Domingo. 28.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: A SD escapa

1ª Autonómica: A SD escapa
Esteirana-Baio-Foto-Santi Soneira

Foi importante esta 13ª xornada na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. I é que deixa ao Sofán, que vemos neste vídeo de Luís González, con 7 puntos de vantaxe sobre os inmediatos perseguidores, agora Puebla, trala súa vitoria en Vimianzo e Baio, trala súa derrota en Esteiro. Os sofanistas non perdoaban no Carral, onde contan partidos por vitorias, e sumaba ante o Agolada outros 3 puntos, e xa van 32 (só se deixou 7 polo camiño). Ademais, a xornada de onte era especial, pois era un partido Solidario, e se realizou unha colleita de alimentos para que a Cruz Vermella os reparta entre os mais desfavorecidos da comarca.

Non podía o Baio cunha mellorada Esteirana, que ademais estreaba banco novo. Pedrosa, que deixaba o Lira hai unhas semanas, incorporábase á disciplina blaugrana e se estreaba con vitoria, facendo valer o típico tópico de sempre.

Ademais, vitoria importantísima do Corme, rompendo unha racha fatal de 8 partidos sen gañar. O que vai cunha tendencia positiva dende a chegada de Baña ao banco é o Malpica, que a corroboraba cunha vitoria en Sigüeiro. O que non puido celebrar a vitoria, nin un só punto, malia merecer os 3, foi o Soneira, que caía incomprensiblemente ante o Puebla, pero polo menos queda a sensación que o equipo de Manolito foi mellor que o 2º da táboa.

A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

Esteirana - Baio (2-0)

Esteirana e Baio saltando o campo-Foto-Santi Soneira
  • ESTEIRANA: Fabio, Code (Bolo, min.88), Serrano, Chispi, Álex, Saúl, Simón, Uru (Pablo Rama, min.62), Kike (Juan, min.70), Maseiras e Róber Pladur.
  • BAIO: Dani, Fachal, Porto, Yago (Norber, min.78), Eloy (Mario, min.46), Brais, Bieito, Alberto, Saleta (Mario, min.46), Rubio (Christian, min.46) e MC.
  • Goles: 1-0, min.30: Róber Pladur tras anticiparse ó defensa na área; 2-0, min.44: Simón aproveita un balón solto nun córner.
Afeccionados baieses no Xose Luis Vara-Foto-Santi Soneira

Sorpresa total do derbi da costa onde unhas 200 personas no campo da Salina presenciaron a vitoria da Esteirana. Unha Esteirana que estreaba míster trala destitución de Juan Rey ao longo da semana. Pedrosa o ex do Lira nesta mesma campaña, dirixía ao equipo.

Eran un partido entre dous equipos moi necesitados pero por diferentes obxectivos. Puxo moito empeño na defensa a Esteirana que tratou de pechar os ocos e dar o balón a un Baio que gozou da posesión pero non das ocasións. Sen embargo as saídas dos locais sí creaban algo de perigo, como foi o gol de Rober despois dun aproveitar un remate en semifallo de Kike. Gol psicolóxico antes do descanso e despois dunha clara ocasión do Baio que era neutralizada por Simón, quen era o anotador do segundo no saque dun córner.

Na segunda foi a tónica da primeira metade, sen moita historia. Defensa e ataque posicional eran as constantes, sen moitas ocasións de perigo por ningún dos bandos.

Aquí, os goles do partido da man de Santi Soneira:


Lesende - Corme (0-1)

Corme quecendo en Lesende-Foto-Fin Lema
  • CORME: Suso, Adolfo, Pandi, Alejandro, Dani (Alejo, min.50), Adrián Doldán (Joshua, min.70), Sergio, Brais, Lucas, Juan Chans (Brais, min.85) (Antoniño, min.88) e Toniño (Jose, min.55).
  • Goles: 0-1, min.65: Jose.

Por fin, tras 8 partidos sen gañar, o Corme rompe o “mal fario” e conseguía a vitoria. Comezaba a primeira metade o Corme moi ordenado, combinando ben, e chegando á meta do Lesende pero sen fortuna. Lentejo introudía varios cambios no 11, deixando aos tocados Alejo e Brais no banco.

O Lesende non se descompuña, e o Corme facía o seu clásico fútbol de toque sen demasiada complicación. Ao descanso chegábase co empate a 0, pero no Corme había boas sensacións. E Jose, nada máis saír na segunda, así o corrobora, poñéndoos por diante.

Tocaba sufrir, e os últimos 20 minutos, se ben o Lesende non inquedou demasiado, o Corme deu un paso atrás e soubo asegurar os 3 puntos.


Sofán - Agolada (2-0)

  • SOFÁN: Lerma, Sito, Marcos, Félix, Rubén, Martín, Míchel, Maneiro, Bertín, Raúl, e Iván Rojo.
  • Goles: 1-0, min.58: Raúl pícalla ao porteiro en carreira; 2-0, min.75: Martín de fermosa volea dende a frontal.

Nova vitoria, e conta por vitorias os partidos no Carral a SD, a pesar de non saír de todo concentrados. Case comeza marcando o equipo visitante, pero nunha o balón saía fóra e na seguinte, aínda sen espertar a SD, petaba no pau. Íase metendo no partido a SD que ao fío do descanso avisaba, pero un barullo na área nada remacha. Raúl enviaba ao pau, e Rojo non podía chegar antes que o porteiro a un balón en profundidade.

Pero si que saíu enchufado o cadro carballés na segunda, cunha boa falta de Marcos que paraba abaixo o porteiro visitante, e de seguido, o gol de Raúl, que aproveita un pase ás costas da defensa para chegar antes que o porteiro e picarlla. O propio Raúl tería a sentenza pero tiña que ser Martín o que sentenciaba o partido cunha fermosísima volea dende a frontal.

Quedaban aínda minutos, e o partido rompíase cun Agolada que subía liñas e metía presión, e unha SD que a cada contra facía tremer á defensa rival. Pero o marcador se materían coa clara vitoria sofanista.

Aquí vos deixamos o gol de Martí:


Soneira - Puebla (1-2)

  • SONEIRA: Anxo, Mouzo, Fran de Urroa (Chans, min.81), Maikel, Mayor, Sandelo, De la Sierra, Figueroa (Brais Triñanes, min.67), Basti, Javito e Richi.
  • Goles: 0-1, min.18: tras erro de Anxo no pase; 1-1, min.36: Richi de fermosa volea tras un centro de Figueroa; 1-2, min.57.
Soneira quecendo-Foto-Oscar

Empezaba o Soneira dominando o choque, ante un Puebla, iso si, moi ben prantado, demostrando por que está 3º na táboa. Basti avisaba aos 10 minutos, e o porteiro visitante, o máis destacado do partido, facía a súa primeira intervención. Unha de moitas. A segunda ocasión chegaba cun centro de Figueroa que se paseaba pola meta rival, pero nin Richi nin Basti calzan un pé o suficientemente grande para chegar.
E un minuto despois desa xogada, Anxo regatea a un dianteiro, cede mal, e o outro punta ribeirense non perdoa e remacha o regalo.

Non decaía o equipo de Manolito, e Basti volvía tirar, pero hoxe estaba claro que non era o seu día, como acontecía minutos despois, aínda con 15 para o descanso, cando o pequeno dos De la Sierra, marra o man a man que toca no longueiro despois da parada do meta. Quedaban 10 para o descanso cando chegaría o gol do empate, unha impresionante volea de Richi pola escuadra despois dunha boa xogada por banda de Figueroa. O partido quedaba de novo como empezou, se ben antes do descanso aínda tivo Richi outra clara, que paraba o porteiro deixando o rexeite para que Basti botase o balón sobre o meta de novo.

Chegábase ao descanso cun Soneira fantástico, pero pouco acertado, e un Puebla que sin pasar do medio campo levaba un sabroso empate. Pero aínda estaba o peor por acontecer. Javito pega un centro envelenado que acaba no longueiro, pero pouco despois, unha as poucas chegadas do Puebla, cunha tiro frouxo tras unha falta, rebota nun dianteiro que estaba tirado no chan en posible fóra de xogo, despista a Anxo e o balón se cola.

O Soneira seguiuno intentando pero sen fortuna. A máis clara, un remate de Javito rozando o poste a 5 do final.

Incrible a derrota soneirá de onte.


Sigüeiro - Malpica (1-3)

11 do Malpica en Sigueiro-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Pombo; Adrián, Diego (Kevin, min.61), Pablo Díaz, Alemán, Baba, Fernando Varela, Joel Pereiro (Petís, min.82), Cheo, Cololo (Rodrigo, min.88) e M. Maradona (Diego Alonso, min.67).
  • Goles: 0-1, min.35: Cheo de cabeza remata unha gran falta de Diego; 1-1, min.44; 1-2, min.70: Cololo de penalti sobre Cheo; 1-3, min.77: Cololo aproveita un rexeite do porteiro rival.
Capis do Malpica e do Sigueiro-Foto-LUis Porto

Gran partido e xusta vitoria deste Malpica, que suma 5 vitorias, 1 empate e 2 derrotas dende a chegada de Baña ao banco. Os locais apenas inquedaron nos primeiros 10 minutos a meta de Pombo, pero a partir de aí o Malpica levou a iniciativa e tivo as mellores xogadas. Cheo era o máis activo neses primeiros 45 minutos e así o facía notar con 0-1. Pero ao fío do descanso chegaba o inxusto tyanto do empate, tras un córner botado polo mítico Juanito, que aínda está activo aos seus máis de 40 anos.

Baba tivo 3 grandes ocasións na segunda, pero foi Cololo o que fixo valer a súa fichaxe con dous tantos, un de penalti, cometido polo omnipresente Cheo, e outro de picardía.


Crónicas da 1ª

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colabora Isma, Oscar Basalo, Fin Lema, Luís Porto, CD Baio e SD Sofán.

Comentarios