![_DSC2416qpnc]()
Tarde de domingo con nubes e craros tanto no fútbol coma no ceo, e coma decía o grande de Pemán, hoxe teremos un día de nubes con algún craro pero levade o paraugas que pode que chova ou non, e que razón tiña, xa que no dia de hoxe chovía pero chovían alegrías por algúns equipos e campos da costa e tristezas por outros.
Unha das alegrías caía na
Preferente onde o
Soneira vencía na casa do Castro e matematicamente segue con opcións de seguir na preferente, moi complicado sí, pero imposible non, xa que quedan 4 encontros por desputar e son 12 puntos en xogo, todo é posible nesta vida. Esta vitoria dalles un balsamo de alegria os Soneiráns que pelexarán ata o final. Noutro dos encontros desputados esta tarde nesta categoría era un grandisimo derbi de altura, e nunca mellor dito xa que os dous pelexan por esas prazas de Ascenso a 3ª División,un encontro no que antes de comezar os dous equipos facianlle o pasillo de campión o
Dumbria de Xuvenís pola consecución do titulo na liguiña da fase de ascenso onde a Federación Galega de Futbol facíalle entrega do trofeo das mans do seu Tesorero Jose Gerpe . Foi un derbi intenso e con moi bó xogo por parte do
Dumbría que mereceu bastante mais que este empate, tivo contra as cordas o
Bergantiños e pudo levarse o encontro si non fose polos paus, por unha arbitraxe dificil de describir e por unha gran parada de Cristopher que se colaba pola escadra, o final do encontro con un empate que lles sabe a pouco os dous.
Na 2ª Autonómica tamén tíñamos encontros a desputar de xornadas atrasadas e con estos encontros xa temos esta competición en igualdade de partidos desputados. Tralos resultados desta tarde o Sofán segue facendolle fronte a un Corme que vai moi forte. O Sofán que derrotaba o Outes nun encontro intensísimo e que se mete a dous puntos do lider, dous gallitos que se enfrentarán o próximo fin de semana cara a cara para saber quen liderará esta competición, Corme - Sofán no Cairo, por outro lado un dos que pelexaba por esos postos de arriba coma é o Sporting Zas que se alonxa dos dous de cabeza e caía derrotado na tarde de hoxe en Mazaricos que practicamente dí adeus a esa posible opción de descenso. Mentras tanto o que sí se pon en perigo é o Buño que caía derrotado en Cee por 4-1 e complicase un pouquiño xa que ai moitos equipos empates a puntos e outros moi preto. Noutro encontro intenso que se xogaba e cerraba a tarde era o Camelle - Cabana que acabaron en táboas, un punto que pode saber a moito ou a pouco. Con todo isto acontecido hoxe e co acontecido estos dias na Copa da costa cerrabase a Semana Santa mais futboleira.
San Tirso |
0-2 (x.24) |
Dumbría |
Xallas StComba |
2-1 |
Atl. Riveira |
Castro |
1-2 |
Soneira |
Dumbría |
0-0 |
Bergantiños |
Porteño |
2-1 (x.22) |
Fisterra |
Mazaricos |
1-0 (x.17) |
Zas |
Camelle |
2-2 (x.22) |
Cabana |
Sofán |
2-0 (x.21) |
Outes |
Cee |
4-1 (x.22) |
Buño |
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).