Venres. 03.05.2024
El tiempo

A Crónica e os 60 resultados da última xornada de verán no Fútbol da Costa

A Crónica e os 60 resultados da última xornada de verán no Fútbol da Costa
Demetrio e Sebas loitando no Corcubion-Lira-Foto-Luis

Nova xornada completa de Fútbol costeiro, e xa saben que estivo a pleno rendemento a APP e a plataforma de táboas www.futboldacosta.com cos 60 partidos en liza. Ademais, lembren que no Facebook do Fútbol da Costa apuntamos todas as novidades relacionadas co deporte reí.

Pero xa, sen máis, facemos a análise desta última fin de semana de verán, comezando pola Preferente - Senra Sport, nunha xornada na que os nosos colleitaron un puntiño fóra de casa que lles serve para manterse na zona media-alta. Con 7 puntos queda o Dumbría despois de empatar nada menos que en Betanzos, e iso que o cadro vermello aínda non lle colleu o puso á categoría. Importante o punto do cadro de Coméndez en Noia.

Xornada completa en 1ª

Non puido o Corme manter o liderato na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, pois o poderoso Villestro arrincou un empate do Cairo. Non foi unha xornada fantástica para os nosos, pero si que Baio e Sofán venceron na casa e se colocan con 7 puntos, igualando ao Corme, ben arriba na táboa. Caeron Soneira e Esteirana, quedando cun puntiño, mentres o Malpica sumou o seu segundo punto en casa ante o Amio.

Igualdalde na Liga da Costa e na 3ª

Quedan Volantes e Cee sós no máis alto da clasificación da 2ª Autonómica - ES Bazarra. Os muradáns comezan a campaña como motos superaron a un Buño que viña coa 5ª marcha metida dende o inicio da Liga. O Cee trouxo de volta os 3 puntos do Agra da Filgueira, e suma tamén 9 puntos.

Non temos ningún equipo con 7 puntos, e un grupo de 7 equipos con 2 vitorias no taboleiro, quedando só Carnota, Camelle e Montelouro sen inauguralo.

E non quedan xa equipos que sumen encontros por vitorias na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. Caía o Lira en Corcubión nun dos partidazos da xornada entre dous dos aspirantes ao ascenso directo. Quedan empatados con 6 puntos, por detrás dun Coristanco que vencía, na casa ante o Muxía (alteraron a orde do partido), que suma 7 puntos. Só o Muxía, cun partido menos, queda sen estrear o taboleiro de puntos.

De Xuvenís

Segue sendo a superioridade do Dumbría a nota predominante na Liga Xuvenil Sur - MáisDeporte. 34 goles a favor e 1 en contra levan os de Lobelos e Leis, tras meter 10 ao Castriz. O choque da xornada era o XSC-Esteirana que deixa aos dous equipos igualados con 6 puntos. O Cee ademais parou o bo comezo dos Miúdos.
Polo Norte, Coristanco e Cabana destácanse como líderes tras vencer en Malpica e Zas.

Ligas Galegas

Primeiro punto, en Coruxo, para o Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría e para o XSC, ante o Conxo, na Liga Galega Cadete. Parece que pouco a pouco os equipos comezan a asentarse.
Queda aínda sen sumar o Dumbría da Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, despis de caer na casa ante o Bergantiños.

Nova xornada das ligas locais

As Baleas e Corme son os líderes da 1ª Cadete, con 6 puntos en dous partidos. Mentres, en 1ª Infantil, son Outes, XSC e Esteirana os que suman 2 de 2.

Erro nas actas de Veteranos

E a xornada nas Ligas de Veteranos tivo o detalle informativo no choque entre Soneira e San Lorenzo. O partido rematou 1-1, pero o colexiado puxo na acta 0-1, se ben corrixíu cun anexo o resultado, que queda finalmente en empate.
Polo resto, cómpre destacar o liderato do Hosgran na 1ª División. O novo Corcoesto vencía con claridade ao Bértoa e é o único que suma 2 de 2 se ben varios equipos só levan un partido. Na 2ª División, son 4 os equipos con 6 puntos: San Isidro, Porteño, Camariñas e Agualada.


Preferente - Senra Sport, xornada 4

Noia 1-1 Xallas StComba
Betanzos 1-1 Dumbría

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 3

Esteirana 1-2 Cordeiro
Lesende 3-0 Soneira
Malpica 1-1 Amio
Baio 3-1 Silleda
Corme 1-1 Villestro
Sofán 4-1 Puebla

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 3

Montelouro0-2 Cee
Camariñas 0-0 Seaia
Ponteceso 2-1 Camelle
Baíñas 1-3 San Lorenzo
Outes 1-1 Fisterra
Buño 0-2 Volantes
Carnota 1-3 Cabana
Castriz 2-1 Zas
Mazaricos 4-0 Porteño

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 3

Laxe 0-1 Nantón
Corcubión 3-2 Lira
Castrelo 0-0Cerqueda
Coristanco 3-2 Muxía
  • Descansa Ameixenda.
  • Coristanco-Muxía alteran a orde e xogan na Rocheira.

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 3

Muxía 6-0 EF Corcubión
Fisterra 2-1 Outes
Cee 2-1 Os Miudos
Dumbría 10-0 Castriz
Xallas StComba 2-0 Esteirana

Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 3

Corme 6-1 Baio
Ponteceso 2-5 Cabana
Porteño 4-2 Laxe
Zas 1-3 Camariñas
Malpica 0-3 Coristanco

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 12

Coruxo0-0Dumbría

Liga Galega Cadete, xornada 2

XSC0-0Conxo

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 2

Dumbría0-3Bergantiños

1ª Cadete, xornada 2

Muxía 2-4 Esteirana
Cabana 1-1 Ponteceso
As Baleas 3-1 Outes
Cee 2-2 Fisterra
Sofán 1-9 Coristanco
Corme 8-2 Baio
  • Descansa Os MIúdos.

1ª Infantil, xornada 2

Coristanco 1-2 Esteirana
Ponteceso 1-2 Corme
E.M.F. Vimianzo 6-3 Sofán
Zas 0-5 Outes
Os Miudos 4-2 Cabana
Xallas StComba 4-2 Cee
  • Descansa Fisterra.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 2

San Román3-1 Zas
Cabana 0-1 Baio
Hosgran4-1 Bértoa
Dumbría 3-0 Castriz
At. Milagrosa 0-2 Ponteceso
Soneira 1-1 San Lorenzo
Laxe Aprz. Coristanco
  • Descansa o Xuv. Bergantiños.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 2

Corcoesto 2-1 Vimianzo
Camariñas 5-2 Dep. Carballo
Sofán 1-2 Erbecedo
Cerqueda 1-3 San Isidro-Razo
Poniente 0-2 Buño
Malpica 1-3 Agualada
Nantón 3-6 Porteño
  • Descansa Leiloio.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios