Resultados e crónica dunha xornada que deixa ao Corme a un paso da Liga da Costa

A gran finalísima da Liga da Costa no Cairo focalizou gran parte da atención desta fin de semana do fútbol costeiro. I é que non é normal que unha Liga de 34 partidos se decida practicamente a un golpe, ademais entre dous dos mellores equipos da temporada.
Empezamos así, pola 2ª Autonómica o repaso á xornada desta última fin de semana de abril, cun Corme que deu un paso case definitivo cara o título da Liga da Costa ao vencer 2-1 ao Sofán. Un puntiño en dous partidos faille falta para asegurar o título e o ascenso á 1ª, pois este curso si que están convencidos de coñecer o seu teito.
Polo demais, o Zas quere pelexarlle a segunda praza, de promoción ao Sofán, que conta con 4 puntos de vantaxe. Por abaixo, a derrota do Camelle en Zas déixao tocado, ante as vitorias do San Lorenzo e Volantes, fundamentais, que meten ao cadro camellán ocupando a segunda praza de arrastre, unha vez que a vitoria do Muros parece que chega algo tarde.

Xa na Preferente, malas novas para o Dumbría, que caía en Viveiro tras facer unha das mellores primeiras metades da temporada, pero que un penalti dubidoso tiraba ao traste unha temporada enteira. O Silva non fallaba e xa saca 4 puntos aos dumbrieses. Ademais, o Soneira sumou, pero xa é demasiado tarde. Pola súa parte, o XSC pechaba a xornada cun empate en Chantada, que o deixa afianzado na 14ª praza, confiando en que só haia 3 arrastres.

Na 1ª Autonómica, o Malpica dixo adeus ás súas aspiracións de ascenso. O Arzúa endosaba 5 aos de Baña e se xogará co Villestro a segunda praza de Promoción, por detrás do líder. Un Noia que chegaba a Esteiro e que acadaba un empate ante unha Esteirana que depende dos posibles arrastres da 3ª e da Preferente, e particularmente do XSC. Agora mesmo está en probable descenso por arrastre, empatada co Cordeiro, na 2ª praza despois dos postos directos de descenso, ocupados polo Camariñas e Ponteceso, ademais do Lamela, e só cun punto de vantaxe sobre o Sigüeiro. Aínda ten que remar.
Mentres, o Baio segue ao seu e camariñáns e pontecesáns desexando que remate xa a liga.

Ademais, temos finalísima da Promoción de Ascenso da 3ª Autonómica. O Seaia dou conta do Coristanco na Rocheira, e se enfrontará a un Ameixenda que volvía pasar por riba dun Lira que tirou unha magnífica temporada e unha semana.

Arrincaron tamén os Cuartos da Copa da Costa Xuvenil, con 3 vitorias visitantes e unha local. A Esteirana ante o Cabana, o Dumbría ante o Outes, o Muros ante o Cee e o Corme ante o Fisterra tomaron vantaxe de cara ao partido do xoves 1 de maio, que terá tamén choques da Copa dos maiores e a final da Copa da Costa Cadete entre Coristanco e Fisterra.

Ademais, en 1ª Cadete, o XSC segue camiño do título, e saca 6 puntos ao Fisterra faltando 3 xornadas.

Fisterra e Esteirana, campións de Prebenxamín

Se Os infantís do Cee recibían a Copa de campións de Liga no choque ante a Esteirana, esta fin de semana remataban varias Ligas dos peques, da zona Sur, quedando aínda case 2 meses de competicións nos do Norte. En Alevín, F-8 Costa Sur o Dumbría xa quedara campión e empatou esta semana ante o 2º, o Fisterra. Xa van varias xornadas que o Outes se proclamara campión da Benxamín F-8 Costa Sur.

Pero a atención estaba nos Prebenxamíns, pois se enPrebenxamín F-8 Costa Este a Esteirna xa celebraba o título a semana pasada, o da Costa Oeste estaba en xogo. Cee A e Fisterra e Fisterra enfrontábanse co título polo medio, e o empate a 5 valeulles aos fisterráns para celebrar o título.

Os Veteranos, xa ca Copa

Remataron as Ligas de Veteranos xa con todo decidido. Así e todo Coristanco e Soneira, campión e 2º (e ex campión) protagonizaron un duelo fantástico na Rocheira, que certificou ao cadro verde como xusto campión. Agora, xa pensan na Copa da Costa de Veteranos 2014.

Preferente, xornada 35

Soneira 3-0 Lemos
Viveiro 2-1 Dumbría
Chantada 1-1 Xallas StComba

1ª Autonómica, xornada 32

Malpica 0-5 Arzúa
Ponteceso 0-5 Cordeiro
Esteirana 2-2 Noia
Piloño 1-2 Baio
Unión 2-2 Camariñas

2ª Autonómica, xornada 32

Cabana 3-3 Buño
Corcubión 2-3 Fisterra
Zas 2-1 Camelle
San Lorenzo 1-0Outes
Muros 3-0 Carnota
Corme 2-1 Sofán
Cee 0-3 Volantes
Mazaricos 0-3Castriz

Promoción de Ascenso 3ª Autonómica, Volta das Semifinais

1-1Seaia - Coristanco3-1
5-0Ameixenda - Lira2-0


División de Honra Cadete, xornada 30

Moaña 4-1Dumbría

Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 10

Dumbría1-0Foz
Santiago de Compostela 2-0 XSC
Lugo 01/05 - 12:00 (x.11) Dumbría
XSC 01/05 - 10:30 (x.11) Val do Ulla

1ª Cadete, xornada 23

Cabana 3-1 Muros
Fisterra 3-0 Baio
Esteirana 3-2 Outes
Cee 2-1 Coristanco
Zas6-2As Baleas
Xallas StComba5-0 Muxía

I Copa da Costa Infantil, Volta dos Cuartos


Alevín, F-8 Costa Norte, xornada 11

Sofán 5-0 Baio
E.M.F. Vimianzo 7-1EF Corcubión
Corme 4-4 Sofán
Baio 2-4 As Baleas
Cabana 5-4Muxía
  • Descansa Coristanco.

Alevín, F-8 Costa Sur, xornada 22

XSC A 5-1 (x.10)XSC B
Zas 0-6Os Miúdos A
Outes 8-0Os Miúdos B
Cee 3-2 Esteirana
Fisterra 1-1 Dumbría

Benxamín F-8 Costa Norte, xornada 11

Sofán 5-0 (x.10) Baio
E.M.F. Vimianzo 9-0Ponteceso
As Baleas B 2-5 Coristanco
Corme 1-3 Sofán
Baio 11-3 As Baleas A
Cabana 5-4 Muxía

Benxamín F-8 Costa Sur, xornada 22

XSC A 5-2 XSC B
Esteirana B 8-4 Lira
Zas -1-13 Os Miúdos A
Outes 5-1Os Miúdos B
Cee 5-1 Esteirana A
Fisterra 7-1 Dumbría

Prebenxamín F-8 Costa Este, xornada 10

Outes 5-2Cee B
Xallas StComba 0-0Baio
  • Descansa Esteirana.

Prebenxamín F-8 Costa Oeste, xornada 8

As Baleas 7-2 Dumbría
Cee A 5-5 Fisterra
  • Descansa EFB Corcubión.

Ligas de Veteranos, xornada 30

1ª División

Cabana0-1 Zas
Coristanco 6-4Soneira
Dumbría 0-1 San Román
Castriz 2-2 Xv. Bergantiños
Laxe 3-0 Ponteceso
Bértoa 1-0Nantón
Camariñas Vet 0-4 San Lorenzo
Muros 3-1Baio

2ª División

At. Milagrosa 2-1 Sofán
Erbecedo 1-0 Camelle
Porteño 4-1Vimianzo
Agualada 1-0 Dep. Carballo
Corcoesto 4-1 Buño
Leiloio 0-0Cerqueda
  • Descansa Malpica e Poniente.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).