disputouse, por fin, a primeira xornada da Liga Cadete. 5 partidos só en liza, pois ademais de ser só 13 equipos, o colexiado do XSC-Coristanco non se presentou e o partido se tivo que suspender. É o Muxía o primeiro líder tras endosar 7 a un Corcubión aínda en proceso de formación. Muros, Cabana, As Baleas e Cee, tamén sumaron os 3 primeiros puntos.

Seguimos o repaso polos Veteranos, nos que o Coristanco mantén o liderato tras mallar no Camariñas. Laxe e Baio non o deixan escapar, mentres por abaixo parece que o Dumbría espertou e xa suma dúas vitorias, quedando Camariñas e Nantón en postos de descenso.

E ademais, mentres esperamos que nos cheguen o calendario da Liga de FS de Cee, xa podedes ollar como foi a primeira semana na Liga FS Carballo con crónica e todo.

Queda o Baldaio só no liderato da Liga Intermunicipios, trala súa sufrida vitoria ante o Sp. Brea, e aproveitar que o Cereo descansaba. O Rus colócase 2º a só 1 punto.

Preferente, xornada 11

S.D. O Val 0-1 C.F. Dumbría
Silva S.D. 2-0 Soneira S.D.
Bergantiños C.F. 2-0 C.D. Castro
Xallas de Santa Comba CF 0-2 Sp. Sada

1ª Autonómica, xornada 9

Camariñas F.C. 2-5 Amio C.F.
C.D. Baio 0-0 Ponteceso S.D.
S.D. Agolada 5-1 S.C.D. Malpica
S.D. Villestro 0-1 S.D. Esteirana

2ª Autonómica, xornada 9

U.D. Corcubión 1-0* S.D. Castriz
S.D. Fisterra 1-2 Sp. Zas
U.D. Corcubión 0-1 U.C. Cee
Cabana S.D. 3-1 Indep. Carballo
Corme C.F. 3-1 S.D. San Lorenzo
Volantes F.C. 1-3 Porteño C.F.
S.D. Sofán 4-1 Mazaricos C.F.
U.D. Carnota 2-1 S.D. Castriz
Outes C.F. 1-0 Camelle S.D.
Buño S.D. 0-0 Muros S.D.
  • * Cchoque suspendido no min.80 entre Corcubión e Castriz da xornada 5.

3ª Autonómica, xornada 2

S.D. Laxe 2-3 Sp. Seaia
C.F. Castrelo 1-1 U.D. Cerqueda
C.D. Baíñas 1-0 Muxía C.F.
SDC Corcoesto 1-2 U.D. Montelouro
S.D. Coristanco 7-1 C.D. Nantón
S.D. Ameixenda 0-2 Lira C.F.

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 10

U.C. Cee 0-1 C.F. Dumbría
S.D. Fisterra 0-2Xallas StComba
S.D. Esteirana 12-0 Mazaricos C.F.
Outes C.F. 7-0 Soneira S.D.