Martes. 14.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Xornada de goles "comarea"

Xuvenís: Xornada de goles "comarea"
Ponteceso-Cabana Xuvenil-Foto-Ponteceso

Terceira xornada das Ligas Xuvenís locais, con varias notas predominantes. Como a superioridade do Dumbría polo Sur, cuns números que asustan. E coa igualdade polo Norte, con só dous equipos no máis alto.

Pero a nota a destacar son os goles que se están a meter na categoría, desta volta, 51 goles en 10 partidos!

banner-tenda-maisdeporte-cee

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 3

Parece que o Dumbría vai a outra cousa, pero polo menos o resto da competición parece que vai estar bonita e os dous postos para a Liguilla de ascenso van estar moi pelexados. Parece que XSC, Os Miúdos e Esteirana están moi igualados, pero haberá que ter en conta tamén a Cee e Fisterra, que comezaron a gañar esta fin de semana precisamente aos Miúdos e a Outes.

Muxía - EF Corcubión (6-0)

  • MUXÍA: Ancho, Andrés, Samuel, Rubén (Ander, min.50), Chori (Osil, min.65), Esteban, Marco, Jose (Iván, min.70), Paulo, Víctor Alcaina e Tomás.
  • CORCUBIÓN: Abraham, Samu, Chava, Miguel, Oca, Germán, Goche, Guille, Óscar, Mario e Tito. Tamén xogaron: Mesejo, Isma, Joselu e Pepo.
  • Goles: 1-0: Jose; 2-0: Tomás ; 3-0: Paulo; (descanso); 4-0: Víctor Alcaina; 5-0: Ander; 6-0: Samuel.

Pouco que facer este noviño Corcubión, que malia contar con 4 novos xogadores procedentes dos retirados cadetes, Senra aínda ten moito traballo por diante. O Muxía de Javier Lema, xa máis formado, non tivo piedade e xa no primeiro minuto Jose inauguraba o marcador, e ao descanso o partido xa estaba sentenciado con 3-0.


Fisterra - Outes (2-1)

  • FISTERRA: Aarñon, Jose, Breixo, Iago, Andrés, Gabi (Efrén), Manute, Gabi, Asier, Álex (David) e Adri.
  • OUTES: Cutu, Brión (Fabio), César, Simón, Serxio (Xurxo), Álvaro, Joel, Samu, Adri, Veleiro e Borja (Saúl).
  • Goles: 1-0, min.5: Álex; 2-0, min.20: Álex; 2-1, min.33: Veleiro.

Gran partido entre dous dos equipos que poden estar arriba. Quedou cos puntos o Fisterra de Falito, cunha meirande pegada tras un partido no que a primeira metade foi de cor verde e a segunda negra e blanca.

Comezou o equipo local mandando, e de feito aos 20 minutos Álex xa anotara dous tantos para os fisterráns. Tardou en reaccionar o equipo de Manu Roque pero Veleiro recurtaba á media hora.

Cambiaron as tornas na segunda, cun Outes máis metido no campo contrario, pero sen pegada. Intentouno pero a defensa fisterrá estivo mellor que a dianteira dos da Serra e o marcador non se movería.


Cee - Os Miudos (2-1)

  • CEE: Maikel, Jicho, Tivi, Borja, Rubén, Castillo, Yago, Pablo, Samuel, Xoán e Alex. Tamén xogaron: Xabier, Isma, Juanjo e Brais.
  • OS MIÚDOS: Sandre, Eloy, Anxo, Cristian, Yeray, Airan, Miguel Tajes, Hugo, Juanche e Samuel. Tamén: Xabier, Licerino, Jorge e Saúl.
  • Goles: 0-1, min.40: Miguel; 1-1, min.63: Isma; 2-1, min.74: Samuel.

Partido moi trabado e igualado entre dous dos que van estar pelexando polos 3 primeiros postos. Co vento a favor o cadro de Mané Senande tivo varias ocasións na primeira metade, cun Samuel moi activo pero menos acertado que outros dúas, estrelando un balón ao pau e outro por medio de Hugo. Así e todo, Miguel adiantaba aos muradáns ao fío do descanso.

Na segunda, os Penedo e Angeliño, coa axuda do vento, viñéronse arriba. Un balón ao pau de falta avisou e os goles de Isma e Samuel serviron para dar a volta ao marcador. A partir de aí o partido parouse demasiado e mesmo non había balóns no campo. O cadete Xabi tivo contra o final o empate para os muradáns pero salvou Maikel.


Dumbría - Castriz (10-0)

  • DUMBRÍA: Paulo, Charly, Canario, Jose, Miguel, Mauro, Pablo, Marcote, Isma, Juan de Dora, Luís e Josiño. Tamén xogaron: Abuelo, Yeray, Maikel, Edu e Lucas.
  • CASTRIZ: Víctor, Luís, Cristian, Roi, Calvo, Joni, Balsa, Rony, Miguel, Alex e Redondo. Tamén xogaron: Cambón e Javier Espasandín.
  • Goles: Juan de Dora (4), Luís (2), Macote (2), Edu e Isma.

Seguen os de Óscar Leis e Diego Lobelos intratables. 34 goles a favor e 1 en contra en 3 partidos dan conta da superioridade este equipo, ao que a categoría parece que xa se lle queda pequena. O marcador, con 5-0 ao descanso, xa daba conta da superioridade local.


Xallas StComba - Esteirana (2-0)

  • XSC: Cote, Parri, Fabián, Rubén, Pérez (Carlos, min.46), Adrián, Anxo (Isma, min.66), Sergio (Oreiro, min.80), Pablo (Xoel, min.74), Tefi e Chiqui (Dani, min.70).
  • ESTEIRANA: MJ, Sergio, Brais, Borja, Tobío, Tiko (Jaime, min.63), Damián (David, min.63), Adrián, Manu Yi, Fabio (Áxel, min.35) e Juan.
  • Goles: 1-0, min.30: Anxo tras tiro a porta desde o punto de penalti, rexeite do porteiro, remacha e anota. 2-0, min.64: Sergio despois do saque dunha falta centrada que se cola tras non acertar ninguén da defensa.
  • Lesión: Fabio tras unha forte entrada dun rival no minuto 34.

Gañou un XSC serio e ordenado, que se encumbra na zona alta da clasificación e se mostra como un conxunto duro de batir no seu feudo. Venceu á Esteirana nun encontro mañanceiro e soleado, sen moitos apuros. Dominaron os locais, tratando de levar o mando na primeira con moitas aperturas a bandas e levando o perigo polos extremos, cun Chiqui moi activo. Sacudíase a Esteirana este dominio con chegadas perigosas pero sen acerto, un olfato que mostraron os xalleiros no segundo período na única chegada deste tempo.

Un primeiro gol de Anxo mediada a primeira parte desnivelou o encontro para darlle vantaxe aos locais pero a Esteirana non lle perdeu a cara ao partido e seguiuno intentando con boas combinacións entre os seus xogadores de liña de creación.

Trocaron as tornas despois do descanso pero sen crear perigo os visitantes, que sí anotaron tras un córner e foilles anulado polo colexiado. Un par de boas accións da Esteirana desbaratadas por un gran Coke para dar paso ao bonito gol de Sergio de cabeza tras centro lateral. A partir de aí os locais trataron de non arriscar pero a Esteirana marrou outra clara ocasión ante un gran Cocke.


Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 3

Máis igualada parece a Liga Norte, con só Coristanco e Cabana en cabeza con 3 vitorias en 3 partidos. O Coristanco daba conta do noviño Malpica, mentres que o cadro cabanés superaba ao Ponteceso. Camariñas, Corme e Porteño seguen de preto aos líderes, polo que a loita será xeitosa.

Corme - Baio (6-1)

  • CORME: Fran, Sergio Fariña, Rubén, Koeman, Cristian, Eloy Villar, Eloy CR, Isma, Quique, Isaac e Manu. Tamén xogaron: Bruno, Samu, Ángel, Aitor e Iago.
  • BAIO: Jose, Pablito, Miguel, Jose Antonio, Rai, Alberto, Paco, Javier, Alfonso, Santi Díaz e Fariña.
  • Goles: 0-1, min.27: Alfonso; 1-1, min.29: Manu; 2-1, min.50: Sergio Fariña; 3-1, min.52: Eloy Villar; 4-1, min.54: Manu; 5-1, min.65: Isma; 6-1, min.78: Samu.

Partido xogado o sábado a mañá por mor do Depor-Madrid da tarde e a o que os rapaces querían acudir a ver xa fora en directo ou na TV. Empezou máis forte o Corme tendo oportunidades nos primeiros compases pero o Baio conseguiu superar eses inicios con dúbidas e foise asentando no campo hasta poder nivelar a contienda e mesmo adiantearse cun gol de Alfonso mediada a primeira parte. Pero case a continuación igualaba o equipo local e volvía a collelo mando do partido. Puido adiantarse de novo o Baio nas prostimerías do primeiro acto cunha boa combinación entre Santi e Fariña que estragou na raia de gol a defensa do Corme.

Tralo descanso e, ao igual que lle ven pasando nos outros partidos, comezo nefasto do CD Baio, o que unido ó bo facer do Corme permitiu adiantarse a estes que xa foron moi superiores ata o final do partido e o que o CD Baio foi incapaz de dar réplica de ningunha maneira. En apenas 6 minutos o Corme se colocaba 4-1, destacando o xogo bo por momentos combinativo dos rapaces de Corme, a os que da gusto ver xogar. O CD Baio moi o seu pesar segue acudindo os partidos cos xogadores xustos, esta xornada Julio só puido contar con 11.


Ponteceso - Cabana (2-5)

Ponteceso-Cabana Xuvenil-Foto-Ponteceso
  • PONTECESO: Santos, Rubén, Mourelle, Pablo, Regueiro, Fabián, Ismael, Pedro, Iván, Diego, Pablo Pailos e Eloy. Tamén xogaron: Adrián, Busto, Silvio, Javi Fandiño e Esteban.
  • CABANA: Vázquez, Raúl (Reijía, min.38), Grille (Javi, min.64), Aurelio (Laik, min.50), Kevin, Mateo, Martín (David Muíño, min.62), Redondo (Alex, min.64), Oliver, Ferreiro e Pablo.
  • Goles: 0-1, min.8: Pablo; 1-1, min.10: Eloy de falta; 1-2, min.13: Ferreiro; 1-3, min.42: Ferreiro; 1-4, min.63: Laik de cabeza; 2-4, min.65: Eloy; 2-5, min.70: Laik marca de tacón.

Partido feo, con pouco fútbol. Iso si, foi un prantexamento moi serio dun Cabana lixeiramente superior a pesar do tolo comezo que colocaba o 1-2 no marcador antes dos primeiros 15 minutos. Foron claves as xogadas a balón parado, pois o equipo de Óscar Mingui antonou 4 dos seus 5 goles en accións de estratexia. Souberon ademais aproveitar as facilidades da defensa pontecesá.

Era un partido especial para o míster pontecesán, Carracedo, que se enfrontaba a moitos dos seus pupilos do ano pasado. Foi un agradable reencontro entre amigos.

O susto da xornada chegou contra o final, debido ó choque que houbo entre Ferreiro e Ismael. O xogador cabanés tivo que ir ao Hospital pero finalmente non foi nada grave, mais da dor de cabeza que lle quedou ao bo de Ferreiro..

Ponteceso-Cabana Xuvenil-Foto-Ponteceso

Porteño - Laxe (4-2)

  • PORTEÑO: Brais, Xoel, Bruno, Aarón, Gonzalo (Dani, min.80), Mario (David, min.75), Rodry, Jordi (Robi, min.46), Oli (Matías, min.70), Anxo e Maikel (Martín, min.80).
  • LAXE: Diego, Sergio, Uxío, Galgo, Cebri, Cristian, Martín, Adrián, Elías, Nico e Domínguez.
  • Goles: 1-0, min.4: Maikel de vaselina; 2-0, min.22: Oli; 2-1, min.23: Elías; 2-2, min.44: en propia meta nun barullo na área tras un córner; 3-2, min.55: Maikel; 4-2, min.66: Matías.
  • Lesión: o laxense Nico cunha brecha na cabeza que deixou ao equipo con 10 no min.60.

