Resultados dunha xornada completa con ascensos e moita tensión
21:45 13/03/11
Nova xornada completa de fútbol costeiro. Pero antes de ir co repaso apuntamos unha cita importante:
Reunión en Baio
O fútbol costeiro que ten este luns 14 de marzo unha cita importante no ás 20:30h no Pavillón de Baio. Os clubes serán informados polos membros da Asociación de Clubes da Costa sobre a elección dun representate do noso fútbol por parte da nova Federación Galega para a directiva comandada por García Liñares. Como xa vimos avisando, trátase dun momento crucial para o fútbol costeiro xa que por primeira vez parece que pintamos algo na federación. Agora é o noso turno de que as nosas diferencias sexan limadas e que deamos unha visión de unidade para que nos teñan en conta, como parece que van facer.A crónica da semana
O Soneira gañaba con contundencia a todo un Campus Stelae e puido celebrar a homenaxe que o Concello vimiancés rendiulle onte a Miguel. A xornada na 1ª deixou ao Cee sen o liderato trala derrota en Lamela. Agora, os de Pato comparten o 3º posto de ascenso con Xallas e Dumbría, os 3 empatados a 50 puntos. Por diante, un só punto arriba, están Sada e Unión, polo que os 3 equipos seguen dándonos razóns para soñar cun triple ascenso. O Ponteceso acariña o título A xornada da Liga da Costa chegou chea de empates. O Ponteceso segue sumando con comodidade e alonxa a un Camariñas que non pasou do empate ante o Dumbría B. Por detrás o Sofán tampouco pasaba do empate en Carnota, e o mesmo lle ocorreu ao Muros en Baio. A tensión mantense por abaixo. O Porteño deu sinais de vida, gañou en Verdillo e a un tempo, alonxa ao Carnota e mantén a 6 puntos a Corme e Baio, e a 7 a Buño e O Pindo, que aínda non se poden despistar. A Esteirana si parece que se pode relaxar tras vencer a un Fisterra que xa se deixa levar.O ascenso á Liga da Costa na man
Falta 3 xornada da 3ª da Costa e Mazaricos e Nantón xa puideron celebrar matematicamente o ascenso. E o Corcubión está a piques de facelo, pois trala derrota do Coristanco en Mazaricos, quedan a 6 puntos dos corcubioneses que ademais xa teñen o golaveraga xeral a favor trala gorda goleada ao Xaviña.Copa Xuvenil tensa
E continúa a Copa da Costa Xuvenil cuns Oitavos moi igualados. E con tensión, xa que houbo moitos expulsados. Xa poden ollar as crónicas da interesante rolda.Preferente, xornada 31
Soneira | 3-0 | Campus Stelae |
1ª Autonómica, xornada 27
Dumbría | 4-1 | Víctoria |
Lamela | 3-2 | Cee |
Xallas | 1-0 | Vizoño |
Unión | 7-0 | Zas |
2ª Autonómica, xornada 27
Club do Mar | 0-0 | Corme |
Baio | 1-1 | Muros |
Carnota | 1-1 | Sofán |
Camariñas | 1-1 | Dumbría B |
Ponteceso | 2-0 | Buño |
San Lorenzo | 1-2 | Porteño |
Malpica | 3-1 | O Pindo |
Esteirana | 3-1 | Fisterra |
Castriz | 2-1 | Vimianzo |
3ª Autonómica, xornada 27
Corcubión | 11-1 | Xaviña |
Laxe | 3-2 | Muxía |
Lira | 5-1 | Corcoesto |
Alcaián | 0-1 | Nantón |
Atl. Pereiriña | 1-1 | Indep. Carballo |
Mazaricos | 2-0 | Coristanco |
Cerqueda | 3-1 | Cabana |
Outes | 4-0 | Muros B |
Liga Nacional Xuvenil, xornada 25
Chantada | 4-0 | Bergantiños |
Copa da Costa Xuvenil, Ida dos Oitavos
Liga Galega Cadete, xornada 24
Bergantiños | - | Estrada |
Residencia | 2-0 | Santa Comba |
Segunda Cadete
Muros | 0-5 | Cabana |
Soneira | 8-3 | Coristanco |
Ponteceso | 3-1 | Baio |
Fisterra | 4-2 | Cee |
Con. de Carnota | 0-7 | Dumbría |
Malpica | 1-0 | Corme |
Bergantiños B | 0-2 | Outes |
Segunda Infantil, xoranda 19
Muxía | 4-8 | Cabana |
Outes | 2-4 | Bergantiños B |
E.D. Os Miudos | 2-5 | Zas |
Cee | 6-0 | Con. de Carnota |
E.M.F. Vimianzo | 0-7 | Dumbría |
Coristanco | 0-6 | Esteirana |
Santa Comba | 12-1 | Baio |
Ligas de Veteranos, xornadas 24
1ª División
Corcubión Vet. | 5-5 | Bértoa |
Ponteceso | 3-0 | Nantón |
Cabana | -- | Vimianzo |
Xv. Bergantiños | 2-7 | San Román |
Baio | 0-0 | At. Milagrosa |
Bergantiños | 2-0 | Camariñas |
Sp. Zas | 0-0 | Castriz |
2ª División
San Lorenzo | 4-1 | Cerqueda |
Malpica | 2-0 | Porteño |
Corme | 2-1 | Club do Mar |
Corcoesto | 6-0 | Agualada |
Buño | 2-4 | Coristanco |
Leiloio | 0-2 | Sofán |
Muros | 3-1 | Dep. Carballo |
Máis información
- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Cadro da Copa da Costa Xuvenil 2011.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
Artigos relacionados
- Crónica de Guillermo Parga da Liga da Costa : Liga escocesa?.
- Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic.
- Artigo de Pablo Mouro: Adestrar mal, lesión segura.
- Crónica de Manuel Varela: Exercicio de democracia.
- Crónica de Alberto Pose: Momento para a asociación de clubs da Costa.
Novas relacionadas
- Copa Xuvenil: Os oitavos comezan coas espadas por todo o alto.
- Video entrevista de Ángel Garrido con Dani García, capitán da UD Cerqueda.
- Completísima entrevista de Pablo Mouro ao adestrador do Xallas Iván Cancela.
- Embargo á SD Esteirana mentres García Liñares toma o relevo na Federación co apoio costeiro.
Máis novas
- Da incidencia do Facebook no Fútbol da Costa.
- Os segredos máis íntimos dos xogadores do Camariñas.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).