Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Copa da Costa: Xornada de desaseisavos en Xoves Santo

Copa da Costa: Xornada de desaseisavos en Xoves Santo
A eliminatoria de ida de desaseisavos xogabase na tarde do Xoves Santo onde se disputaban 13 encontros nos cales houbo algunha que outra sorpresa. Unha copa da Costa na que a afluencia de público foi pouca, xa que o dia estaba moi bó para ir a praia e así o faría moitisima xente, xa que en moitos dos campos  pouca afluencia de público estivo presenciando os encontros como podemos ver na imaxe do Carnota - Malpica, que a priori era un partido atractivo para ver. A xornada estaba marcada por un calor insoportable e por algun enfrontamento competido. Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos Outes - Corcubión (3-0)
  • Outes: Juan Rivas - Borja - Arturo - Chua - David Sampedro - Martín - Pablo (Ruben,min.67) - Kin (David,min.70) - Edu Balsa (Elias,min.46) - Miguel Cruz (Joel, min.81) e Isma (Sergio,min.77).
  • Corcubion: Antonio Trillo - Sergio Trillo (Lucas, min.82) - Marcos Trillo (Tito, min.86) - Sebas - Senra - Gabri - Alan - Edu - Iago Lema - Martin Toja - Xabi (Antón Lestón, min.67).
  • Expulsión: O Mister do Corcubión Ramón Senra, min.63.
  • Goles: 1-0 Elias min. 59; 2-0 Elias min.65; 3-0 Elias min.75.
Partido no que se enfrontaban dous coñecidos da liga da costa. O encontro daba comezo e o Outes mandaba no partido, tiña a posesión do balón e nesta primeira metade lanzaría tres tiros a porteria que batirian no travesaño do corcubión, o final da primeira parte chegaría con empate a 0. Na segunda metade o Outes seguiria o seu ainque que o Corcubión en ningún momento lles poñia as cousas faciles, comezaban os trocos nos locais e a entrada de Elias daríalle un aire diferente os homes de Manu Roque, un Elias que se convertiría na estrela da tarde, e na que ambos conxuntos errarian unha pena maxima cada un, o 2-0 sería moi discutido polos visitantes  por un posible fora de xogo que o arbitro non sinalou. O final do encontro chegariase con un resultado de 3-0 que pon moi a favor a clasificación para oitavos dos homes de Manu Roque. Porteño - Cee (0-1)
  • Porteño: Bonano (Jimy, min.45) - Pejo (Elvis,min.70) - Gabi - Maikol (Alex, min.45) - Esteban - Rodri - Piti (Doyle, min.45) - Marcos - Iago - David e Brais (Varela,min.45).
  • Cee: Jorge - Nico (Berto, min.77) - Jorge García - Jacobo - Piquero - Angeliño - Jose Lago - Penedo - Javier Castro (Jorge Trillo, min.57) - Llanero e Roi.
  • Expulsión: Piquero, min.73
  • Goles: Piquero, min.44.
Tarde soleada na Ponte do Porto con un partido no o Porteño se presentaba con moitas baixas xa que reservaba xogadores de cara o importantisimo encontro do sábado fronte o Fisterra en liga, no cal se xogan moito de cara a manterse na 2ª Autonomica. Daba comezo o encontro e o Cee dominaba o encontro con algunha que outra chegada a porteria ainda que o partido estaba a ser moi rancio, pouco xogo tanto de unha parte coma da outra. Chegando o final da primeira metade adiantariase o Cee por medio de Piquero, co resultado de 0-1 chegaríase o descanso do encontro.  Xa na segunda metade o Porteño realizaría cambios que lles darían outro aire e terían algunha ocasión para marcar clara, ainda que o gol do empate non chegaría e o encontro remataría con este 0-1 para os homes de Floreal que deixan a eliminatoria moi aberta de cara o encontro de volta. Cerqueda - Fisterra (0 - 0)
  • Cerqueda: Ruben - Pailos - Sergio - Dani - Xabi - Lorenzo - Santi - Juanjo (Uru,min 74) - Carlos (Victor,min.60) - Dani Seaia (Manuel, min.85) e Dario.
  • Fisterra: Joselu - Robertín - Manuel Cartamil - Julio - Dani - Santi - Hidalgo - Roa - Mané - Guardiola e Mario. Banquillo: Angel - Insua - Aitor - Ruben
  • Expulsión: Julito, min.83
Chegaba o Fisterra por primeira vez na historia para enfrontarse o Cerqueda, a priori superior pero os locais non darían o brazo a torcer e complicarianlle o xogo o Fisterra. Comezaba o encontro con un Cerqueda moi metido no partido e con ganas de levarse a vitoria, as mellores ocasións chegarian das botas dos de Cerqueda. Os locais querían facer algo importante e algo historico que era vencer a este Fisterra que nada puido facer para conseguir o triunfo. En ocasións o encontro foi bastante embarullado e tosco. Os de Cerqueda reclamaron 2 penaltis que o arbitro non quixo pitar. O encontro remataba en táboas e a esperar para ver o que pasará no Arasolis.A Clínica Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica- Coñéce as nosas ofertas en depilación laser Carnota - Malpica (0-1)
  • Carnota: Luis de la Peña - Jose M Martinez (David López, min.80) - Pablo Castro - Manolo Chouza - Pedro Castro - Jose M. Ferreiro - Nakata - Pumuky - Ivan Maceiras (Elias,min.76) - Fernando - Rodrigo e Manuel Luis (Juan Piñeiro, min.89).
  • Malpica: Abraham - Fernando - Abel (Jose Pose, min.79)- Adrián - Alemán - Juan o Bello (Cheo,min.72) - Eloy - Isma (Eloy Suarez, min.84) - David Castro - Mario Casal e Mara (Oscar,min.64).
  • Expulsión: Alfredo Camberio por dobre cartón, min.67
  • Goles: Abel Souto, min.64
Tarde moi soleada en Lombáns donde non corria unha trista brisa para refrescar algo, pouco ambiente na grada para ver este encontro, un encontro que se presentaba atractivo pola calidade do Malpica. Daba comezo o encontro con un claro dominador coma era o Carnota, primeiros minutos moi intensos dos homes de Alfredo Cambeiro nos cales non deixaban pensar e facer o seu xogo os Malpicans, as ocasións chegarian do lado carnotán xa que o Malpica tería algunha chegada pero moi leve. Os primeiros 45 minutos tivo un claro dominador que foi o Carnota e o final da primeira metade acabaría con un empate a 0. Xa na segunda metade o Carnota seguiría a meter o Malpica na súa área e sen deixarlle ideas, Baña realizaria uns cambios dandolle entrada a Oscar Suarez e Cheo que lle aportaría algo mais de claridade a este Malpica que na tarde de hoxe non estivo ca cabeza moi metida neste encontro. O gol do Malpica chegaría nunha indecisión no despexe do balón da defensa carnotana que aproveitaría ben o dianteiro Abel que con un tanto de fortuna tras ese mal despexe e ese rebote que acabaría no fondo da porteria local. O encontro remataría con este 0-1 e con un arbitro que se dedicou a sacar tarxetas a diestro e siniestro e querendo ser o autentico protagonsta do encontro. Un partido moi limpo donde non houbo unha mala patada por ningún dos dous lados, e no cal se sacaron moitos cartóns. A expulsión do adestrador do carnota non a creía nin o colexiado cando o estaba expulsando. Queda un partido de volta que se presenta moi disputado. Volantes de Baño - Esteirana (1-0)
  • Volantes de Baño: Vicente - Juan - Miguel - Nimo - Nestor - Moja - Martin (Ivi)- Uru (Parde)- Adri (Gabri) - Brais (Cucurro) e Selo (Maikel).
  • Esteirana: Ruben,  Codesido, Serrano, Simón ( Rafa,min. 55)  Eloi , Dani , Andel, Pabliño(Adrian Louro, min. 78') , Josiño (Manu Yi, min.84') , Rober , Raul (Adrian, min 55').
  • Goles: 1-0 Seluco, min.68 Gol tras saque de banda e rexeite do porteiro.
Partido pouco vistoso, sen moitas ocasións de gol pero coa intensidade dun derbi. Gozou a Esteirana das mellores ocasións pero nunha chegada a balón parado, o maior perigo dos locais marcaron un tanto que lles valeu para adiantarse na eliminatoria. Masiva afluencia de público nunha tarde moi calurosa.
Volantes - Esteirana. Foto Chus Baño
Camariñas  - Buño(1- 3)
  • Camariñas: Pablo - Fabi -Sergio - Santi (Juan,min.70) - Brais - Moriño - Pirucho - David (Javi, min.65) - Martin (Asier, min.65) - Sule - Borja.
  • Buño: Toni - Gurita - Secundino - Brais - Fran - Juan - Diego - Dourado - Pedro - Elías e Charro.
  • Goles: 0 -1 Diego, min.37 ; 0-2 Elías, min.40; 1-2 David, min.65 ; 1-3 Diego, min.85.
Chegaba o Buño a Camariñas con 11 xogadores xustos, as lesións están a mermar o equipo oleiro neste tramo final de competición, un equipo onde o porteiro Brais tiña que xogar no centro da defensa por falta de efectivos. Comezaba o encontro con un Camariñas dominando o encontro, mentras o Buño se cerraba ben atrás e non pasaba demasiados apuros, só nun momento que tiveron un balon a espalda da defensa a cal repelía ben o porteiro Toni de puños, o Camariñas durante esta primeira metade seguía ca posesión do esferico e incluso desaproveitaría algunha ocasión por falta de pegada, pero quen se adiantaría no marcador non sería outro que o Buño, un gol a balón parado pondría por diante os de Esmorís. O Camariñas reclamaria un posible penalti que non pitaría o arbitro. Rematando esta primeira metade outra vez o Buño volvería a perforar a porteria rival e poriase con 0-2 no marcador, pouco despois o Camariñas erraría unha pena maxima que pararía Toni, así acabaría a primeira metade. A segunda parte seguiría o dominio do Camariñas pero moi falto de ideas, ainda así recurtaría distancias e poríase con 1-2 para intentar darlle a volta, pero o Buño a pesar da falta de efectivos realizaba un grandisimo encontro e non deixaba xogar con claridade os locais, nos últimos minutos do encontro chegaría o 1-3 definitivo que cerraría o marcador e que pon moi dificil as cousas de cara o partido de volta para o Camariñas e pono moi o favor dun Buño que realizaba unha grandisima proeza con só 11 xogadores. Castriz - Camelle (4-0)
  • Castriz: Pablo - Bruno -Marcos Ferreiro - David Agra -Jose Castro - Adrian Prol - Pablo Pérez -Alex - Victor - Chinda e Martín García.
  • Camelle: Angel - Jesús - Matias - Carlos Valiña - Alvaro Lema - Francisco Abelleira - Sergio Romero e Adrián Tajes.
  • Goles: 1-0 David Agra, min.9; 2-0 David Agra, min.11; 3-0 Adrian Prol, min.24; 4-0 Bruno Ferreiro, min.29.
Un partido moi corto de tempo e de efectivos xa que o Camelle chegaba a Castriz con só 8 xogadores para disputar este encontro. Daba comezo o partido e os poucos minutos xa se adiantaba no marcador o Castriz das botas de David Agra. Os locais dominaban o encontro e pouco despois chegarían dous goles mais pero unha lesión dun xogador do Camelle mermaría mais os visitantes. O cuarto gol chegaría a falta de 15 minutos para o final do encontro e unha nova lesión doutro xogador do Camelle cerraría un encontro con pouca historia, xa que os visitantes quedarianse con 6 xogadores e o arbitro suspendería o encontro con este 4-0 no marcador. Sofan - Muros (5-0)
  • Sofan: Bugy - Javi Souto - Gustavo - Seo - Boedo - Martin(Cantudo, min. 46) - Michel(Pablo Martinez,min. 46)- Rojo(Diego, min.70)- Rey(Jorge Calvete, min. 70)-Leilán(Raul, min.72) e Bertín.
  • Muros: Fabio(Trozo, min. 80) -Ramon, Veloso -  Teo(Eloy, min. 46)-Sexo - Gelo - Dani - Juan -  Santi -  Jesus e Gabo(Miguel, min. 70).
  • Goles:1-0 Eloy min.5; 2-0 Seo min.9; 3-0 Eloy min.62; 4-0 Raúl min.75; 5-0 Raúl min.80.
Dende o inicio a Sd xogou moi comoda, combinando con acerto, entrando por bandas e creando ocasións. Leilan rematou fora diante de Fabio na primeira, e pronto chegaron os dous primeiros goles a balon parado. Co 2-0 a pelota era dos locais, e o Muros dedicabase a defenderse como boamente podia. Rojo, Rey, Bertin e Leilan combinaban a placer na zona dianteira, e so a falta de pericia fixo que os goles non foran a maiores. Fabio fixo un paradon a disparo lonxano de Rojo. Bertin marrou a porta valeira tras irse do gardameta, e Leilan errou o control cando estaba solo para marcar. O descanso o partido era tranquilo e o resultado curto. O segundo tempo foi parecido. O Muros comenzou mais animado, e Gelo disparou a rentes do pao. Pero foi un espellismo. O terceiro gol de Boedo matou o encontro. Raul marrou outra ocasión la liña de gol antes de anotar os seus dous tantos. A Sd marcou 5 pero perdonou moito. con este 5-0 chegaríase o final do encontro e unha eliminatoria practicamente sentenciada para o Sofán. Mazaricos - Baio ( 1-2)
  • Mazaricos: Daniel - Sergio (Jose Moreira, min.60) - Matias (Jose Alvite, min.83) - Jose Antelo - Jose Carreira - Kevin - Adrian (Roberto, min.70) - Estefano - David (David Garcia, min.45) - Esteban  e Rodri.
  • Baio: Manuel - Fachal (Jose Núñez, min.77)- Yago (Cristian, min.56) - Mario - Mario - Eloy - Brais (Alfredo, min.87) - Bieito - Norberto - Martin - Mc  e Alberto (Ivan García, min.59).
  • Goles: 1-0 Kevin, min.22 de penalti; 1-1 Brais, min.40; 1-2 Jose Núñez, min.86.
Unha primeira metade moi igualada sen moitas ocasións por ningun dos dous equipos, ainda que o Mazaricos adiantariase no marcador de penalti e poría o 1-0 no marcador, o Baio viríase un pouco arriba e  chegando o final da primeira metade empataría o encontro tras unha perdida de balón no medio do campo que era ben culminada polos xogadores de Felix. con este 1-1 chegaríase o descanso. A segunda parte tivo ocasións para ambos equipo e o dominio do esferico estivo repartido entre ambos conxuntos, pero os minutos finais foron dominados por un Baio que queria demostrar a superioridade de categoria, as mellores ocasións viñan pola banda de Mc que estivo moi activo e foi unha pesadilla para a defensa do Mazaricos. O segundo do Baio chegaría tras unha gran xogada de Mc que tira a porta e rechaza o porteiro, pero un atento Rubio pon por diante os Baieses e con este 1-2 cerrariase o marcador e deixa para o partido de volta o desenlace final desta historia.
Celebración do gol no Mazaricos - Baio . Foto Sara Ramos
Ponteceso - Coristanco ( 2-2)
  • Ponteceso:
  • Coristanco: Fredy - Facal (Morientes, min.50) - Rubio - Sergio - Marquiños - Mato - Luis (Juan, min.80)  - Pazos (Torreira, min.55) - Benitez (Mallón, min.70) - Gonzalo (Moreno, min.65) e Toniño.
  • Goles: 0-1 Benitez; 0-2 Gonzalo; 1-2 Dieguito; 2-2
Partido de entreno,tanto pa o Coristanco coma para o Ponteceso no que na primeira parte foise o descanso con un 0-0 sen moito que decir deste primer tempo. Na segunda metade o partido cambiou u pouco e o Coristanco adiantaríase no marcador, Benitez nunha xogada con tiro desde fora marcaria o 0-1, pouco despois Gonzalo nun roubo de balon e unha excelente xogada marcaria o 0-2, a partir de ahí,o Ponteceso despertou ata meterse no partido, marcando Dieguito un golazo pola escadra, fredy tubo varias paradas e marcarian o empate, o Ponteceso non marcaría  mais porque acabou o encontro. Queda todo por decidir no partido de volta. Cabana - Soneira (2-2)
  • Cabana: Añón - José Marta - Ismael - Jose Rodriguez (Raúl Fernandez, min.59) - Ivan Pardiñas - Eloy Vilas - Eloy Pereira - Manuel Guillament - Alessandro - Diego (Jose Varela,min.10) e Fernando (Mario Facal, min.66).
  • Soneira: Victor - Brais - Fran - Cristian - Jose Muñiz - Ricardo (Cristian, min.79) - De la Sierra - Adrian (Ivan Chans, min.88) - Basti - Leo (Javi, min.57) e Baba.
  • Goles: 1-0 Manuel Guillament, min.29; 2-0 Manuel Guillament, min.51; 2-1 Baba, min.76; 2-2 Javi ,min.86.
Tarde soleada en Cabana con dous equipos que os separa unha categoria, dispostos a enfrontarse nun partido para conseguir cada un a súa vitoria. O encontro daba comezo e o Soneira comezaba a dar señales da categoria na que milita, as primeiras ocasións caían do bando dos visitantes que non serían capaces de materializar e acabar en gol, ocasións claras de Leo e Basti que non aproveitan pero que sí aproveita Manuel Guillament para poñer o 1-0 no marcador nunha das poucas ocasións que tivo nesta primeira metade o Cabana. Chegaríase o descanso con este 1-0 para o Cabana. Na segunda metade os Soneiráns saldrían despistados o terreo de xogo e o Cabana vense arriba dominando e trenzando boas xogados, de ahí que chegaría o 2-0 que pondría moi de cara o partido para os locais, pero o Soneira non se viría abaixo e comezaría a apretar e ter ocasións claras, nas cales con un gol de Baba primeiro e de Javi despois empatarían un encontro no que non houbo un claro dominador. Outro dos partidos que queda pendente para o encontro de volta. Baiñas - Corme (2-3)
  • Baiñas: Sergio - Samuel - Sanchiño - Jose Alvite - Mario (Andres, min.79) - Hector - Jaime - Esteban - José Blanco - Javier e Cristian.
  • Corme: Suso - Dani - Alejandro - Manu - Sergio - Brais - Juan Chans (Antonio Carabel, min. 79) - Adrian Doldán - Diego (Jose Gonzalez, min.65) - Lucas (Javier, min.85) e Toniño (Alejo, min55).
  • Goles: 1-0 Esteban, min.35; 2-0 Javi, min.41; 2-1 Juan Chans, min.45; 2-2 Lucas, min.52; 2-3 Josiño, min.76.
Enfrontabanse o Campión de liga de 3ª Autonómica e o actual lider da 2ª Autonomica da Costa. Presentabase un partido moi atractivo e así foi, partido con moitos goles e con moita emoción. Daba comezo o encontro con un Corme moi enchufado e con ganas de levarse o partido, os primeiros minutos caían do lado visitante pero nunha das primeiras chegadas do Baiñas adiantaríase no marcador tras un gol de Esteban de falta tras unha cesión que pitou o arbitro. Pouco despois chegaría o segundo do Baiñas que poría as cousas moi o seu favor, pero un Corme con unha calidade enorme recurtaría distancias poñendo 0 2-1 de penalti obra de Juan Chans, así se chegaría o descanso, despois dunha primeira metade moi vistosa. A segunda metade era practicamente de dominio Cormelán ainda que unhas contras ben trenzadas por parte dos de Baiñas poideron cambiar o signo do encontro. No medio dunha desas ocasións dos de Baiñas empataba o Corme gracias o gol de Lucas tras un fallo importante na defensa do Baiñas. A partir do empate do Corme comezaron as protestas e a tensión no partido, os locais pedirían un penalti claro sobre Javi que o arbitro non sinalaría, tras este posible penalti as protestas irían en aumento e o partido volveriase algo brusco, pero o Corme seguía trenzando o seu bo xogo e beneficiaríase do seu mellor estado fisico para poñer 0 2-3 co cal remataría o encontro. Eliminatoria moi aberta para o encontro de volta, un encontro que dará moito de sí. Ameixenda - Lira (1-0)
  • Ameixenda: Mateo - Samuel - Camacho (Javichu,min.76) - Moina - Grille - Bicho (David, min.75) - Brais (Jesús, min.60) - Demetrio - Alex - Paulino (Borja, min.65) e Pastecas (Rioliño, min.80).
  • Lira: Simón - Fran - Herminio - David Carballo - Jose Ramón Lucena - Victor - Fran Gonzalez - Manuel Maceiras - Oli - Alex - Deme. Banquillo: Cibrán - Aitor - Santi - Miche.
  • Goles: Alex, min.90.
Volvian a enfrontarse estos dous conxuntos poucos dias despois do seu enfrontamento da fase de ascenso onde o Ameixenda levouse o encontro con un resultado de 5-0.  Tarde soleada con moita calor no campo, con unhas 100 personas nas gradas para presenciar o encontro que esperaban que fose un partido intenso. Daba comezo o encontro sin un claro dominador, moitas imprecisións por ambos conxuntos e moi pouco futbol entre ambos conxuntos. A primeira metade remataría con tablas no marcador e con pouco futbol. Na segunda sería algo mais do mesmo, partido moi aburrido sin ocasións, moitas perdidas de balón por ambos lados e poucos minutos de futbol. O Gol do Ameixenda chegaría no último minuto tras un golazo de Alex dende a frontal do área de volea. Tras este gol concluiría o partido que deixa a eliminatoria moi aberta de cara o encontro de volta. Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios