Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Crónica e resultados da última xornada de novembro no Fútbol da Costa

Crónica e resultados da última xornada de novembro no Fútbol da Costa
Dumbria-XSC-Foto-Mca Cuns

Xornada cun pouco de todo esta última do mes de novembro no Fútbol da Costa. Xa cun ollo na #CopadaCosta2015 trala celebración do sorteo, os equipos volvían ás ligas con gañas de manterse arriba.

E comezamos pola Preferente - Senra Sport o repaso desta xornada, co partidazo da xornada, ese esperado derbi entre dous equipos con moitos amigos sobre o campo, pero sen amizades sobre o césdepe. E relativa sorpresa no Conco, alomenos a tenor das tendencias que traían os dous equipos nas últimas xornadas. Chegaba o Dumbría na 5ª praza, tras 3 vitorias consecutivas, pero apareceu o XSC, 14º, no Conco, e levou os 3 puntos. Queda así a vantaxe entre ambos reducida a 4 puntos a favor dos dumbrieses, que aínda están preto da promoción de ascenso.

Xornada dispar para os nosos, pero con máis vitorias que derrotas na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. O Baio caía en Esteiro no derbi costeiro deixando escapar a un Sofán que non dá tregua, e volvía cos 3 puntos de Agolada, sacando xa 7 ao 2º clasificado, o propio cadro baiés, empatado co Puebla. Unha vitoria que non lle serve á Esteirana para saír dos postos de descenso, pero para telos a tiro, a só 3 puntos.
Ademais, importantes vitorias para Malpica e Corme, que lles permiten ir escadando posicións. O Malpica, que leva 5 vitorias nos últimos 6 partidos, vencía en Sigüeiro, ante un dos de abaixo, e supera xa a metade da táboa con 18 puntos. O Soneira queda 15º tras caer co Puebla, nada menos que ao 3º. Máis importante se cabe a vitoria do Corme, que rompe unha xeira de 8 partidos sen gañar, deixándoos con 15 puntos.

Vibrante a xornada na 2ª Autonómica - ES Bazarra. Segue o San Lorenzo sen baixar o ritmo e a súa vítima foi desta volta o Seaia. Non fallou o Zas, e iso que tivo que suar sangue para superar a un gran Volantes, quedando os zaenses a 4 do liderato. E a 7 está o Castriz, que tampouco fallaba ante un Ponteceso que estreaba míster, Barca, pero que malia desplegar bo fútbol non consegue arrincar bos resultados. Ollo ao Outes, que goleaba ao Cee e mete a cabeza aí arriba, quedando a 9 do liderato, mentres que o Buño non pasaba do empate ante un mellorado Camariñas, nun choque tremendo, e queda a 10 dos carballeses.
Por abaixo, primeira vitoria do Montelouro na tempada, ante o Baíñas, empatando así agora na última praza co Camelle, que sumaba un puntiño no derbi ante o Porteño. Queda o Ponteceso con 8, e aí ábrese unha pequena fenda, ata Camariñas e Carnota, con 12 puntos.

Igualadísima está a 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira a estas alturas de temporada. 2 empates e dúas vitorias pola mínima foron os resultados desta 13ª xornada. Sufriu o líder, o imbatido Ameixenda, para vencer ao Castrelo, o equipo vimiancés que se está a meter na loita polos postos de promoción por méritos propios. Os ceenses teñen 27 puntos, 8 máis que o grupo perseguidor, comandando polo Lira, que empataba en Arliña. O Muxía e o Castrelo, empatados a 11 puntos, son os equipos que van ter que poñer o picante á competición, nesa loita polas 6 primeiras prazas. Pelexando estarán o Corcubión e o Nantón, que empataban a 3 e quedan igualados con 18 puntos, os mesmos que un Cerqueda que caía en Laxe, permitindo a primeira vitoria do equipo de Toni, que a pesar de todo, aínda estaría a tempo de pelexar.

Fantástica a xornada na Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte. Co Dumbría destacado, 10 puntos de vantaxe sobre o segundo grupo, a pelexa polas 2ª e 3ª praza parece intensísima. Precisamente 3 equipos pelexarán nestas últimas 5 xornadas. Un deles, Os Miúdos, xa pasou o coco dumbriés esta xornada. Ademais, O XSC, vencía un duro escollo, o Outes, ao que ademais alonxaba da pelexa. Tamén conta con 25 puntos a Esteirana, que vencía en Cee.
Parecida está a cousa na Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, pero parece que se abre unha fenda entre o 3º, Porteño, e o 4º, Coristanco. 6 puntos os separan trala vitoria dos da Ponte na Grixa aos bergantiñáns, nun choque de intensidade máxima. Por encima, o Cabana non fallaba en Malpica, nin o Camariñas en Corme, quedando cabaneses e os dous equipos camariñáns como grandes favoritos para meterse na seguinte liguiña.

Fantástica a vitoria do Dumbría en Lalín, quedando na 8ª praza da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría. Non tivo tanta sorte o XSC na Liga Galega, caendo en Pontedeume ante o penúltimo; nin tampouco o Dumbría infantil, que ve como se alonxa a posibilidade de meterse no Grupo polo título.

Xa nas Ligas Locais de Base, o Cabana deu un salto na 1ª Cadete, vencendo ao Fisterra, ao que deixa a 6 puntos, e poñéndose de líder ao aproveitar a derrota do Corme ante o Cee, outro que está na pelexa, como Esteirana, Fisterra e Ponteceso.
Mentres, na 1ª Infantil, o XSC mantén o liderato a pesar de descansar, pero o Fisterra, que vencía en Outes, xa lle pisa os talóns, quedando a só 1 punto. Por detrás, os Miúdos.

Imaxe do choque dos Veteranos entre Dumbria e Soneira

E pechamos cas Ligas de Veteranos, onde na 1ª División o Hosgran mantén o liderato a pesar de non pasar do empate en Verdillo. Saca 3 puntos ao Dumbría, que vencía, nun dos partidos da xornada, ao Soneira en Vimianzo, alonxando a un dos favoritos a 8 puntos do liderato. O Coristanco queda 3º, pois caía ante un Baio que se mete na pelexa, igual que os veciños do Zas, que descansaban.
Na 2ª División, o Agualada non pasaba do empate ante o Corcoesto, pero mantén 5 puntos de vantaxe sobre o Porteño, 2º, que vencía o derbi co Camariñas. O partido da xornada chegaba xusto detrás, e devolve ao San Isidro-Razo á loita polo ascenso, tras superar ao Erbecedo por 4-2.

Estes son os máis de 80 resultados da fin de semana:

Preferente - Senra Sport, xornada 14

Dumbría 0-1 Xallas StComba

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 13

Esteirana 2-0 Baio
Lesende0-1 Corme
Sofán 2-0 Agolada
Soneira 1-2 Puebla
Sigüeiro 1-3 Malpica

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 13

Cabana 1-3 Fisterra
Porteño 2-2 Camelle
Seaia 1-4 San Lorenzo
Cee 0-3 Outes
Montelouro 3-0 Baíñas
Carnota 1-1 Mazaricos
Zas 5-4 Volantes
Castriz 2-0 Ponteceso
Buño 3-3 Camariñas

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 13

Corcubión3-3 Nantón
Castrelo 0-1 Ameixenda
Muxía 0-0 Lira
Laxe 2-1 Cerqueda
  • Descansa Coristanco.

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 13

Dumbría 5-1 Os Miudos
Cee 2-4 Esteirana
Fisterra 2-2 Corcubión
Muxía 3-1 Castriz
Xallas StComba 2-1 Outes

Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 13

Zas5-2 Laxe
Porteño1-0 Coristanco
Malpica1-4 Cabana
Ponteceso0-2Baio
Corme1-2 Camariñas

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 12

Lalín0-1 Dumbría

Liga Galega Cadete, xornada 12

Eume Dep.4-2Xallas StComba

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 12

Víctoria4-0 Dumbría

1ª Cadete, xornada 12

Fisterra1-3 Cabana
Outes2-1 Muxía
Cee5-4Corme
Esteirana4-2 Os Miudos
Ponteceso3-0 As Baleas
Baio5-1 Sofán
  • Descansa Coristanco.

1ª Infantil, xornada 12

Sofán 4-2 Zas
Cabana3-1 Ponteceso
Vimianzo0-1Os Miudos
Cee7-2 Coristanco
Outes1-4 Fisterra
Esteirana2-2 Corme
  • Descansa XSC.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 5

Cee A 5-2Dumbría B
Cee B0-15 Outes A
XSC A5-1 Lira
Fisterra1-0Dumbría
Os Miúdos B0-4 Esteirana A
Os Miúdos A6-6Esteirana B
Sofán6-2 As Baleas

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 5

Cee B4-2 Outes
XSC A12-3 Lira
Fisterra 3-1 Dumbría
Os Miúdos B 0-8Esteirana
Os Miúdos A12-0XSC B
Sofán 7-4 As Baleas
  • Descansa Cee A.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 12

Xv. Bergantiños 0-1 San Román
At. Milagrosa 10-2 Laxe
Soneira 1-4 Dumbría
Coristanco0-1 Baio
San Lorenzo 2-2 Hosgran
Ponteceso 5-1 Cabana
Castriz1-20 Bértoa
  • Descansa Zas.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 12

Buño 0-1 Dep. Carballo
Malpica5-2 Vimianzo
Nantón 4-1 Poniente
Leiloio 2-1 Sofán
Porteño 4-0 Camariñas
Agualada 0-0 Corcoesto
San Isidro-Razo4-2 Erbecedo
  • Descansa UD Cerqueda.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios