Xoves. 02.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Cee e Volantes quedan sós

2ª Autonómica: Cee e Volantes quedan sós

3 partidos desta 2ª Autonómica - ES Bazarra e só o Cee e o Volantes os contan por vitorias. Os laranxas demostraron ante o Buño, que chegaba de líder, que os reforzos celestes están funcionando ben e o equipo non só non quere pasar os apuros do ano pasado se non que busca meterse na zona noble. Zona na que terá que estar, por obrigación, o Cee, que vencía en Louro ante un cadro local que non arrinca.

De feito, os loureáns son, xunto a Carnota e Camelle, os únicos que non estrearon o taboleiro de puntos.


Montelouro - Cee (0-2)

Montelouro-Cee-Foto-Edu Olveira
  • MONTELOURO: Isma, César, Pedro, Pablo, Isma Cosme (Benja, min.73), Teo, Geico (Pepe, min.89), Dani (Abel, min.70), Gelo, Raúl e Riki (David, min.46).
  • CEE: Parroto, Joserra, Jorge, Jacobo, Tebo (Fiuza, min.70), Dani Freire, Piquero (Sergio, min.63), Hidalgo (Penedo, min.53), Bruno e Leo.
  • Goles: 0-1, min.60: Piquero de cabeza tras unha falta botada por Leo; 0-2, min.87: Bruno en xogada persoal.

Seguen sen comezar as obras en Agra da Filgueira para poñer céspede artificial, e iso que tiveron todo o verán para poñerse ao lío. En todo caso, o Montelouro de Jurjo segue adaptándose ao salto de categoría e onte prantexou moi ben o partido pero a pegada do Cee acabou coas esperanzas de sumar o primeiro punto.

Foi un partido moi disputado e bastante igualado. Custoulle ao Cee de Rafa Suárez moito adaptarse ó campo e entrar no partido. Na primeira parte apenas houbo ocasións, os primeiros 20 minutos de control local, pero un treito final no que o Cee íase metendo no partido.

Despois do descanso mellorou o Cee pero sen finalizalas xogadas. Despois do gol de Piquero, o Montelouro foise arriba e tivo unha ocasión moi clara nun libre indirecto dentro da área que saiu fóra por moi pouco. Acusou o esforzo o cadro local e nos últimos 10 minutos un par de contras ceenses fixeron perigo, e nunha desas o fisterrán Bruno facía o segundo e definitivo tanto.

Montelouro-Cee-Foto-Edu Olveira

Camariñas - Seaia (0-0)

Camarinas-Seaia-Foto-Pablo
  • CAMARIÑAS: José Luís, Martín, Moriño, Piti, Nico (Mario Toja, min.55), Paco, Saviola, Pereira, David (Denís, min.75), Isma (Sergi, min.65) e Yuyo.
  • SEAIA: Jesús, Vitorino (Ángel, min.25), Adrián (Dimaga, min.10) (Parga, min.70), Vistas, Avelino, Alberto, Eme, Miguel, Juni, Camilo (Richard, min.46)e Nando.
  • Lesións: os malpicáns Adrián, Vitorino e Dimaga.

Pouco fútbol no Hermanas Patiño nun partido bronco que rematou sen goles a pesar das 4 ocasións por bando. Os de Gerpe seguen en liña ascendente, cunha clara melloría con respecto aos primeiros choque, e se cadra mereceu gañar por ocasións e control do balón.

O mellor do partido probablemente fose o meta Jesús, desbaratando as ocasións das que dispuxeron os locais para conseguir o cuarto punto para os de Tato, sendo o primeiro para os camariñáns.


Ponteceso - Camelle (2-1)

Ponteceso cos historicos homenaxeados-Foto-SD Ponteceso
  • PONTECESO: Brais, Fabián (Pablo Xuvenil, min.70), Javi Peón, Lorenzo, Diego Collazo, Alberto Recarey, Pablo Márquez (Christian Fuentes, min.85), Dani Valle (Manuel, min.70), Juanma, Dieguito e Eloy (Pablo Pailos, min.84).
Camelle no Pinguel-Foto-SD Ponteceso
  • CAMELLE: Valiña, Carlos de Dido, Macho, Rubén Lado (Sicario, min.46) Peseta, Petrallo (Alberto de Malpica, min.20), Mario, Martín Gemelo (Tonsón, min.75), Adrián da Barca, Adrián de Felisiano e Tedín.
  • Goles: 1-0, min.4: Eloy a pase de Dani Valle; 2-0, min.28: Juanma de tiro dende a fronta; 2-1, min.60: Mario de penalti.
  • Lesión: os camelláns Rubén Lado e Petrallo.

Gran ambiente no Pinguel para ver un fermoso e emotivo partido, que comezaba coa homenaxe por parte da directiva do Ponteceso a varios históricos do club pontecesán como Luis Calvo Bouzas (Morilla), Juán José Bermúdez García (Juán), Indalecio Blanco Domínguez (Lucho), Manuel Antelo Novo (Curro), a título póstumo recollido polo seu fillo e Eduardo Vidal Soto (Barrié). Antes de botar o balón a rodar gardouse un minuto de silencio polos directivos falecidos.

Xa no deportivo, foi un partido moi intenso, cunha primeira metade de dominio local, rematando cun 2-0, cun Camelle pechado que apenas saía do seu campo. O Camelle, que tiña que meter a Valiña baixo paus de novo por mor das baixas, deixaba a pelota ao Ponteceso, que combinaba con moita calidade. Eloy, ben ao principio, e Juanma á media hora puñan aos de Marco por diante.

Pero na segunda estiráronse os de Varu, ante un Ponteceso que non puido máis que meterse atrás. Marcou de penalti, dubidoso para os locais, Mario. E facíase longo o partido para os locais, cun Camelle que estivo preto de empatar con dúas grandes ocasións contra o final que non entraron, por medio de Adrián da Barca e Dido. Na última xogada do partido, ata Valiña subiu rematar.

Ponteceso-Camelle-Foto-SD Ponteceso

Baíñas - San Lorenzo (1-3)

  • BAÍÑAS: Puto, Mario (Samuel), Martín, Luís, Iván (Héctor), Mata (Rodri), Eloy, Jaime, Tasky, Javi Suárez e Capote (Esteban).
  • SAN LORENZO: Diego, Javi Puñal, Adrián, Rudi, Pablo, Alex Figueiras (Cañi, min.78), Alex Taibo (Fuentefría,min.70), Parafita, Schuster, Carlitos (Javi Pensado, min.60) e Juni (Joaquín, min.65).
  • Goles: 0-1, min.50: Juni; 0-2, min.55: Alex Figueira de falta cun golazo; 0-3, min.68: Parafita; 1-3, min.83: Eloy.

Vitoria importante do San Lorenzo en Vimianzo ante un Baíñas que comezaba ben, saíndo moi forte sobre todo nos primeiros 20 minutos e completando unha boa primeira metade, pero que se viña abaixo co tanto visitante ao comezo da segunda metade. En 15 minutos os de Pedro Gómez, que perderan o virgo co Volantes, sentenciaban con 3 goles, demostrando a súa melloría a pesar de a mocidade é a protagonista no equipo, pero cada vez está competindo mellor.

O Baíñas tivo que arriscar tralo gol de Juni, e á contra e a balón parado Alex Figueria e Parafita sentenciaban. Recurtou o cadro de Mario de José pero sen tempo.

Outes - Fisterra (1-1)

  • OUTES: Gato, Chúa, Rober, Borja (Rafa), Oki (Saúl), Barral, Martín, David, Manu (Chía), Yago e Piki (Babu).
  • FISTERRA: Norberto (Aitor, min.55), Munitis (Gabi, min.80), Julito, Manuel Cartamil, Robertín, Dani, Yeray, Roco, Guardiola (Asier, min.75), Pablo Lestón e Noé (Breixo, min.60).
  • Goles: 1-0,min.10: Piki; 1-1, min.87: Aitor.

Unha parte para cada un e un empate que pode entenderse como xusto. E iso que chegou o Fisterra en cadro, sobre todo baixo paus, trala expulsión de Andrés, o veterano meta fichado temporalmente, a semana pasada. Boa primeira metade do Outes de Manu Roque que se adiantaba por medio de Piki aos 10 minutos. Tardaba o equipo de Nacho en coller o ritmo do partido e o Outes puido aumentar a renda.

Pero na segunda metade o equipo fisterrán veuse arriba e aproveitou o novo baixón na segunda metade dos da Serra, que repetían os malos costumes das primeiras xornadas. Percutiu durante o segundo tempo o equipo verde pero o empate non chegaría ata o último suspito cun tando de Aitor.


Buño - Volantes (0-2)

Buno na casa-Foto-David Castro
  • BUÑO: Toni, Rubén (Ángel, min.33), Fran Borrazás, Matías, Diego, Jorge Calvete, Uru, Dourado (Dani Calvete, min.80), Víctor (Gurita, min.46), Elías (Casais, min.84) e Charro.
Volantes en Xavina-Foto-David Castro
  • VOLANTES: Marcos, Juan, Nimo, Mayuyo, Miguel, Espi, Brais (Fran, min.80), Moja (Edu, min.65), Picho (Pardelo, min.85), Jesús (Ivi, min.46) e Piri (Suso, min.75).
  • Goles: 0-1, min.33: Piti; 0-2, min.36: Espi.
  • Árbitro: Alejandro Gesto Moral, non estuvo acertado. Amonestou aos locais Elías, Charro e Dani Calvete; e aos visitantes Picholeiro e Edu. Expulsou ao muradán Espi no minuto 45 por dobre amonestación.
  • Campo: Xaviña (Buño), ao que asistiron uns 100 espectadores.
Piti no Buno-Volantes-Foto-David Castro

Partido que se resolviu na primeira metade a prol dos muradáns con dous golazos dos seus mellores xogadores do encontro, a pesar de que Espi foi expulsado antes do descanso por dúas amonestacións consecutivas.

Comezou o partido co Buño levando a iniciativa e incluso tivo dous lanzamentos de falta de Matías para adiantarse pero o xogador branquiazul non foi quen de superar a barreira. E logo desto, pouco a pouco o equipo laranxa foise facendo co control do encontro e as ocasións comezaron a sucederse. Sería Mayuyo cunha falta directa o que probaría a Toni pero o gardameta oleiro enviou a córner o disparo do xogador muradán. Catro minutos despois Brais probaría sorte cun tiro dende a frontal que atraparía Toni en dous tempos. E a partir desto, entrou en acción a dupla Piti-Espi que se convertiu nun auténtico quebradeiro de cabeza para a defensa branquiazul. A media hora de encontro tras unha xogada individual de Espi, Piti non aproveita o pase da morte cando tiña todo ao seu favor. Pero tres minutos despois, non perdonaría o dianteiro do Volantes que definiría de maneira espectacular un gran centro de Espi. E non tardaría en facer o segundo tanto o equipo visitante e tras unha gran xogada combinativa dos visitantes, Iago toca de tacón para Espi, e éste saca un lanzamento co que lle quita as telas de araña a escadra da portería defendida por Toni. Antes do descanso, Toni salva in extremis ao Buño cando Piti se dispoñía a rematar un centro de Espi tras unha internada por banda deste último. O propio Espi sería expulsado antes do pitido final da primeira metade con dúas amonestacións consecutivas.

Á volta do tempo de lecer cun home máis, o Buño dou un paso adiante e foi quen de dominar ata o final do encontro pero sen contar con excesivas ocasións claras de gol. Aos nove minutos da reanudación, Jorge Calvete puido recurtar distancias no instantáneo pero o seu disparo dende a frontal é rexeitado por un defensa muradán cando xa se cantaba o gol. Logo desto, os branquiazuis quixeron facer dano ao conxunto laranxa con máis corazón que cabeza e as ocasións non chegaban. A partir do minuto 80 chegarían os últimos intentos dos oleiros, Elías intentaríao dende a frontal da área pero o seu lanzamento despéxao Marcos con dificultadas, un minuto despois sería Charro o que tería o gol pero un defensa laranxa salva o gol sobre a mesma liña de gol.

E cando faltaba un minuto para que se cumprise o tempo regulamentario, o colexiado non asubiou un clarísimo penalti de Marcos sobre Gurita que ademáis suporía a expulsión do gardameta muradán, ao tratarse do último home. No desconto, os branquiazuis reclamarían outra pena máxima por posibles mans de Pardelo pero o xuíz da contenda non o señalou. Antes do pitido final, Matías sacou un potente lanzamento que fixo que Marcos se tivera que empregar a fondo para evitar o gol.

O Volantes de Baño fixo valer a vantaxe conseguida merecidamente na primeira metade, ademáis de aguantar, cun home menos, as envestidas dos locais durante toda a segunda metade.


Carnota - Cabana (1-3)

Carnota-Cabana-Foto-Cabana
  • CARNOTA: Juan, Ferreiro (Raúl, min.55), Tono da Caixa, Manolo Chouza, Pedro, Iván Maceiras, Pumuky (Berni, min.67), Nico, Adrián dos Lombos (Pablo Pichín, min.77), Pablo Beiro (Boni, min.67) e Manuel Luís (Andrés Fandiño, min.55).
  • CABANA: Añón, David (Eloy), Pepe, Iván de Treos, Ismael, Laik, Iván Mato, Manu Guillamet, Diego (Miki Pose), Charly (Dani Mato) e Berti (Fernando).
  • Goles: 1-0, min.13: Iván Maceiras; 1-1, min.16: Iván Mato; 1-2, min.20: Pepe; 1-3, min.37: Berti.

Igualado partido en Lombáns decidido nunha primeira metade cun pouco de todo. Saíu o Carnota máis metido e pronto Iván Maceiras adiantaba aos de Cambeiro. Pero o rápido gol de Iván Mato, que xa leva 4, cambiou o rumbo do choque, e o resto de primeira metade foi de control visitante. Non pasaron 5 minutos para que Pepe dera a volta ao marcador e antes do descanso Berti case que sentenciaba o choque para os de Perisca.

Na segunda, co Cabana máis contemporizador, o Carnota intentouno pero fáltalle algo de pólvora arriba.

Carnota-Cabana-Foto-Cabana

Castriz - Zas (2-1)

  • CASTRIZ: Diego, Martín, Cilindro, Alex, Dani Martínez (Juni), Uruguayo, Luís, Chinda, Munín, Víctor, Bruno e Bolón (David).
  • ZAS: Anxo, Oli, Fabián (Pereiro, min.60), Josito, Vecino (Darío, min.75), Canedo, Peke, Abel (Manu, min.70), Pablo, Rubio (Dani, min.46) e David Blanco.
  • Goles: 1-0, min.44: Luís dende o medio campo; 1-1, min.62: Abel tras unha falta botada por Diego; 2-1, min.65: Bruno.
  • Expulsión: Luís, con doble cartón contra o final.

Partido moi bonito e disputado entre dous moi bos equipos, dos que gusta tanto ver coma xogar. Luís creaba moito perigo pola banda esquerda para os de Esteban Blanco. Tamén o Zas tiña as súas como unha de Abel que saca Diego na escuadra ou un posible penalti que reclamaron sobre David Blanco.

Abría o marcador Luís cunha boa xogada dende o medio campo ao fío do descanso, un deses goles que fan dano. Pero reaccionou o equipo de Iván Cancela, e comezaba avisando na segunda, pero nin Rubio nin Canedo acertaban. Nese momento as mellores ocasións foron para os zaenses, pero pagaron a falta de puntería. Si que acertaría Abel, tras unha falta botada por Diego, pero sen tempo a dixerir o empate Bruno metía por diante de novo aos xalleiros.

Durante o último treito o Zas rtirou de balóns directos buscando o empate, pero non conseguirían marcar. As mellores as tiveron Rubio e David pero os seus remates marcharon rozando o pau.

Mazaricos - Porteño (4-0)

  • MAZARICOS: Pejo, Miguel, Esteban, Matías, Ricardo, José Ángel (José Manuel, min.70), Estéfano, Pereiro, David (Tuco, min.65), Molinos (Chico, min.55) e Chenel (Ferreiro, min.70).
  • PORTEÑO: Bonano (Brais, min.85), Gabi, Curra (Mario, min.65), Maikol, Manuel, Caamaño (Parga, min.70), Doyle (Rodri, min.60), Óscar, Cachi, Cristian e Wii (Marcos, min.46).
  • Goles: 1-0, min.1: Estefano; 2-0, min.27: Chenel; 3-0, min.44: Chenel; 4-0, min.87: Estéfano.
Mal partido dos da Ponte, que chegaron con 7 baixas a Mazaricos, e que non puideron prantar cara a un bo cadro local. Os de Néstor saíron con todo e xa ao primeiro minuto Estéfano abría o marcador. Pouco a pouco facíanse co control do balón e Chenel deixaba o choque sentenciado antes do descanso. Clave foi o gol ao fío do descanso de Chenel, que remataba co partido.

A segunda metade, xa sen tanta intensidade, foi máis igualada pero só servía para que os amarelos aumentasen a renda.

Crónicas da Liga da Costa

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios