Venres. 03.05.2024
El tiempo

Preferente: Punto a punto con boas sensacións

Preferente: Punto a punto con boas sensacións
XSC en Noia-Foto-Mca Cuns Alvite

Vale o punto colleitado fóra de casa por Dumbría e XSC nesta 4ª xornada da Preferente - Senra Sport. I é que os empates foron en dous campos tan complicados como Noia e Betanzos. Ben é certo que o Noia é un recén ascendido e o Betanzos un recén descendido que aínda non lle colleu o pulso á categoría (este foi o seu primeiro punto), pero os adestradores dan por bos os puntos.

Un punto para cada taboleiro, e boas sensacións nos dous equipos neste treito inicial de campaña.

Senra Sport patrocina a Preferente

Noia - Xallas StComba (1-1)

  • XSC: Julián, Rubén Forján, Darío (Rubio, min.65), Aarón, Alberto, Jota, Doro, César, David Baña (Choco, min.80), Jesús e Arnejo (Pablo Muíño, min.75).
  • Goles: 0-1, min.52: Jesús; 1-1, min.77: de penalti.

Arrincou un punto o cadro de Coméndez de Noia, despois de xogar mellora durante a primeira metade na que foi superior o cadro xalleiro con claras ocasións de Arnejo, Jesús, Doro e Baña. O Noia non estaba a facer un bo partido e os xalleiros dominaban e non sufrían atrás.

A segunda comezaba co gol de Jesús, e o Noia veuse arriba, e apretou sobre a meta de Julián, buscando un empate que só conseguiron de penalti. Un empate xusto para seguir sumando.

Betanzos - Dumbría (1-1)

  • DUMBRÍA: Iván; Tantán (Carreira, min.65), Iago, Braian, Kevin, Aarón, Adrián Makaay (Róber, min.60), Cote (Luisito, min.46), Adrián Nieto, Rivi (Jesús, min.46), e Diego Cespón.
  • Goles: 1-0, min.60; 1-1, min.77: Adrián Nieto.

Visitaba o Dumbría un campo tan mítico como o García Hermanos, cun campo moi ancho e grande e ante un equipo recén descendido, moi noviño, e aínda sen collerlle o pulso á categoría. Era unha boa ocasión para arrincar os 3 puntos, pero os de Canosa volven satisfeitos co empate e co traballo feito.

Aarón tivo un bo remate de cabeza e Diego Cespón non acertou a remachar un balón morto na área tras un barullo, se ben as mellores ocasións as tiveron os locais que se atoparon cun espectacular Iván baixo paus, que salvou un punto.

Debutaba esta temporada co primeiro equipo o xuvenil Roberto, que xa xogada algún partido o ano pasado.

Crónicas de Preferente - Senra Sport

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios