Primeira fin de semana de outono e os campos da Costa seguen sumando partidos. Esta derradeira fin de semana de setembro os partidos xa van collendo tintes de importancia.
Comezamos o repaso pola Preferente - Senra Sport na que os nosos sumaron en casa. Non foi mala a xornada pero o Dumbría puido tela completado cunha vitoria pero o Negreira sacou un puntiño do Conco. Quedan agora, trala vitoria do XSC ante o Escairón, os dous equipos costeiros con 8 puntos, empatados co 5º clasificado.
E se hai dúas semanas era o Corme o líder da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, hoxe sobe ao máis alto do podio o Baio. Vencían os de Félix en Bertamiráns e se colocan con 10 puntos, empatados co Cordeiro e Flavia pero cun 8-3 en goles a favor que o pon de líder. Non pasaron do empate, soso e sen goles, o Sofán e o Corme nas súas saídas ante o Cordeiro e ante o Silleda, pero se manteñen entre os 5 primeiros. Ademais, o Malpica caía ante o Villestro con rotundidade quedando con só 2 puntos.
O partidazo da semana era o derbi, xa case que de urxencia, entre Soneira e Esteirana. Os vimianceses vencían cun claro 4-0 e saen da zona baixa deixando aos blaugranas de pechacancelas da categoría.
Igualadísima está a parte alta da 2ª Autonómica - ES Bazarra. Ata 7 equipos con 9 puntos, e outros 3 con 7 trala 4ª xornada. É o Castriz, tralos 5 que lle endosou ao Cabana nas Redondas, o líder. Por abaixo, quedan sen sumar aínda Montelouro, Camelle e Carnota, e ollo ao Camariñas, con só 1 puntos despois de caer no derbi da Grixa, e ao Fisterra, con 2 puntos gracias ao seu empate ante o Baíñas.
Ponse o Lira só no máis alto da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira con 9 puntos tras superar, apuradamente, ao Muxía. Por detrás, con 7, Ameixenda, que vencía ao Castrelo, Coristanco, que descansaba, ambos cun patido menos, e Nantón, que desbancou ao Corcubión dos postos altos. Ademais, a xornada serviu para ver a primeira vitoria do Cerqueda, con rotundidade, ante un Laxe que suma só un punto, mentres o Muxía é o único sen estrear o taboleiro dos puntos.
A nova da semana na Liga Xuvenil Sur - MáisDeporte protagonizouna o cadro dos Miúdos, que freou a un Dumbría que viña cunha marcha máis que o resto. Quedan agora os dumbrieses con 10 puntos, só un máis que o XSC, que venceu en Outes, e que a Esteirana, que daba conta do Cee. Os Muídos quedan con 7 puntos.
Mentres, no Liga Xuvenil Norte - MáisDeporte, Coristanco e Cabana seguen contando por vitorias os seus encontros, pero desta volta tiveron que sufrir para superar, pola mínima, a Porteño e Malpica respectivamente.
Triple derrota e comeza a facerlle falta unha vitoria aos equipos costeiros das ligas autonómicas, os tres cun só punto tras 3 xornadas. O Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría. que caía na casa. Tres cuartos do mesmo para o XSC na Liga Galega Cadete tras deixar marchar os puntos da casa ante o Lugo B, con igual resultado que os infantís dumbrieses ante a visita do Portuarios.
Impresionante arranque das Baleas na 1ª Cadete, con 3 de 3 e esta semana endosándolle 10 ao Sofán. Mentres, na 1ª Infantil son 2 os equipos con 9 puntos, Esteirana e XSC.
E para rematar, os Veteranos continúan en marcha. Xa non quedan equipos con pleno de vitorias, pois o Baio lograba empatarlle ao Hosgran, antigo Corcoesto, na 1ª División. Ponse o Soneira tamén con puntos.
Na 2ª División, a sorpresa é o novo San Isidro-Razo, xa líder trala súa goleada de escándalo ao Poniente, e con moi bos números, igual que o Agualada.
| Dumbría | 1-1 | Negreira |
| Xallas StComba | 1-0 | Escairón |
| Villestro | 4-1 | Malpica |
| Soneira | 4-1 | Esteirana |
| Silleda | 0-0 | Corme |
| Cordeiro | 0-0 | Sofán |
| Bertamiráns B | 0-2 | Baio |
| Cee | 1-3 | Buño |
| Zas | 2-1 | Montelouro |
| Cabana | 0-5 | Castriz |
| Seaia | 2-0 | Carnota |
| Porteño | 2-1 | Camariñas |
| Camelle | 0-2 | Mazaricos |
| San Lorenzo | 2-1 | Ponteceso |
| Fisterra | 1-1 | Baíñas |
| Volantes | 0-3 | Outes |
| Ameixenda | 2-0 | Castrelo |
| Lira | 2-1 | Muxía |
| Nantón | 2-1 | Corcubión |
| Cerqueda | 4-0 | Laxe |
| Os Miudos | 1-1 | Dumbría |
| Esteirana | 4-1 | Cee |
| Outes | 2-4 | Xallas StComba |
| EF Corcubión | 2-4 | Fisterra |
| Castriz | 3-2 | Muxía |
| Cabana | 3-2 | Malpica |
| Laxe | 2-3 | Zas |
| Coristanco | 2-1 | Porteño |
| Baio | 1-1 | Ponteceso |
| Camariñas | 3-2 | Corme |
| Coristanco | 1-5 | Os Miudos |
| Esteirana | 2-1 | Cee |
| Outes | 2-3 | Fisterra |
| Ponteceso | 2-2 | Corme |
| As Baleas | 10-0 | Sofán |
| Baio | 2-1 | Muxía |
| Cabana | 0-1 | Xallas StComba |
| Cee | 4-1 | E.M.F. Vimianzo |
| Fisterra | 11-0 | Ponteceso |
| Corme | 6-1 | Coristanco |
| Esteirana | 6-3 | Zas |
| Outes | 2-3 | Os Miudos |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 3
| Bértoa | 0-3 | Dumbría |
| San Román | 2-1 | Cabana |
| Castriz | 0-3 | Laxe |
| Ponteceso | 2-5 | Soneira |
| Zas | 4-1 | San Lorenzo |
| Baio | 1-1 | Hosgran |
- Descansa Coristanco.
- Xuv. Berg - Milagrosa aprazado.
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 3
| Dep. Carballo | 2-1 | Sofán |
| Corcoesto | 0-0 | Camariñas S.D.V |
| Erbecedo | 3-1 | Cerqueda |
| San Isidro-Razo | 12-1 | Poniente |
| Buño | 0-3 | Malpica |
| Agualada | 4-0 | Nantón |
| Vimianzo | 1-3 | Leiloio |
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).