Partido sosón, con moito balón aéreo, que arrincaba o partido con dominio do cadro local que dirixe o presi Ordóñez. Pronto marcaría Maikel cunha fermosa vaselina ao meta laxense; e Oli ampliaba a renda aos 20 minutos nunha xogada por banda. Sen tempo, Elías recurtaba e devolvía ao Laxe ao partido. Puido ampliar a vantaxe antes do descanso o Porteño pero non acertaron e un gol en propio empataba o choque ao fío do descanso.

Saía o Laxe con todo na segunda e Brais tivo que sacar dous balóns de Adrián, Elías e Domínguez, que parecían gol, nos mellores minutos do Laxe en todo partido. Pero o Laxe, que chegaba con 11 xustos (entre eles 2 porteiros), quedaba con 10 pola lesión de Nico, que nun choque fortuito sabríase unha brecha na cabeza.

Pouco a pouco o Porteño ía recuperando o balón e o segundo de Maikel, o terceiro para os locais, foi clave, pois a partir de aí levaron o peso do partido ante un Laxe que se deixou ir. Matías marcou o 4º e Maikel non culminou o seu hat trick ao fallar unha pena máxima.


Zas - Camariñas (1-3)

  • ZAS: Sergio, Alberto (Rubén, min.63), Darío, Brais, Julián (Lody, min.80), Cristian, Manu, Dani, Mato, Adrián, Álvaro (Boli, min.80) e Andy (Juan, min.46).
  • CAMARIÑAS: Joseluis, Pose, Miguel, Sergi, Facundo, Felipe, Juan, Alvaro, Espi (Chuki, min.75), Javi e Dani (Brais, min.50).
  • Goles: 0-1, min.22: Javi; 0-2, min.38: Sergi de penalti; 1-2, min.62; Dani Mato; 1-3, min.72: Espi.
  • Expulsión: o camariñán Felipe por doble cartón ao comezo da segunda.

Partido moi igualado o sábado que leva un Camariñas de Luís da Kecha e Baña con moi boa pinta. Aproveitou a primeira metade o Camariñas para meterse por diante por medio de Javi, un superclase que xa leva 10 goles en 3 partidosm e Sergi de penalti.

Saíu na segunda máis enchufado o Zas de Martín, arriscando cunha defensa de 3, e levando o control do balón pero con pouca profundidade, e pouco acerto cara gol, ante a baixa do seu home-gol, Andrés. Aínda así, Dani Mato meteu no partido aos locais pero pouco despois o Camariñas matou o choque nunca contra. Non sufríu o cadro camariñán a pesar de xogar cun home menos case toda a segunda metade.


Malpica - Coristanco (0-3)

11 do Malpica Xuvenil 14-15-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Manuel; Miguel (Carlos, min.63), Gende, Cristian Villar, Sebas, Brais Álvarez (Chechi, min.66), Petís (Arcay, min.46), Xulián, Eloy, Yiño e Adrián.
11 do Coristanco Xuvneil en Malpica-Foto-Luis Porto
  • CORISTANCO: Alberto, Javi López, Mol, Varela, Navarro, Manuel, Jorge, Joni, Sergio, Bardanca e Fabio. Tamén xogaron: Brais, Corral, Iván Anido, Gabriel e Álvaro.
  • Goles: 0-1, min.15: Varela tras uns rexeites á saída dun córner; 0-2, min.40: Varela de novo tras un córner; 0-3, min.55: Joni remata de tacón un centro de Sergio.
Capis do Malpica e Coristanco Xuvenil-Foto-Luis Porto

Segue este Coristanco de Lorenzo Italia segue sumando, e superou un partido moi bronco, sobre todo no segundo tempo, ante un Malpica tremendamente romo en ataque. Nin unha soa vez se aproximaron os xuvenís da SCD Malpica á portería visitante, i é que hai demasiadas caras nos de Fernando Varela.

Aproveitou dous balóns mortos dentro da área local Varela á saída de sendos córners para meter o 0-2 antes do descanso. Saíu máis agresivo o Malpica na segunda, pero Joni, cun fermoso taconazo a centro de Sergio, sentenciaba o partido. Manuel e Corral puideron ampliar a renda pero o pau repeliu os seus tiros, mentres en Malpica un dos seus marchaba do campo facendo xestos obscenos aos pais visitantes.

Crónicas dos Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios