Xoves. 02.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Unha xogada de Fair play para o recordo

2ª Autonómica: Unha xogada de Fair play para o recordo
Piti marcou 2 goles en Zas e foi protagonista-Foto-Alejandro Mel Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com

Marcada quedou a 13ª xornada da 2ª Autonómica - ES Bazarra por unha simple acción, unha reacción digna só das ligas máis nobles. E ata ese calificativo levou a Liga da Costa onte Piti, o pichichi da categoría con 13 tantos. Pero non polos seus goles, se non pola súa dignidade. Co seu equipo 3-1 en contra en San Andrés, o colexiado pitáballe un penalti a favor ao Volantes, pero Piti erguíase e recoñecía que non era, permitindo que o colexiado rectificase e mandase seguir o choque. Unha demostración de “fair play” que é un exemplo para todo o Fútbol da Costa.

Polo demais, segue o san Lorenzo intratable no máis alto, e o Seaia, malia prantar cara, non puido manter puntos na casa. O Zas sufría para gañar ese partido ao Volantes, e queda a 4 do liderato, e 3 puntos sobre un Castriz que tamén sufría, pero que vencía ao Ponteceso, que estreaba míster, Barca. Atentos nesa zona alta temos que estar a este Outes, que gañaba, e ben, en Cee, e queda a 9 do liderato.

Por abaixo, cómpre destacar a primeira vitoria do Montelouro, sobre o Baíñas, que empata así cun Camelle que conseguía un empate na Grixa, no intenso derbi camariñán.


Cabana - Fisterra (1-3)

  • CABANA: Añón (Víctor), Charly, Raúl, Dani Mato (Ismael), Eloy, Iván de Treos, Miky Pose (Diego), Josiño, Fernando (Manolo do Cruceiro), Berti (Manu Guillamet) e Iván Mato.
  • FISTERRA: Norberto, Munitis, Santi (Noé, min.70), Julito (Breixo, min.30), Robertín, Piti, Yeray (Adrián, min.48), Roco, Guardiola, Pablo Lestón (Eddy, min.70) e Roa.
  • Goles: 0-1, min.7: Guardiola; 0-2, min.30: Pablo Lestón; 0-3, min.47: Yeray; 1-3, min.89: Josiño.

Dura derrota para o Cabana, ante un Fisterra tremendamente efectivo, bastante irregular nesta campaña, pero que cando está acertado, marca en cada chegada. Así foi o sábado, que xa se adiantou pronto por medio de Guardiola, e que Pablo Lestón ampliaba á media hora.

O Cabana o intentaba, combinando ben e levando o peso do partido, pero sendo o equipo máis goleado da categoría, con 31 goles, teno complicado. Raúl Periscal está á espera de dúas fichaxes, xente nova e, sobre todo, da casa que intentan recuperar os cabaneses para darlle un pouco de aire ao equipo, que leva 6 partidos sen gañar.

Yeray sentenciaba o partido nada máis saír dos vestiarios, e aí o partido acabou. O Fisterra meteuse ben atrás, ben seguros, o Cabana dominaba territorialmente e chegaba timidamente. Só no min.90 Josiño recurtaba xa sen tempo nin fe.


Porteño - Camelle (2-2)

Bo ambiente na Grixa para o derbi Porteno-Camelle-Foto-Porteno
  • PORTEÑO: Bonano, Pejo, Caamaño, Maikol, Curra (Gabi, min.70), Óscar, Roi, Iago, Cristian Canosa, Meular (Wii, min.65) e Josiño (Marcos, min.55).
  • CAMELLE: Jimmy, Sikario del Amor, Valiña, Muxisco, Dido, Mario, Tedín (Tajes, min.60), Felipe, Felisiano (Muxián, min.75) e Pantera Jr (Brais, min.46).
  • Goles: 1-0, min.5: Roi remata un centro de Iago; 1-1, min.60: Felisiano tras un barullo na área; 1-2, min.70: Mario de penalti; 2-2, min.80: Iago de falta fermosa por riba da barreira.
  • Expulsión: o local Caamaño polas mans que cometeu Maikol no penalti nunha confusión arbitral.

Partidazo, aúténtico de derbi, tremendamente igualado, cun gran ambiente na Grixa, e con tramos para os dous equipos, que mereceron ambos máis, pero todo acabou en táboas.

Comezou mellor o Porteño, ante un Camelle que saltaba frío ao campo. E na primeira xogada, gol local. Canosa e Josiño tiveron as mellores ocasión para os de Roski, que controlaban ben o partido. Na segunda o Camelle saíu a apretar moito, adiantando as liñas e conseguindo apoderarse dos segundos balóns, claves nun partido de fútbol directo. Felisiano facía dano por banda e pronto conseguían o empate os camelláns, gol que lles deu ás, e se volcaron sobre a meta de Bonano, con varias ocasiósn para poñerse por diante, e así chegaría o empate, tras un penalti por unhas mans de Maikol que supuñan a expulsión de Caamaño, nun erro arbitral cos dorsais.

Pero reaccionou o cadro de Roski, que metía 3 defensas e facía cambiar a actitude dos seus xogadores. Un gol anulado a Pejo por fóra de xogo dubidoso daba conta das intencións dos da Ponte, que pouco despois, a falta de 10 para o final, marcaban o empate cunha fermosa falta de Iago, á que Jimmy nada podía facer.

E aínda tivo a vitoria o cadro local nos últimos instantes, cunha entrada de Cristian Canosa por banda que mandou ao longueiro.

Porteno-Camelle-Foto-Porteno

Seaia - San Lorenzo (1-4)

  • SEAIA: Jesús, Adrián, Vistas, Avelino, Parga, Miguel Riveiro (Manuel, min.55), Felipe, Camilo, Eme (Dimaga, min.70), Damián (Magovi, min.70) e Richar (Juni, min.55).
  • SAN LORENZO: Diego, Javi Puñal (Rudi, min.50), Adrián García, Rubén, Pablo Novo, Álex Figueiras, Schuster, Fuentefría (Carlitos, min.68), Javi Pensado (Adrián Fraga, min.68), Parafita e Juni (Anxo, min.75).
  • Goles: 1-0, min.10: Miguel Riveiro de gol olímpico; 1-1, min.35: Pablo nun córner; 1-2, min.38: Parafita tras unha falta frontal; 1-3, min.43: Javi Pensado nunha contra tras un balón que recuperou Schuster e cedeu Juni; 1-4, min.50: Schuster nunha contra.

Partido máis complicado do que sinala o marcador, entre o San Lorenzo e un gran Seaia, que lle fixo moder pó ao líder. Empezou caendo o cadro carballés, cun gol olímpico do eterno Miguel Riveiro. E sufriu nunha primeira metade embarullada, intensa, agresiva, con moita influencia do vento. O cadro local, no canto de aguantar, meteuse en varias liortas, e saíu beneficiado o San Lorenzo, o Atlético de Madrid da Costa, que nos últimos 10 minutos da primeira metade daba a volta ao marcador, con dous tantos a balón parado, e un á contra.

Arrincaba a segunda metade co gol de Schuster e o Seaia baixou os brazos, puido marcar algún gol máis o cadro de Verdillo pero o marcador non se movería.


Cee - Outes (0-3)

Cee e Outes saltando ao San Paio de Refoxos
  • CEE: Maikel, Aitor (Dani Freire, min.55), Senlle, Jacobo, Tebo (Jorge, min.65), Josiño (Andrés, min.80), Carlos Leis, Hidalgo, Yago (Bruno, min.55), Lamela (Isma Leis, min.55) e Leo.
  • OUTES: Gato, Rafa (Borja), Chúa, Róber Amoedo, Saúl, David, Martín, Fabio (Chía), Mario (Jura), Elías e Yago (Babu).
  • Goles: 0-1, min.1: Yago coa axuda da defensa nun córner; 0-2, min.66: Fabio; 0-3, min.77: David.
Gato e Jacobo Sande co colexiado no Cee-Outes Furado na meta do San Paio de Refoxos

Bo partido dos da Serra, sobre todo na segunda metade, ante un Cee que non se encontrou en ningún momento. A primeira metade o Outes estivo algo mellor pero sen demasiado claro nin ocasións. Os ceenses pediron un posible penalti por agarrón sobre Lamela no ecuador do primeiro tempo.

Cos cambios, saíu o Cee buscando a igualada, e deu algo máis de sensación de perigo, pero apenas chegou, máis que nunha internada de Bruno, que se marchou de 5 defensas pero rematou fóra.

A anécdota chegaba na segunda metade, cun fantástico gol de Róber, que se cola a través dun furado na rede, pero o colexiado non o dá por válido e e nega a ir mirar a rede.

Xusto gañador o cadro da Serra, pero se cadra algo abultado o marcador, a pesar de que debería sinalar 0-4 por ese gol pantasma.

Cee-Outes

Montelouro - Baíñas (3-0)

Montelouro-Bainas-Foto-Edu Olveira
  • MONTELOURO: Isma, Teo, Abel (César, min.65), Pablo, Pedro, Gelo, Geico, Dani, Riki (Pepe, min.82), Edu (Pesi, min.60) e David (Benja, min.71).
  • BAÍÑAS: Puto, Samuel (Héctor, min.75), Braulio, Luís, Rodri, Eloy Vilas, Iván (Esteban, min.60), Cris (Diego, min.70), Eloy, Javi Suárez e Tasky.
  • Goles: 1-0, min.27: en propia meta; 2-0, min.55: Edu; 3-0, min.91: Pesi.

Chegou, por fin, a primeira e merecida vitoria do Montelouro. E o fixo ante un Baíñas que chegaba en bo estado de forma e que, de feito, saía moi enchufado tendos as mellores ocasións, como unha de Eloy que repelíu o pau. Pero tivo fortuna, por unha vez, o cadro de Jurjo, e nunha das primeiras chegadas facía o primeiro nun tanto en propia meta.

O gol serviulles aos locais para asentarse mellor, pero era o Baíñas o que seguía mandando. Edu facía o segundo nunha contra ao principio da segunda, facendo moito dano ao cadro que onte dirixía Chambón, ante a baixa de Mario de José por motivos laborais. Non tiña o seu día o cadro vimiancés, e as ocasións chegaban pero non acertaban. E Pesi, xa no desconto, cercioraba a primeira, por fin, vitoria loureá.

Montelouro-Bainas-Foto-Edu Olveira

Carnota - Mazaricos (1-1)

  • CARNOTA: Luís de la Peña, Ferreiro, Manolo Chouza, Pedro Pichín, Tono da Caixa, Raúl, Nico, Pablo Beiro (Bernardo), Manuel Luís (Iván), Michel e Pumuky.
  • MAZARICOS: Pejo, Miguel, Chico, Matías, Ramón, Coxo (Cabrexo, min.60), Ricardo, David, Estéfano, Chenel e Pereiro.
  • Goles: 1-0, min.55: Manolo Chouza de falta directa dende moi lonxe ante a mala saída do meta amarelo que sufríu a acción do vento; 1-1, min.70: Chenel tras un moi bo pase de Cabrexo.

Partido con alternativas pero sen un dominador claro, e sen demasiadas ocasións. Na primeira metade apenas contabilizouse unha chegada dos de Cambeiro, cunha internada de Pumuky, que despois de regatear ao porteiro queda sen ángulo e tira fóra.

Chegábase ao descanso co empate a ceros, e a pouco de comezar a segunda metade, Manolo Chouza marcaba dende case o medio campo, coa axuda do vento, e do porteiro amarelo. Tivo o Carnota o partido nun par de centros claros aos que Pablo Beiro e Michel non chegaron. Pero o Mazaricos soubo reaccionar e Chenel facía o empate cando quedaban 20 minutos tras un bo pase de Cabrexo. A partir do 1-1 tivo o cadro de Néstor algunha acción para desestabilizar a balanza, sobre todo unha de Cabrexo, e outra entre Chenel e David que desbaratou Luís de la Peña.


Zas - Volantes (5-4)

Zas-Volantes-Foto-Alejandro Mel
  • ZAS: Anxo, Isma, Pereiro, Oli, Vecino, Canedo, Peque, Dani (Samuel, min.70), David Blanco (Abel, min.60), Rubio e Álex.
  • VOLANTES: Marcos, Brea, Mayu, Maikel, Miguel, Picho, Brais (Pardelo), Edu (Suso), Espi, Ivi e Piti.
  • Goles: 1-0, min.1: Álex a centro de David Blanco nunha xogada de estratexia; 1.1, min.13: Piti a pase de Brais; 2-1, min.15: David Blanco de penalti sobre Álex; 3-1, min.26: Dani a pase de Álex; 3-2, min.61: Espi de impresionante falta directa; 4-2, min.65: Álex dende fóra da área: 4-3, min.70: Picho: 4-4, min.75: Piti de cabeza; 5-4, min.83: Abel a pase de Álex.
  • Expulsión: o zaense Isma no min.90 e o muradán Chisco, que estaba de míster, trala rectificación do penalti.
O Zas acabou ganando ao Volantes-Foto-Alejandro Mel

Completísimo partido de ida e volta en San Andrés, con ocasións para os dous equipos, e, iso si, máxima efectivade, e mesmo polémica ante unha actuación arbitral máis que discutida por uns e outros.

O partido, ademais do colexiado, tivo dous protagonistas, Álex Flores e Piti. O primeiro, participou nos 5 goles dos locais, dando un recital fantástico de fútbol. O segundo, ademais de marcar dous goles, e manterse como pichichi con 13 goles, protagonizou unha xogada desas que deixan pegada.

Corría o ecuador da primeira metade, co 3-1 no marcador, e Piti caía na área. O colexiado sinalaba penalti pero o propio xogador muradán erguíase e recoñecía que non fóra. O árbitro rectificaba a decisión, algo que si que pode facer e xa ten acontecido en ligas nobles como a Inglesa, pero os muradáns protestaron e mesmo acabou o míster, neste caso Chisco, expulsado. Un exemplo para todo o Fútbol da Costa a acción de fair play de Piti.

Parecía aí que o partido estaba de cara para os locais, pero o Volantes non se rendera. Recurtou por dúas veces, e mesmo conseguía empatar cun bo tanto de Piti ao escazo con só 15 minutos para o final.

Pero apareceu de novo Álex, que dibuxou un pase fantástico para que Abel remachase a vitoria, que lle permite ao Zas manter a liña do líder.

Aquí quedan varios dos goles da man de Alejandro Mel:


Castriz - Ponteceso (2-0)

11 do Castriz -Foto-POnteceso
  • CASTRIZ: Nolas, Serrucho, Álex, David Velo, Bruno, Agra, Bolón, Chinda, Luís e Martín Gemelo. Tamén xogaron: Topo e Dani Martínez.
11 do Ponteceso en Castriz-Foto-SD Ponteceso
  • PONTECESO: Brais, Javi Peón (Pablo, min.88), Diego Collazo, Moscoso, Dani Valle (Eloy, min.55), Mendieta, Alberto Recarey, Juanma (Lorenzo, min.78), Martin Puente (Youssef, min.84), Dieguito e Christian Martínez
  • Goles: 1-0, min.15: Martín Gemelo tras uns rexeites; 2-0, min.60: Agra tras unha boa xogada xalleira.
  • Lesión: Chinda tivo que saír con 14 puntos de sutura nunha cella.
Barca novo adestrador do Ponteceso-Foto-SD Chinda levou 14 puntos nunha cella

Partido moi disputado no que o Ponteceso estreaba adestrador, Barca, trala dimisión de Marco. Un Ponteceso que demostrou que non debe estar tan abaixo, e que a dimisión de Marco debeuse aos resultados pero non ao xogo. O cadro pontecesán, de feito, saíu apretando moi arriba, pero nun rexeite, Martín o Gemelo metía por diante aos locais. O partido estaba bronco, con poucas chegadas, e moito xogo físico no medio campo.

Na segunda parte seguía sendo o partido moi igualado, sen ocasións, apenas unha de Luís, pouco antes do segundo gol de Agra nunha boa xogada xalleira.

Non xogaba mal o Ponteceso, que puido recurtar en varias ocasións, xa xogando a favor do vento na segunda metade.

O choque tivo un protagonista inesperado. Chinda, chocaba cun xogador pontecesán e tiña que saír con, nada menos, 14 puntos de sutura.


Buño - Camariñas (3-3)

  • BUÑO: Víctor, Eloy (Casais, min.60), Matías, Diego, Ángel, Uru (Emilio, min,.70), Jorge Calvete, David Dourado, Neucha (Miguel, min.80), Jorge Pombo e Dani (Juan, min.70).
  • CAMARIÑAS: Pablo, Nico, Sestayo, Martín, Kanga, Denis, Moriño, Asier, Martín, Dani, Sule e Sergi.
  • Goles: 0-1, min.15: Sule; 1-1, min.44: Jorge Pombo; 2-1, min.55: Martín de penalti; 2-2, min.65: Matías de penalti; 2-3, min.75: Martín de falta; 3-3, min.88: Matías.
Chegaba con 11 xustos Gerpe a Xaviña, incluídos dous xuvenís e Moriño e Sule xogado tocados. E prantexou un partido serio, cun equipo ordenado buscando algunha opción á contra. E se ben o marcador é amplo, a piques estivo de sacar máis premio, pois o gol do empate local chegou case co tempo cumplido.

O Buño levou o control do balón, pero tivo erros que lle fixeron ir a remolque todo o partido. De feito, pronto se adiantou o Camariñas por medio de Sule, e ata que faltaba un minuto para o descanso non empataba o cadro local.

Comezaba a segunda metade e o equipo visitante se metía por diante dende os 11 metros. Tiña que volcarse o Buño que foi con todo sobre a meta rival, deixando tamén espazos atrás. Co 2-1 puido sentenciar o cadro camariñán, pero Sule non acertou un par de mans a man que puideron ser clave. Empataba o Buño de novo, pero Martín volvía meter por diante aos seus, e tivo que remontar, por terceira vez o Buño, cun tanto ao fío do final do partido.


Crónicas da Liga da Costa

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios