Primeira fin de semana de outono e os campos da Costa seguen sumando partidos. Esta derradeira fin de semana de setembro os partidos xa van collendo tintes de importancia.
Comezamos o repaso pola Preferente - Senra Sport na que os nosos sumaron en casa. Non foi mala a xornada pero o Dumbría puido tela completado cunha vitoria pero o Negreira sacou un puntiño do Conco. Quedan agora, trala vitoria do XSC ante o Escairón, os dous equipos costeiros con 8 puntos, empatados co 5º clasificado.
E se hai dúas semanas era o Corme o líder da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, hoxe sobe ao máis alto do podio o Baio. Vencían os de Félix en Bertamiráns e se colocan con 10 puntos, empatados co Cordeiro e Flavia pero cun 8-3 en goles a favor que o pon de líder. Non pasaron do empate, soso e sen goles, o Sofán e o Corme nas súas saídas ante o Cordeiro e ante o Silleda, pero se manteñen entre os 5 primeiros. Ademais, o Malpica caía ante o Villestro con rotundidade quedando con só 2 puntos. O partidazo da semana era o derbi, xa case que de urxencia, entre Soneira e Esteirana. Os vimianceses vencían cun claro 4-0 e saen da zona baixa deixando aos blaugranas de pechacancelas da categoría.
Igualadísima está a parte alta da 2ª Autonómica - ES Bazarra. Ata 7 equipos con 9 puntos, e outros 3 con 7 trala 4ª xornada. É o Castriz, tralos 5 que lle endosou ao Cabana nas Redondas, o líder. Por abaixo, quedan sen sumar aínda Montelouro, Camelle e Carnota, e ollo ao Camariñas, con só 1 puntos despois de caer no derbi da Grixa, e ao Fisterra, con 2 puntos gracias ao seu empate ante o Baíñas.
Ponse o Lira só no máis alto da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira con 9 puntos tras superar, apuradamente, ao Muxía. Por detrás, con 7, Ameixenda, que vencía ao Castrelo, Coristanco, que descansaba, ambos cun patido menos, e Nantón, que desbancou ao Corcubión dos postos altos. Ademais, a xornada serviu para ver a primeira vitoria do Cerqueda, con rotundidade, ante un Laxe que suma só un punto, mentres o Muxía é o único sen estrear o taboleiro dos puntos.
A nova da semana na Liga Xuvenil Sur - MáisDeporte protagonizouna o cadro dos Miúdos, que freou a un Dumbría que viña cunha marcha máis que o resto. Quedan agora os dumbrieses con 10 puntos, só un máis que o XSC, que venceu en Outes, e que a Esteirana, que daba conta do Cee. Os Muídos quedan con 7 puntos. Mentres, no Liga Xuvenil Norte - MáisDeporte, Coristanco e Cabana seguen contando por vitorias os seus encontros, pero desta volta tiveron que sufrir para superar, pola mínima, a Porteño e Malpica respectivamente.
Triple derrota e comeza a facerlle falta unha vitoria aos equipos costeiros das ligas autonómicas, os tres cun só punto tras 3 xornadas. O Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría. que caía na casa. Tres cuartos do mesmo para o XSC na Liga Galega Cadete tras deixar marchar os puntos da casa ante o Lugo B, con igual resultado que os infantís dumbrieses ante a visita do Portuarios.
Impresionante arranque das Baleas na 1ª Cadete, con 3 de 3 e esta semana endosándolle 10 ao Sofán. Mentres, na 1ª Infantil son 2 os equipos con 9 puntos, Esteirana e XSC.
E para rematar, os Veteranos continúan en marcha. Xa non quedan equipos con pleno de vitorias, pois o Baio lograba empatarlle ao Hosgran, antigo Corcoesto, na 1ª División. Ponse o Soneira tamén con puntos. Na 2ª División, a sorpresa é o novo San Isidro-Razo, xa líder trala súa goleada de escándalo ao Poniente, e con moi bos números, igual que o Agualada.