Sábado Santo cheo de Futbol Costeiro

00:27 20/04/14
Na tarde de hoxe tíñamos moitos encontros por disputar sobre todo na Copa da Costa de Xuvenís, pero tamén tiñamos un interensante encontro na Ponte do Porto correspondente a un partido suspendido no seu dia que enfrentaba o Porteño co Fisterra, un encontro no que a directiva do Porteño tiña preparado un pequeno festexo polo 50 aniversario da Fundación do Club na Liga da Costa, alí tiñan unhas fotos moi antigas do Clube as cales algúns dos veteráns disfrutaban moito vendoas, comentandoas e contando algunhas das anécdotas, algún Titulo que conquistara e unha Gran Churrascada para todos, foi un dia especial na Ponte. Asi que aproveitando este festexo vamos comezar o repaso da xornada desta tarde con este encontro da 2ªAutonomica no que se enfrentaban o Porteño que quería sumar para poder alonxarse deses postos de descenso e o Fisterra que queria sumar para non descolgarse deses postos de cabeza. Un encontro tenso e cheo de emoción ata o final onde o Porteño se levaba esos 3 puntos tan importantes que lles dá un bó respiro.
En canto a Copa da Costa Xuvenil o primeiro dos encontros que se disputaba era na tarde de onte na que o Cabana vencía por 1-2 o Camariñas e deixa unha eliminatoria moi aberta, na tarde de hoxe disputabanse o resto dos encontros, onde o encontro mais madrugador era o Porteño-Muros no que os muradáns levabanse o partido por 0-3, e deixando a eliminatoria moi a favor do Muros.
Xuvenís Porteño - Muros. Foto Jorge Parri
Mentras a Esteirana seguía o seu que é vencer na casa, levabase o encontro pola minima fronte a un Muxia moi intenso, por outro lado o Outes actual subcampión de Copa caía en Baio por 3-1, nun partido moi intenso, o Cee vencía na casa do Coristanco e deixa o pase a seguinte fase mais cerca. Mentras os da vila do Cristo que estaban de festa vencían a un Malpica que segue en horas baixas, con este triunfo o Fisterra ponse mais cerca da seguinte eliminatoria, unha eliminatoria que queda moi moi aberta para os encontros de volta tanto no Ponteceso - Corme coma no Xallas de Santa Comba - Dumbria na que o resultado quedou en taboas e todo por decidir no seguinte encontro. Con todo isto cerrabase a xornada futboleira de sabado Santo.
Preferente, xornada 34
San Tirso | 0-2 (x.24) | Dumbría |
Xallas StComba | 2-1 | Atl. Riveira |
Castro | 20/04 - 17:00 | Soneira |
Dumbría | 20/04 - 18:00 | Bergantiños |
2ª Autonómica
Porteño | 2-1 (x.22) | Fisterra |
Mazaricos | 20/04 - 16:30 (x.17) | Zas |
Camelle | 20/04 - 16:30 (x.22) | Cabana |
Sofán | 20/04 - 17:00 (x.21) | Outes |
Cee | 20/04 - 17:00 (x.22) | Buño |
Copa da Costa, Ida dos Desaseisavos![COPA DA COSTA SENIOR]()
Copa da Costa Xuvenil, Ida dos Oitavos![Copa da Costa Juvenil. IDA]()
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: O Ameixenda dá conta do Lira nunha 3ª que fai afección.
- 2ª Autonómica: O Corme dá outro paso adiante e o Muros un abaixo.
- 1ª Autonómica: A Esteirana suma cando Camariñas e Ponteceso xa se deixan ir.
- Preferente: O XSC aférrase á categoría.
- Resultados e análise da xornada dos 50 anos do Fútbol da Costa.
Artigos relacionados
- Xa chegaron os cromos da SD Fisterra.
- Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
- O Gato parapenaltis.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).