Resultados dunha xornada completa con ascensos e moita tensión

Nova xornada completa de fútbol costeiro. Pero antes de ir co repaso apuntamos unha cita importante:

Reunión en Baio

O fútbol costeiro que ten este luns 14 de marzo unha cita importante no ás 20:30h no Pavillón de Baio. Os clubes serán informados polos membros da Asociación de Clubes da Costa sobre a elección dun representate do noso fútbol por parte da nova Federación Galega para a directiva comandada por García Liñares. Como xa vimos avisando, trátase dun momento crucial para o fútbol costeiro xa que por primeira vez parece que pintamos algo na federación. Agora é o noso turno de que as nosas diferencias sexan limadas e que deamos unha visión de unidade para que nos teñan en conta, como parece que van facer.

A crónica da semana

O Soneira gañaba con contundencia a todo un Campus Stelae e puido celebrar a homenaxe que o Concello vimiancés rendiulle onte a Miguel. A xornada na deixou ao Cee sen o liderato trala derrota en Lamela. Agora, os de Pato comparten o 3º posto de ascenso con Xallas e Dumbría, os 3 empatados a 50 puntos. Por diante, un só punto arriba, están Sada e Unión, polo que os 3 equipos seguen dándonos razóns para soñar cun triple ascenso. O Ponteceso acariña o título A xornada da Liga da Costa chegou chea de empates. O Ponteceso segue sumando con comodidade e alonxa a un Camariñas que non pasou do empate ante o Dumbría B. Por detrás o Sofán tampouco pasaba do empate en Carnota, e o mesmo lle ocorreu ao Muros en Baio. A tensión mantense por abaixo. O Porteño deu sinais de vida, gañou en Verdillo e a un tempo, alonxa ao Carnota e mantén a 6 puntos a Corme e Baio, e a 7 a Buño e O Pindo, que aínda non se poden despistar. A Esteirana si parece que se pode relaxar tras vencer a un Fisterra que xa se deixa levar.

O ascenso á Liga da Costa na man

Falta 3 xornada da 3ª da Costa e Mazaricos e Nantón xa puideron celebrar matematicamente o ascenso. E o Corcubión está a piques de facelo, pois trala derrota do Coristanco en Mazaricos, quedan a 6 puntos dos corcubioneses que ademais xa teñen o golaveraga xeral a favor trala gorda goleada ao Xaviña.

Copa Xuvenil tensa

E continúa a Copa da Costa Xuvenil cuns Oitavos moi igualados. E con tensión, xa que houbo moitos expulsados. Xa poden ollar as crónicas da interesante rolda.

Preferente, xornada 31

Soneira 3-0 Campus Stelae

1ª Autonómica, xornada 27

Dumbría 4-1 Víctoria
Lamela 3-2 Cee
Xallas 1-0 Vizoño
Unión 7-0 Zas

2ª Autonómica, xornada 27

Club do Mar 0-0 Corme
Baio 1-1 Muros
Carnota 1-1 Sofán
Camariñas 1-1 Dumbría B
Ponteceso 2-0 Buño
San Lorenzo 1-2 Porteño
Malpica 3-1 O Pindo
Esteirana 3-1 Fisterra
Castriz 2-1 Vimianzo

3ª Autonómica, xornada 27

Corcubión 11-1 Xaviña
Laxe 3-2 Muxía
Lira 5-1 Corcoesto
Alcaián 0-1 Nantón
Atl. Pereiriña 1-1 Indep. Carballo
Mazaricos 2-0 Coristanco
Cerqueda 3-1 Cabana
Outes 4-0 Muros B

Liga Nacional Xuvenil, xornada 25

Chantada 4-0 Bergantiños

Copa da Costa Xuvenil, Ida dos Oitavos

Liga Galega Cadete, xornada 24

Bergantiños - Estrada
Residencia 2-0 Santa Comba

Segunda Cadete

Muros 0-5 Cabana
Soneira 8-3 Coristanco
Ponteceso 3-1 Baio
Fisterra 4-2 Cee
Con. de Carnota 0-7 Dumbría
Malpica 1-0 Corme
Bergantiños B 0-2 Outes

Segunda Infantil, xoranda 19

Muxía 4-8 Cabana
Outes 2-4 Bergantiños B
E.D. Os Miudos 2-5 Zas
Cee 6-0 Con. de Carnota
E.M.F. Vimianzo 0-7 Dumbría
Coristanco 0-6 Esteirana
Santa Comba 12-1 Baio

Ligas de Veteranos, xornadas 24

1ª División

Corcubión Vet. 5-5 Bértoa
Ponteceso 3-0 Nantón
Cabana -- Vimianzo
Xv. Bergantiños 2-7 San Román
Baio 0-0 At. Milagrosa
Bergantiños 2-0 Camariñas
Sp. Zas 0-0 Castriz

2ª División

San Lorenzo 4-1 Cerqueda
Malpica 2-0 Porteño
Corme 2-1 Club do Mar
Corcoesto 6-0 Agualada
Buño 2-4 Coristanco
Leiloio 0-2 Sofán
Muros 3-1 Dep. Carballo

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).