Completa esta xornada de ponte, mesmo pasda a Previa da Copa da Costa deste luns, no Fútbol da Costa.
E comezamos o repaso pola Preferente - Senra Sport, con sorte dispar para os nosos. Tralo derbi da semana pasada e os resultados desta, o XSC case alcanza ao Dumbría na metade da táboa. Os dumbrieses colleitaban unha derrota ante O Val e a vitoria dos xalleios na casa ante o Chantada. Queda o cadro de Canosa e Lobelos na 9ª praza con 22 puntos, polos 21 na 10ª dos de Coméndez.
Xornada dispar para os representantes costeiros na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. O líder, o Sofán, caía ante todo un Villestro, que recorta 3 (ou 6) puntos e se coloca a 6. Pero polo medio queda o Baio, que non fallaba ante o Cordeiro na tardes sabatina e queda a 4 dos carballeses. Pola zona morna colócase o Corme, que trala segunda vitoria seguida parece romper definitivamente a terrible xeira de malos resultados dos dous últimos meses. Iso si, hoxe a vitoria chegada nun derbi ante a Esteirana, deixando aos muradáns na penúltima praza. Mala xornada para o Malpica, que ademais da derrota teme a acta… Pero a boa nova da semana protagonizouna o Soneira, que vencía 0-4 en Padrón e se achega ao Flavia escapando dos postos de descenso.
Non ten parada o San Lorenzo na 2ª Autonómica - ES Bazarra. Os de Pedro Gómez volvían gañar, e con contundencia, ao Porteño, e aproveitaron o empate do Zas en Outes para ampliar a vantaxe a 6 puntos cos zaenses. I é que o Outes vén xusto pegado a ese grupo e é un dos equipos que mellor fútbol está facendo, e quedan a 2 do Castriz, que non pasaba do empate no derbi da montaña co Mazaricos.. Ademais, bo partido do Volantes ante o Cabana, sacando a cabeaza tamén pola parte de arriba. E por abaixo, parece que a chegada de Barca estalle dando algo de sorte ao Ponteceso, que vencía ao pechacancelas, o Montelouro, nun partido clave para os pontecesáns.
Xa na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, o líder non tivo piedade do pechacancelas e lle endosou un set. Por detrás segue un completo grupo perseguidor, pois ata o Castrelo cae que todos teñen opcións de meterse na pelexa. 2º colócase o Lira trala vitoria ante o Coristanco nun dos choques directos. No outro, o Cerqueda vencía pola mínima ao Corcubión e se coloca 3º. E o Nantón queda 4º e non permite que o Muxía se una finalmente ao tren da loita pola Promoción, pero os muxiáns, facendo unha mellor temporada do que indican os resultados.
Moita base
Comezamos o repaso da base pola Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, na que o Dumbría segue ao seu, sen coñecer a derrota. O Muxía aínda así aguantou mais de 80 minutos e só sucumbíu ao final ante o líder. O partido da xornada era o derbi muradán, con Esteirana e Os Miúdos xogándose unha das tres primeiras prazas. Foi a Esteirana a que saíu gañando deixando aos Miúdos a 3 puntos da seguinte Fase, pois o XSC non fallou en Corcubión e se mantén empatado cos esteiráns. Ollo ao Outes, que vén por detrás e aínda está con algunha opción malia que faltan só 4 partidos para o remate desta primeira fase. Mentres, polo Norte, o Porteño foi quen de parar ao líder, Cabana, no partido da xornada, permitindo que o Camariñas recurtase distancias co liderato. Queda o cadro cabanés só cun punto de vantaxe sobre o Camariñas e 4 sorbre o Porteño. Quedan 4 xornadas e eses parece que serán os 3 que se metan na Liguilla, pois o Zas, que superaba ao Coristanco nun partido moi apretado, queda aínda a 6 dos da Ponte, e os coristanqueses a 7.
E nas Ligas Locais, había doble enfrontamento por todo o alto na 1ª Cadete, cun Cabana que mantén o liderato tras superar á Esteirana e alonxala a 5 puntos. Pero ten ao Corme a un só punto, un Corme que vencia no Cairo ao Fisterra. Na 1ª Infantil XSC e Fisterra seguen firmes no máis alto. E nos peques, hai que destacar o traballo de canteira do Outes, que manda na F8 Alevín Costa Sur e na F8 Benxamín Costa Sur.
E xa nos Veteranos, se na 2ª apenas se disputaban 3 partidos (quedan varios aprazados para as datas de Nadal), a xornada da 1ª División, deixa ao Hosgran con 4 puntos de vantaxe ante o Coristanco, despois das vitorias de ambos. O Dumbría perde fol ao caer en casa ante o San Lorenzo.
Estes son os resultados, e os horarios de mañá do comezo da Copa da Costa 2015.