Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Preferente: Vitoria importantisima de Xsc e Dumbria

Preferente: Vitoria importantisima de Xsc e Dumbria
Grandisimas e moi importantes vitorias as desta tarde por parte dos equipos Costeiros na Preferente, onde o Xsc sacaba 3 puntos importantisimos tras un partido onde os protagonistas foron os arbitros do encontro, unha vitoria que acerca o Xsc a salvación. Por outro lado o Dumbria tamén vencía no partido que tiña atrasado da xornada 24 fronte o San Tirso, con este triunfo segue nos postos que poden darlle a oportunidade de disputar a fase de Ascenso, teno moi complicado pero ata que as matematicas non o certifiquen deben pelear ata o final. San Tirso - Dumbria ( 0-2)
  • Dumbria: Julian - Rivi (Marcote,min.80) - David Carreira - Cote (Makay,min.63) - Iago - Oscar - Luis (Jano, min.59) - Jota - Doro - Dani Casal e Adrian Nieto (Pablo Muiño, min.70).
  • Goles: 0-1 Adrian Nieto, min.7; 0-2 Rivi, min.23.
Partido no cal o Dumbría tiña que sacar os tres puntos si non queria desmarcarse deses postos que lles pode dar a opción de xogar esa fase de Ascenso, un partido aprazado o que tiña que xogar hoxe fronte o San Tirso e o cal sacaría unha vitoria moi importante. O Dumbria realizaba un bó partido onde a primeira metade foi dominada de principio a fin polos homes de canosa e se porían por diante moi pronto gracias a un gran gol de Adrian Nieto. Pouco despois chegaría o segundo das botas de Rivi. Asi remataría a primeira metade. Na segunda o dumbría seguiría mandando no encontro pero con menos pegada que na primeira, chegaríase o final do encontro con este 0-2 que deixa os Dumbrieses na parte alta da taboa e con un partido menos co Silva que xogaba esta tarde e vencía. Así agora o Dumbría queda no 5º posto con dous puntos menos co Silva. XSC  - Atletico Riveira (2-1) Xogaba hoxe o Xsc en Santa Comba no partido adiantado da xornada e tiña que vencer para escapar deses postos de descenso, e fixose con esa importantisima vitoria. O cambio de adestrador doulle un cambio importante o equipo e está a conseguir o que tanto desexaba. Queda moito ainda pero vai con vos pasos.
  • Xallas de Santa Comba: Diego - Ruben Forján - Cristian - Jony - Hector - Fon - Cesar - Darío (Mata,min.85) - Toño (Marquiños,min.26(Steven,min.90) - Jesús e Arnejo.
  • Expulsión: Fon,min.61; Diego, min.70
  • Goles: 0-1 Piñeiro, min.57; 1-1 Jesús, min.77; 2-1 Dario, min.79.
Partido importantisimo para o Xsc e para as súas aspiracións nesta competición. Comezaba o encontro con un Xsc moi metido no partido e con gañas de levarse algo positivo, os primeiros compases do encontro eran para este novo Xsc que é un equipo diferente o de fai unhas xornadas. Un Xsc que dominaba e creaba peligro na área rival, chegando o final da primeira metade os locais marcarían un gol que despois de varias decisións arbitrais decidirian anulalo e con iso poñer os locais de moi mal humor. Uns arbitros que quixeron ser os protagonistas do encontro xa que tiveron decisións moi desafortunadas por ambos lados pero mais do lado local. Finalizaria a primeira metade con este empate a 0 moi discutido. Na segunda metade adiantariase o Riveira nos primeiros minutos, pero os locais non se virian abaixo e darianlle a volta a un encontro que se lles puxera moi costa arriba. Finalizaría o encontro con este 2-1 moi importante xa que na tarde de hoxe un dos equipos que está por debaixo deles como é o Val que caería derrotado e favoreceria moito a este Xsc que quere certificar a sua presencia na preferente do ano que ven. Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios