martes. 03.06.2025
El tiempo

Un Concurso de Punteirolos para o 3x3 da Cherinkas

Un Concurso de Punteirolos para o 3x3 da Cherinkas
3x3 Cherinkas Vimianzo

Un nadal máis a Asociación Cultural Cherinkas organiza a 5ª edición do Maratón de fútbol 3x3. Este ano volverán a ter o concurso de punteirolos que tanta expectación levantou o ano pasado e grande sabor de boca deixou a todos os participantes.
O venres 26 ás 21:30 horas terá lugar o sorteo, hora na que se pechará o prazo de inscrición de equipos.

O maratón discurrirá durante todo o día do sábado 27. A hora prevista de comezo dos partidos dependerá do número de equipos, e está prevista para as 11h. da mañá. Haberá unha fase previa por grupos que garantizará un mínimo de 3 partidos por equipo.

- DATA: Sábado 27 de decembro - LUGAR: Pavillón Municipal de Vimianzo - INSCRICIÓN: 20 Euros (Telf: 686605380). Máximo 5 xogadores. O prazo estará aberto ata o día do sorteo. - SORTEO: Venres 26 ás 21:30h. no Bar London - Haberá premios para os 4 primeiros clasificados e para o gañador do concurso dos punteirolos

Fonte

Comentarios