Luns. 29.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: 3 costeiros no grupo de arriba

1ª Autonómica: 3 costeiros no grupo de arriba
Corme-Villestro-Foto-Luis

Irregular a 3ª xornada para os nosos na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. Dúas vitorias, de Baio e Sofán na casa, que lles permiten coller ao Corme, que non puido pasar do empate ante un bo Villestro, na zona alta da táboa. Con 7 puntos, os 3 equipos quedan só por debaixo do Cordeiro, que suma 3 de 3.

Polo demais, o Malpica, sen facer un gran partido, empataba na casa mentres Esteirana e Soneira caían e seguen cun punto na zona perigosa.

A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

Esteirana - Cordeiro (1-2)

  • ESTEIRANA: Fabio, Code, Sui (Chispi, min.46), Dani Rama, Eloi, Pabliño (Uru, min.46), Martín, Álex (Pesco, min.68), Saúl, Adrián (Andel, min.46) e Róber Pladur.
  • Goles: 1-0, min.15: Róber Pladur de penalti; 1-1, min.20: anota o Cordeiro en xogada algo embarullada que deixa ao extremo libre para por o empate; 1-2, min.30: xogada parecida ao gol anterior.

Tarde calurosa no Xosé Luís Vara de Esteiro, Ssen incidencias o colexiado i excelente entrada, con 250 persoas, das cales se notou a ruidosa afección do Cordeiro, desprazando uns 30 siareiros. Polo comezo dos locais facía presaxiar un bo encontro. Os primeiros minutos do encontro foron de combinaciòn e chegadas con perido dos azulgrana ata que chegou o penalti sobre Róber que el mesmo anotaría. O gol fixo efecto contrario na Esteirana que non soubo xogar a favor de marcador, mostrouse imprecisa e cometeu algún erro, metendo así ao Cordeiro no partido. Os visitantes anotaron os dous goles dun xeito similar e sen demasiados merecementos.

Chegouse ao descanso e trocou a Esteirana a cara creando perigo con disparos desde fóra pero a redacción foi un espello e foise diluíndo cos minutos. Todo quedou en moito ímpetu e vontade pero o acerto e oacasións non apareceron. Aínda así tivo Rober un man a man nos derradeiros minutos que safou o porteiro visitante.

Lesende - Soneira (3-0)

Soneira en Lesende-Foto-Oscar Basalo
  • SONEIRA: Anxo, Pichi, Rodri (Alberto, min.46), Maikel, Chans (Figueroa, min.70), Mayor, De la Sierra, Sandelo, Nazo, Basti e Javi.
  • Goles: 1-0, min.58; 2-0, min.87; 3-0, min.89.
  • Expulsión: un xogador local no min.61.

Ten moitas baixas José Ángel Pose pero aínda así non é excusa, e o equipo ten que mellorar. Onte sufrían a pegada dos da Barbanza. O equipo dirixido por un vello coñecido da Costa, Sil, marcaron á hora e sentenciaron nos últimos 5 minutos, despois de que os soneiráns estiveran 20 minutos enriba da meta local, despois dunha expulsión. Pero non foron quen de igualar o marcador, e xa co tempo cumplido e o Soneira volcado, no seu mellor momento, o Lesende remachou a balón parado.

Na primeira, aínda co 0-0, Nazo tivo unha clara ocasión de gol.

Malpica - Amio (1-1)

11 do Malpica ante o Amio-Foto-Luis POrto
  • MALPICA: Abraham, Pablo Díaz, Diego, David Castro, Dani García, Fernando Varela, Joel Pereiro (Almeida, min.75), Alemán, Rodrigo (Kevin, min.46), Diego Alonso (Petís, min.53) e Martín Maradona (Almeida, min.85).
  • Goles: 1-0, min.55: Joel Pereiro remata un centro de Kevin tras un pase en profundidade de Fernando Varela nunha fermosa combinación; 1-1, min.60: tras un mal entedemento entre porteiro e defensa.
  • Expulsión: David Castro por doble cartón (min.80).
 Malpica-co-Amio-2-Foto-Wask-Calvo

Aínda non xogando ben, o Malpica fixo méritos para gañar o partido con comodidade. Tivo a desgraza de fallar un penalti por medio de David Castro, na primeira mitade, e na segunda, ao pouco de marcar o 1-0, recibir un gol en contra por mal entendemento entre porteiro e defensa.

En todo caso, o xogo non foi positivo neste novo Malpica, con moita xuventude, e moitos cambios con respecto ao ano pasado. Ten tempo Óscar Suárez para seguir armando un equipo competitivo.

En todo caso, a segunda metade foi mellor, pero sen acerto cara gol. TIvo unha boa Petís, e xa no desconto, Joel puxo en apretos ao meta visitante cun centro que non atallou ben e case se cola, e a defensa tivo que sacar outro tiro de Petís baixo paus despois de superar ao porteiro.

Capítulo aparte merece o colexiado. Nun partido donde apenas houbo patadas o Malpica acabou con un expulsado por roxa e uns cantos xogadores con amarela.

Imaxe do Malpica-Amio-Foto-Wash Calvo

Baio - Silleda (3-1)

Baio - Silleda-Foto-Santi Soneira
  • BAIO: Dani, Yago (Fachal, min.46), Mario, Eloy, Costiña (Porto, min.70), Martín, Brais, Bieito, Saleta (Alberto, min.54), Christian (Rubio, min.86) e MC.
  • Goles: 0-1, min.8; 1-1, min.51: MC; 2-1, min.57: Alberto; 3-1, min.86: Rubio.
Baio - Silleda-Foto-Santi Soneira

Segue o Baio inmellorable neste comezo de campaña. Os de Félix seguen practicando un fútbol máis que aceptable e eficaz ademaism superando ademais situacións adversas como as se viviron o domingo no Platas Reinoso. O choque comezaba co gol visitante, que deixaba aos baieses coa necesidade de coller o balón e ir cara arriba.

Pero sen presas, con cabeza, e xogando o balón, o equipo costeiro foi facéndose co partido. A remontada non chegou ata a segunda metade, cando nuns fantásticos primeiros 15 minutos MC e Alberto daban a volta ao marcador. Xa contra o final, despois de varios conatos de reacción dos visitantes, Rubio, nada máis entrar, anotou o gol que servía para pechar o partido.

Corme - Villestro (1-1)

Alejo autor do gol do Corme ante o Villestro-Foto-Luis
  • CORME: Javi, Dani, Jesús, Adolgo, Diego, Brais, Toniño, Adrián Doldán, Juan Chans, Alejo e Lucas. Tamén: Joshua, Suso, Jose, Antonio, Alejo Figueroa.
  • Goles: 1-0, min.15: Alejo de penalti; 1-1, min.52.
  • Lesión: Adrián Doldán.

Non pasou do empate o Corme no Cairo ante un gran Villestro, o 3º o ano pasado, un equipo forte que non deixa de intertar xogar o balón. Os cormeláns fixeron unha gran primeira metade na que Alejo adiantaba aos seus dende os 11 metros, como vemos no vídeo de Fin Lema:

Na segunda, o Villestro foise asentando no terreo de xogo e pronto empatou. O control de balón foi sempre dos locais pero na segunda o Villestro estivo moito máis seguro e non deixou fisuras.

Sofán - Puebla (4-1)

  • SOFÁN: Bugy, Sito, Javi, Félix, Pablo, Maneiro, Boedo, Iván Rojo, Luís, Leilán e Raúl.
  • Goles: 0-1, min.55: á contra; 1-1, min.60: Iván Rojo de penalti sobre Raúl; 2-1, min.70: Bertín de cabeza nun córner; 3-1, min.75: Félix de cabeza nun córner; 4-1, min.80: Iván Rojo nunha contra.
Sofan - Puebla no Carral-Foto-SD

Partidazo do Sofán nun ateigado Carral, que demostra estar disfrutando da categoría coma poucos. Fixo un gran primeiro tempo o cadro de Josito no que se puido adiantar ata en 3 ocasións, cuns primeiros 20 minutos que tiñan que tes sentenciado o partido, pero unhas veces o gardameta visitante, e outras a falta de pericia dos dianteiros locais fixo que o marcador fora igualado ó descanso. Xusto antes, incluso Eloy Boedo estrelou un balón no pao

Pero o Puebla saía máis enchufado na segunda, con 20 minutos de control e un gol que os adiantaba. Gol que espoleou aos locais que levantaron o partido con varias xogadas a balón parado, un dos puntos fortes do equipo carballés. A xogada chave, o penalti forzado por Raúl que non marrou Iván Rojo. A partir do empate, os locais destrozaron ao Puebla con gran fortaleza.

Sofan-Puebla-Foto-SD

Crónicas da 1ª

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios