Preferente: O XSC saca petróleo do Conco


Chegaba o derbi da Preferente - Senra Sport, e as tendencias dos equipos nas últimas xornadas saltaron polos aires. Chegaba o Dumbría moi forte, un Dumbría que a semana pasada metíase de cheo na loita polo ascenso, pero que ve freadas as súas espectativas trala vitoria bicolor, ante un XSC que chegaba regular pero sae moi reforzado do Conco.
Un derbi tremendamente intenso, moi físico, que puido caer de calquera lado, ou de ningún, pero que se decantou nos últimos segundos do lado xalleiro.
Dumbría - Xallas StComba (0-1)
- DUMBRÍA: David, Tantán, David Carreira (Jose, min.80), Iago, Pablo Conde, Aarón, Cote, Diego Cespón, Jesús (Darío, min.71), Adrián Makaay e Marcote (Adrián Nieto, min.67).
- XSC: Julián, Cristian (Aarón, min.75), Oscarín, Rubén Forján, Rubio, Jota, Baña, Jesús, Pablo Muíño (Joshi, min.82), Kevin (César, min.90) e Marcos.
- Gol: 0-1, min.88: Marcos.

Partido físico e duro, igualado en xeral, sen grandes ocasións para ningún dos dous equipos, se ben o cadro dumbriés puido desestabilizar a balanza nun par de chegadas. Comezaba o choque moi bregado, cun Dumbría máis enriba, chegando primeiramente cun tiro de Marcote tras unha acción de Diego Cespón. Respondía Pablo Muíño, un dos moitos que voltaba ao Conco coa camisola bicolor, mandando un balón ao longueiro á media hora. Makaay tivo unha de cabeza e Iago unha boa falta que desbaratou Julián, outro dos ex.

Xa na segunda parte levou o XSC máis peso no partido, con máis posesión e coa iniciativa do xogo; mentres o cadro dumbriés buscaba saídas rápidas, como a que deixaba só a Adrián Makaay, na mellor ocasión do encontro, pero este non puido definir. O partido podíase decantar para calquera dos dous lados, pero cando todo parecía que remataría en táboas, a piques de chegar ao final, un centro de Kevin dende a banda esquerda rematouno Marcos de cabeza anticipándose a David, facendo así o único gol do partido.
Un resultado cruel, valoran os dumbrieses. que aínda tiveron, nos pés de Iago no desconto, unha última ocasión quedandó ante Julián pero entre a brega do defensa e o bote longo non chegou a acertar.


Crónicas de Preferente – Senra Sport
- X.13: O Dumbría métese definitivamente na loita polo ascenso.
- X.12: O Dumbría pega un salto.
- X.11: Doble premio cun importante debut.
- X.10: O XSC achégase ao Dumbría.
- X.9: Sen fortuna.
- X.8: O Dumbría despega e o XSC aterra.
- X.7: Dous empates con sabores distintos.
- X.6: Para esquecer.
- X.5: Sumando.
- X.4: Punto a punto con boas sensacións.
- X.3: Collendo posicións.
- X.2: Xornada dispar para Dumbria e XSC na Preferente.
- X.1: Arrincou a campaña oficial para Dumbría e XSC con boas sensacións.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
Novas relacionadas
- Xa temos Cadro da Copa da Costa 2015.
- Un repaso a todos os pichichis do Fútbol Base da Costa.
- Un repaso a todos os pichichis da Costa.
- Entrevista de David Castro co meta coristanqués de 1ª División, Rubén.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).