Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A Copa da Costa no Xoves Santo

A Copa da Costa no Xoves Santo
Tarde de moitisima calor en todolos encontros dos partidos de Ida dos dezaseisavos da Copa da Costa xogados na tarde de hoxe Xoves Santo e en www.copadacosta.com. Pero imos comezar co repaso da Preferente onde dous dos nosos xogaban nesta tarde e os dous con un resultado moi positivo, o Dumbria vencia 0-2 o San Tirso no partido que se suspendese no seu dia da xornada 24, bó partido dos Dumbrieses onde mereceron algo mais, con esta vitoria suman 3 puntos moi importantes. O Xsc facía o propio e vencia por 2-1 nun partido moi intenso o Atletico Riveira, con este triunfo dá un paso moi importante pola permanencia en Preferente xa que un dos seus perseguidores caía derrotado na casa como é o caso de O Val. Así que agora mesmo sitúase decimo cuarto na táboa.

En canto a Copa da Costa moitisimos partidos os desta tarde, comezamos o repaso na Serra de Outes onde vencía o Outes por 3-0 o Corcubión e pon moi de cara a eliminatoria para o encontro de volta, o Porteño caía na casa pola minima fronte o Cee por 0-1 onde os locais reservarían moitos xogadores para o encontro do sábado, mentras no encontro Cerqueda - Fisterra finalizaría o encontro en táboas 0-0 e queda todo pendente para o partido de volta. En Carnota, o equipo de Alfredo Cambeiro poríalle as cousas dificiles a todo un Malpica que se levaría o encontro pola minima, partido moi limpo para a cantidade de tarxetas inutiles que se dedicou a enseñar o colexiado a ambolos dous conxuntos.  O Volantes vencía a Esteirana tamén pola minima e deixa todo aberto para o encontro de volta, mentras o Buño daría a sorpresa vencendo o Camariñas por 1-3 e pon o pase a seguinte fase na man do Buño de cara o partido de volta, noutro dos partidos xogados o Castriz vencía por 4-0 o Camelle, pero istes presentarianse a xogar con 8 xogadores e na metade da primeira parte suspenderiase o encontro co resultado que estaba nese momento por lesión de 2 xogadores do Camelle.

Nakata xogador do Carnota perseguido por Mara
Partido con pouco oficio no Sofán-Muros onde os locais sentenciarían a eliminatoria de cara o partido de volta con este 5-0, mentras o Mazaricos perdía pola mínima na casa fronte o Baio nun partido moi igualado onde os Baieses levariansense o encontro e vencerían por 1-2 e deixan a eliminatoria un pouco mais cerca para o pase a seguinte ronda. O Ponteceso e o Coristanco empataban a 2 no partido mais adiantado da xornada, co mesmo resultado remataría o Cabana - Soneira o cal empataría na segunda metade tras ir perdendo cos locais por 2-0. O partido mais entretido da xornada foi o Baiñas - Corme o cal o final do encontro levaríase o partido os Cormeláns despois dun partido que tivo momentos moi bos para ambos conxuntos, queda un partido moi aberto para a volta despois deste 2-3 para os visitantes. E no ultimo encontro da xornada enfrontabanse de novo o Ameixenda - Lira o cal volvería a vencer o Ameixenda neste caso pola minima tralo 5-0 que lle endosou na fase de ascenso fai uns dias. Queda un partido moi aberto para o encontro de volta tras este 1-0 para o Ameixenda. Copa da Costa, Ida dos Desaseisavos

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios