Venres. 26.04.2024
El tiempo

Resumo da xornada: moita leña que cortar

Resumo da xornada: moita leña que cortar
Pasiño a pasiño faise o camiño, decía aquel. Así están os nosos equipos, algún dando pasos mais grandes que outros. A regularidade no torneo ligueiro é a chave do éxito, pero todavía queda moita leña que cortar, así que ninguén pode desanimarse a estas alturas.Todos os resultados en www.futboldacosta.com. Cheo a reventar o Cunchido En Preferente Norte, dous dos nosos cortan leña con motoserra: Dumbría e Sofán suman de tres en tres e encarámanse na parte alta da taboa. Ó Xallas estalle a costar un pouquiño mais pero potencial de sobra ten para non estar tan abaixo como agora mesmo. Na 1ª Galicia vanse clarificando cousas: o Soneira pillou a boa xeira e acércase á zoa na que queren estar. Fisterra e San Lorenzo levaron duros correctivos, e se ben no caso dos fisterráns parece so un traspés momentaneo, o caso dos de Verdillo xa empeza a ser preocupante. O Baio igualou nun competido partido ante o Agolada, na volta de MC ó equipo. Na Liga da Costa unha cita polarizaba o interese, e non defraudou. Ante unha masa inxente de persoas, a Esteirana levouse o derbi e ademáis remontando. Corme e Puenteceso lograron vitorias esperadas pero sufridas, e o Baíñas mostrou a súa boa faciana para desfacerse do Lira. Na sorpresa da xornada o Buño levaba os puntos de Zas. En xornada sabatina, polémica en Louro para que o Mazaricos mantivera o resultado, a primeira vitoria do Coristanco e igualada nun trepidante Cerqueda - Muxía. O Dumbría está imparable no Conco Na 3ª Galicia, o partido da xornada acababa sen goles pero con moita emoción en Muros. O Cabana obtivo un gran resultado na Ponte do Porto, e Camelle, Seaia e Ameixenda arrimanse á zona alta. Nantón e Corcubión igualaron nun partido de moitos goles.

Comentarios