Venres. 26.04.2024
El tiempo

Copa Xuvenil: Os oitavos comezan coas espadas por todo o alto

Copa Xuvenil: Os oitavos comezan coas espadas por todo o alto
Comezaron os Oitavos da Copa da Costa Xuvenil 2011. E máis igualados que nunca onde tan só o Santa Comba, campión da Liga Sur, semella ter encarrilado o pase a cuartos. E houbo partidos moi interesantes. Como ese Dumbría - Corme que reedita a final da Liga Norte. O Corme volveu dar primeiro e sacou un 0-1 valiosísimo de cara a volta, malia que perde dúas pezas fundamentais como son Alejo e Lucas. O Soneira-Muros, co recentemente homenaxeado Miguel no banco local, tamén foi moi interesante e prevese que Miraflores sexa un fervedoiro de cara á volta. E ata 6 expulsados nestes 8 encontros, unha bagaxe negativa que demostra que a intensidade é total.

Soneira - Muros (3-2)

  • SONEIRA: Víctor, Vicente, Alberto, Pichón (Rubén, min.89), César, Mayor, Dani (Marcos, min.52), Isma (Cachirulo, min.70), Cristian, Fer e Basti.
  • MUROS: Yago, Adrián, Fernando, Bono, Berni, Oscar, Jesús (Modesto, min.93), Vistete, Santi de Pura (Santi Chuvasco, min.60), Gabriel (Alvaro de Baño, min.70 (Trozo, min.85)) e Jeiko.
  • Goles: 1-0, min.15: Fer; 1-1, min.35: Jeiko; 2-1, min.57: Mayor; 3-1, min.75: Alberto; 3-2, min.92: Oscar.
  • Expulsión: O porteiro muradán Yago (min.85).
Partido con moita intensidade e que cun gol no desconto do visitante Óscar que deixa a eliminatoria moi aberta, na que un dos favoritos como o Soneira vai ter que suar moito para pasar nun campo complicado. Non foi un partido de moitas ocasións e bo fútbol, pero si de intensidade e con moitas gañas entre uns e outros. Na parte final co expulsión do porteiro visitante o partido aumentou en intensidade e os gran beneficiados foron os visitantes que non deron a eliminatoria por perdida e Óscar rematou un bo centro do seu compañeiro para deixar todo aberto. E lembren que a Copa da Costa está patrocinada pola Discoteca Zona Zero de Cee, que xa prepara o lanzamento do globo máis grande de Galicia para o vindeiro sábado 19 de marzo.

Malpica - Cabana (1-1)

  • MALPICA: Víctor, Eloi, Jorge, Javier, Pepis, Luisma (Martín Maradona, min.57), Miguel Dourado, Quintas, Camilo, Martín Uruguayo e Eme.
  • CABANA: Sergio, Oscar, Manuel, Alex García, Pazos (Nacho, min.46), Alex Mato, Pacxel (Amable, min.83), Chuki, Carlos, Miki e Jose (Rubén Darío, min.62).
  • Goles: 1-0, min.5: Alex García en propia porta a tiro de Camilo; 1-1, min.41: Chuki.
Mal partido o visto na mañá do sábado entre Malpica e Cabana, os locais non aplicaron a entrega vista na eliminatoria anterior fronte ao Zas, mentres que os visitantes tentaron poñer algo de fútbol por momentos. Xusto empate de puntos que deixa a eliminatoria totalmente aberta para a volta. Abriu o marcador o Malpica nada máis comezar nun centro chut de Camilo dende case a liña de fondo que se atopou, case na liña de gol, co visitante Alex García que mandou o balón ao fondo da rede. Pouco antes do descanso, un pase en profundidade de Manuel para Chuki e este gañándolle as costas a defensa bate a Víctor no man a man. O xogo foi moi aéreo durante os 90 minutos e houbo algunhas ocasións de gol ailladas e repartidas para ambas partes.

Bergantiños B - Corcubión (3-2)

  • BERGANTIÑOS B: Gabriel, Stiven (Martín, min.75), Meller, Iván, Javi Varela, Jose Antonio, Diego Mourelle (Javi Castro, min.50), Eliseo (Nené, min.84), Miguel e Cristian (Omar, min.65)
  • CORCUBIÓN: Abelleira, Toni, Sergio, Pablo, Marcos, Iván (Chema, min.65), Gabi (Manu Fisterra), David Romaní, Brais, Lema e Manu Lira.
  • Goles: 0-1, min.7: Lema; 1-1, min.15: Javi Varela, de falta; 1-2, min.20: Manu Lira; 2-2, min.50: Cristian; 3-2, min.60: Miguel.
  • Lesión: O meta local cunha escordadura de nocello.
Houbo árbitros asistentes e todo, pero non se sabe se é mellor o remedio que a enfermidade. Co campo moi rápido por mor da constante choiva, o partido foi de ida e volta, con continuos ataques rápidos, estando o balón máis tempo nas áreas que no medio campo. O Corcubión púxose por diante por dúas veces. E iso que sobre a media hora, os locais protestaron un posible penalti por mans de Marcos. Á volta dos vestiarios, os locais tiveron vinte minutos de moita intensidade e conseguiron darlle a volta ao marcador, malia que no 3º tanto os corcubioneses pediron fóra de xogo. Na parte final o choque perdeu intensidade e non se crearon moitas xogadas de gol, dando os dous equipos o resultado como bo a espera do partido de volta. Resultado máis ou menos xusto e a eliminatoria queda totalmente aberta de cara á volta.

Baio- Cee (3-1)

  • BAIO: Poyo, Manuel (Eric, min.65), Maikel, David, Jose Manuel, Manuel, Bieito, Fachal (Canario, min.10), Valentin (Cristian, min.15 (Edgar, min.75)), Rafa, Martín e Canario.
  • CEE: Adrián, Yago (Jesús, min.70), Jose Antonio (Santi, min.60), Rubén, Lucas, Aitor, Isma (Uri, min.46), Diego Cespón, Moncho, Sergio Rey e Chiru.
  • Goles: 1-0, min.10: Bieito; 2-0, min.25: Canario; 3-0, min.48: Martín; 3-1, min.75: Rubén.
Sacou boa renda o Baio nun partido que se presume moi apretado para a volta. O equipo de José Carlos entrou moi despistado e con pouca intensidade cousa que aproveitaron ben os baieses para poñer renda de por medio. Na segunda metade tralo terceiro gol local veu a reacción ceense que apretaron moito e puideron reducir aínda máis a diferenza na eliminatoria. As lesións de Fachal e Valentín ao pouco de comezar o partido condicionouno moito para os locais e acabaron xogando con 4 cadetes. Como nota negativa cómpre destacar que os xogadores ceenses queixáronse ao saír dos vestiarios que lles foran roubadas boa parte das súas pertenzas, sobre todo cartos en metálico. Este suceso ocorre unha semana despois de que o San Tirso protestara a sustracción de 800€ dos petos dos xogadores no campo de San Andrés de Zas.

Dumbría - Corme (0-1)

  • DUMBRÍA: David, Róber, Andi, Denis (Patera, min.60), Samuel, Cote, Toja, Jesús (Tono, min.73), Rodrigo (Josiño m.52), Mario e Yeray (Riki, min.46 (Duarte, min.55)).
  • CORME: Javi, Joshua (Mauro, min.89), Chino, Pandi, Jesús, Jorge, Dani, Martinciño, Alejo, Lucas e Fran (Sergio, min.88)
  • Gol: 0-1, min.73: Jorge.
  • Expulsións: a Alejo (min.68) e a Lucas (min.89), ambos do Corme. O primeiro tras un intento de agresión visto por un asistente e Lucas por doble cartón, a segunda suspostamente por tirarse dentro da área simulando un penalti.
O Corme volveu a superar ao Dumbría, o seu gran rival na loita pola Liga da Costa Xuvenil Norte. Sen embargo, esta vez regresou cun sabor agridoce pola expulsión dos seus dous homes máis determinantes: Alejo, por intentar soltar un puñetazo tras unha patada dun rival, e Lucas, por ver unha amarela por protestar e outra por, supostamente, simular un penalti. O gol de Jorge, á saída dun córner, matou a un Dumbría que tivo posesión pero moi pouca profundidade. No bando local debutou o ceense Patera que estaba a xogar nas categorías inferiores nun equipo santiagués de superior categoría. Así e todo, as baixas de Alejo e Lucas poden condicionar a volta, pois son dous alicerces básicos no esquema ofensivo dos cormeláns. O vindeiro sábado, unha nova final.

Ponteceso - Fisterra (2-1)

  • PONTECESO: Guille, César, Johny (Mendieta, min.82), Ventura, Diego, Lorenzo, Valiña (Cotelo, min.46), Fabián (Kevin, min.72), Recarey, Borja e Puente.
  • FISTERRA: David, Roberto, Miguel Benlloch, Santi, Juan (Eloy, min.60), Jorge (Juanfran, min.46), Martín, Tati, Cristian, Bruno e Carlos (Fran, min.85)
  • Goles: 1-0, min.4: Puente; 1-1, min.34: Carlos, de penalti; 2-1, min.48: Puente.
Puido haber moitos máis goles no Pinguel. Dous goles de Puente, un de vaselina nada máis comezar, de moi boa factura, e outro de falta ao comezo do segundo acto, e coa colaboración do meta David, déronlle o triunfo ao Ponteceso sobre un Fisterra que só acertou a marcar de penalti. Martín e Bruno fallaron en boca de gol, mentres que Puente aínda tivo outra.

Santa Comba - Mazaricos (3-0)

  • SANTA COMBA: Pablo (Toñito, min.87), Josito (Anxo, min.47), David Agra, Dani Martínez (Pombo, min.77), Sergio, Martín, Diego Maneiro, Álex (Muni, min.56), Cristian, Iván e Roberto (Pinky, min.69)
  • MAZARICOS: Rubén, Álex, Esteban, Javier, Mario (Adrián, min.85), Alberto, Ferreiro, Oreiro, Fandelo, Kevin (Mario Brandoñas, min.46) e Robinho (José, min.85)
  • Goles: 1-0, min.10: Martín; 2-0, min.57: Sergio; 3-0, min.70: Iván.
  • Expulsión: a Oreiro, do Mazaricos (min.88).
O Santa Comba non tivo demasiados problemas para desfacerse dun Mazaricos que loitou ata acabar moi tocado fisicamente. O peor, o intento de agresión do visitante Oreiro ao colexiado Mella Fernández.

Esteirana - Muxía (2-3)

  • ESTEIRANA: Carrilo, Nicolás, Abel, Meco, Ruso (Racha, min.50), Paluca, Jacobo, Canario, Moncho (Yumber, min.70), David e Bruno.
  • MUXÍA: Cristian, Martín, Antonio, José Manuel, Fabián, Pereira, Julián, Alberto, Fran Sambad (Fran Escachao, min.80), Javi (Felipe, min.46) e Carlos
  • Goles: 0-1, min.10: Roberto, de penalti; 1-1, min.20: Abel; 2-1, min.42: Moncho; 2-2, min.61: Carlos; 2-3, min.78: Felipe.
  • Expulsión: a Pereira (min.80) e Alberto (min.90) do Muxía.
Partido de poder a poder en Esteiro. Un man a man convertido por Carlos e un gran tiro de Felipe déronlle o triunfo ao Muxía sobre a Esteirana, a pesar de que os visitantes acabaron con nove por dous dobres cartóns amarelos.

Máis información

Crónica da Copa Xuvenil

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios