Un gol de Richi pechou a remontada dun Soneira que de puntuar en Malpica será de Preferente; na Costa o sorpresón pegouno a Esteirana, ao vencer contra o San Lorenzoi
O Soneira celebrando o case ascendo no vestiario
Poderíanse facer moitos xogos de palabras e ningún lle faría xustiza ao que significou o tanto de Richi contra o Unión de Asados. Os 'rich men', un punto 'richísimo'… serían titulares demasiado lixeiros para a carga emocional que viviu o Municipal de Vimianzo. Dous rapaces da casa, Mayor e Richi, déronlle a volta ao marcador e o triunfo a un Soneira que xa está a un só punto do regreso a Preferente. Ten tódolos rasgos de conxunto para lembrar: con calidade, pero tamén con casta e con orgullo. A visita a Mapica debería ser o último e decisivo paso da persecución dun sono do que nunca quixo despertar o cadro de Manolito. E a traca pode ser incluso dobre, porque o resultado, unido tamén á derrota do Cordeiro, deixa ao Sofán en segunda posición. Para menos alegrías están Baio e Corme, na perigosa rede da ameaza de arrastre, e ademais co Lesende vencendo no Cairo e abrindo unha ferida de sete puntos.
O Municipal foi unha festa
E tamén 'ollipláticos' quedaron Sporting Zas e Fisterra cando se enteraron da derrota do San Lorenzo en Esteiro. Aos carballeses lles está a pesar o final de liga de forma parecida ao Barcelona de Primeira División. Cumpriron o líder, que se paseou en Carnota, e os zascenses, ante un Baíñas repreto de vellos coñecidos e que tivo as súas. E se na Primeira Baio e Corme parecen destinados a loitar por superarse o un ao outro, algo semellante sucede con Buño, Porteño e Coristanco, que evitarán ser o último dos tres.
Comezou a fase de ascenso á Liga da Costa, e notouse o medo no Rodeiro, con Camelle e Corcubión gardando a roupa e deixando para Cubaleiro un partido en forma de final. Ou mellor dito, de semifinal. Por arriba, na Preferente, o Dumbría lle causou un bo estropicio ao veciño Xallas, rompendo a xeira negativa dos de O Conco, que non se xogaban nada, e curtando a positiva dos combeses. Tampouco especialmente positiva foi a xornada para os dumbrías, co Xuvenil de Galega sacando un traballadísimo punto en Vilalba ante o segundo, mentres que o Cadete caeu en Coruxo.
0-0 | Camelle - Corcubión | -- |
2-1 | Nantón - Muxía | -- |
 :
Novasrelacionadas