Luns. 29.04.2024
El tiempo

Un repaso a todos os pichichis do Fútbol Base da Costa

Un repaso a todos os pichichis do Fútbol Base da Costa
Pichichis do Futbol Base da Costa

Repasabamos hai pouco como estaban os Pichichis da Costa en categoría Sénior e Veteranos. Hoxe baixamos a ollada ata as categorías base para ver como andan os máximos goleadores. Facémonos valer das táboas da Federación, sabendo (e así o comprobamos cada semana) que non son sempre acertadas as actas dos colexiados.

Atentos, que serán nomes que irán soando co tempo no mundo do Fútbol da Costa.

Pichichis das Ligas Xuvenís

XogadorEquipoGolesGoles por partido
Javi Camariñas 22 (1 penalti) 2
Juan de Dora Dumbría 19 (1 penalti) 1,72
Eloy Álvarez Ponteceso 11 1,37
Adri Lema Laxe 9 (1 penalti) 0,81
Juan de Selia Esteirana 9 (1 penalti) 0,9
Jose Marcote Dumbría 8 1
Veleiro Outes 8 1
Sergio Barbeira XSC 7 0,8
Pablo Rama Esteirana 6 0,85
Josiño Dumbría 6 0,85
Samu Trillo Cee 6 0,75
Maikel Carril Porteño 6 (1 penalti) 0,75
Manu Corme 6 0,67
Javi do Camarinas

Menudos nomes aparecen no alto da táboa dos xuvenís. Javi, un xogador que era determinante esta mesma semana no derbi camariñán, que recibe o halago de propios e estranos, suma xa a frioleira de 22 goles, 2 por partido. Un Javi que xa é habitual cos maiores, sendo ademais protexido dos pesos pesados como Moriño ou Yuyo.

Pegado a el está Juan de Dora, outro dos nomes destacados da categoría, con 19 tantos, se cadra con algo menos de mérito pois a superioridade dumbriesa permite máis goleadas que ao cadro camariñán.

Cómpre salientar ademais que vemos algún xogador nas dúas táboas, como Manu, o cormelán, segundo pichichi nos cadetes e xa aparece entre os 15 primeiros dos xuvenís.


Juan de Dora un valor en alza-Foto-Jorge Parri

Pichichis da 1ª Cadete

XogadorEquipoGolesGoles por partido
Samuel Costa Corme 19 2,7
Manu Corme 15 1,87
Xavier Abeijón Os Miúdos 9 1,3
Santi Casas Cabana 9 (1 penalti) 1,12
Saulo Pose Cee 8 1
Pablo Mouzo As Baleas 8 0,9
Samu goleador do Corme Samu de Corme

O xormelán Samuel é o pichichi costeiro, pero é que o segundo, e con diferencia sobre o resto, é o seu compañeiro Manu.

Apuntamos tamén a presencia dumbriesa na táboa dos goleadores da División de Honra Cadete, e o primeiro en aparecer é o camariñán Brandón, con 3 tantos.

Na Liga Galega Cadete, o primeiro xalleiro que atopamos é Carlos de Baio, con 3 goles, lonxe dos 9 do pichichi, Antón Romero, de Bertamiráns.


Pichichis da 1ª Infantil

XogadorEquipoGolesGoles por partido
Isaac Fábregas Fisterra 11 (1 penalti) 1,375
Lucas Caamaño Vimianzo 11 1,2
Manu Tasende Corme 10 (1 penalti) 1,1
Simón Collazo Cabana 9 (1 penalti) 1
Manuel Garcia Mayo Esteirana 9 (3 penaltis) 1
Rubén Sande XSC 9 0,9
Fabián Amarelle XSC 9 0,9
Marcote Pichichi Benxamin do Fisterra-Foto-David Castro

Na Liga local atopamos un fisterrán e un vimiacés no máis alto da táboa, pero Isaac Fábregas e Lucas terán que ter o ollo posto no grupo de perseguidores, pois ata 4 xogadores contan con só 2 menos que os de arriba.

E se falamos da Liga galega Infantil, co Dumbría en competición, temos que baixar na táboa de goleadores para atopar a Adrián Canosa, que leva 4 tantos, por diante de Brais Tajes (2) e Hugo (2).

Lucas Pichichi dos Infantis do Vimianzo-Foto-Victor Santos

Pichichis F-8 Alevín Costa Sur

XogadorEquipoGolesGoles por partido
Iván Fdez. Riomao Esteirana 8 2,7
Uxío Riomao Esteirana 7 3,5
Iago Trillo Cee 7 3,5
Óscar Siso Outes 6 2
Iker Traba Dumbría 5 2,5
Lucas Toba Dumbría 4 4
Diego Gómez Cee 4 2
Luís González Sofán 4 1,3
Raúl Varela Sofán 4 1,3
Ángel Antelo Dumbría 4 1,3
Ivan Fernandez Riomao da Esteirana Uxio Riomao da Esteirana

Dous esteiráns, os Iván Fernández e Uxío Riomao, comandan a táboa dos alevíns, cunha impresionante xeira de 8 e 7 goles, só acosados polo ceense Iago Trillo, e por Óscar Siso, do Outes.


Pichichis F-8 Benxamín Costa Sur

XogadorEquipoGolesGoles por partido
Alejandro Marcote Fisterra 12 (1 penalti) 4
Brais Noceda Os Miúdos 8 4
Álvaro Sieira Outes 7 2,3
Tirso Leis Outes 7 2,3
Hugo Caamaño Outes 7 2,3
Víctor Bouzas As Baleas 6 (1 penalti) 3
Mauro Castreje Fisterra 6 3
Dani Calvete Sofán 5 1,7
Uxío Farinos Esteirana 5 1,7
Isaac do Fisterra Infantil Brais Noceda dos Miudos

Vemos no máis alto da lista dos máis peques (os prebenxamíns teñen unha liga moi curta e non empezan ata febreiro, igual que os alevíns e benxamíns da Costa Norte) ao fisterrán Marcote, xa con ese apelido ten que xogar ben ao fútbol, sendo fillo do responsable do bar O Peirao, que mesmo chegou a xogar naquel Vista Alegre dos bos tempos. De seguido atopamos ao muradán Brais Noceda, por diante dun tridente da Serra, Álvaro, Tirso e Hugo suman 7 tantos cada un en 3 partidos co Outes.


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios