Sesións con DaFIT: KickBoxing, para todas as idades!
Kárate, taekwondo, boxeo, judo, Muay Thai, Kendo, Jiu Jistsu… existen infinidade de artes marciais e de deportes de contacto. Si nos centramos nos deportes de contacto nacen dúbidas sobre cales son as disciplinas ou modalidades que esta definición abarca, pois o rugby, o fútbol ou o baloncesto, nalgúns casos, poderíamos incluílos como deportes de contacto, aínda que, a intensidade do contacto sexa menor.
Acotándonos aos deportes de contacto e combate, aqueles nos que se busca unha confrontación física entre opoñentes, hoxe destacaremos o KickBoxing.
Un dos deportes de contacto máis completos que se pode atopar, combinando patadas e adoptando tecnicamente o boxeo (golpes de puño). A súa práctica auna técnica, velocidade e axilidade, forza, potencia, precisión, etcétera. Implicando todo o corpo, tanto para atacar como para defenderse.
Ten dous orixes diferentes: Nace, na década dos setenta en EEUU, o KickBoxing Americano ou Full-Contact,como unha modalidade deportiva refundida por artes marciais e deportes de contacto. Previamente, nos anos sesenta, provén do Muay Thai e foi adaptado polo promotor xaponés Osamu Noguch e practicante de kárate, quixo introducir esta modalidade. Sobre a década dos oitenta coa palabra kkickBoxing identificábanse deportes de contacto con raíces, fundamentos e regramentos diferentes como o Boxeo Americano ou o Full-Contact, o Boxeo Thailandés ou o Muay Thai e o Boxeo Francés ou Savate.
Oficialmente a modalidade deportiva KickBoxing ten como especialidade principal o KickBoxing Americano e outra non principal denominada Kickboxing Oriental. O KickBoxing Americano comprende catro tipos de probas: Formas, Semi-contact, Light-contact e Full- contact. E o Kickboxing Oriental cun tipo de proba: o Low-Kick.
En canto os beneficios da práctica do Kickboxing, son múltiples e variados, como por exemplo:
- Mellora a resistencia cardiovascular.
- Aumenta os reflexos e a velocidade de reacción.
- Mellora a coordinación psicomotora, a flexibilidade.
- Aumenta o equilibrio.
- É un exercicio integral a musculatura traballa de forma constante na súa globalizade, polo que favorece a tonificación e o fortalecemento muscular.
- Diminúe a acumulación de tecido adiposo.
- Pódese empregar como forma de canalización do estrés.
Para mellorar e obter beneficios recoméndase practicar un mínimo de dúas veces á semana.
Dafitkids nunha sesion de KickBoxing InfantilDaFit, oferta esta actividade nas instalacións deportivas do “Conco”, en Dumbría, cunha novidade na Costa da Morte, o KickBoxing Infantil.
Preséntase esta modalidade de forma adaptada á idades temperás, onde o que se fomenta é a disciplina, as habilidades motrices (desprazamentos, xiros, etcétera.) capacidades físicas básicas (resistencia, forza, velocidade ou flexibilidade) e o xogo limpo.
Un dos falsos mitos que pretendemos desmontar é que si se practica Kick Boxing, dende curta idade, os nenos e nenas vólvense máis agresivos e violentos. Créemos que como en todo, o importante é poñer uns límites, marcar unhas regras e que todos e todas sepan os ricos que pode conlevar si exite un contacto co intensidade sobre outro compañeiro.
O respecto e a creación dun bo clima no grupo son piares de traballo fundamentais, transmitíndose valores de compañeirismo e onde prima a lealdade. Pese a que, a priori, pareza un deporte individual búscase o traballo en equipo para lograr certos obxectivos en cada adestramento.
O Kick Boxing axúdalles aos máis cativos a canalizar a enerxía a través do movemento de todo o corpo de xeito continuo, pois o traballo da resistencia física é básico, implicando ademais, un alto gasto calórico.
Anímate a probar e enfúndate uns guantes! ;)
Sesións con Dafit
- Estiramentos… Si ou non?.
- Cales son as lesións máis frecuentes?
- Exercicio funcional para saber cargar pesos.
- Electrofitness con Dani Trillo.
- #DaFitKIDS.
- O bo, o malo e o feo? NON (Falamos do colesterol).
- Paciencia para recuperarse do Nadal.
- Os mitos da Alimentación.
- Para Maiores!.
- Hipopresivos & Isométricos.
- Bewater, my friend!.
- Maniotas, quen non as padeceu algunha vez?.
- Previndo a dor das costas.
- Apostamos polo Crossfit.
- Unha de surf.
- Comer, todo é bo, na medida xusta!.
- Outono de sendeirismo.
- Invadindo o Conco.
- #CorreconDafit.
- “A xente vén buscando estética e sae con saúde”.
- O Deporte e o Adestramento persoal como identidade dende a Costa da Morte.
Máis información
Fonte
- Enlace patrocinado.