Un libro cos campos do Fútbol da Terra


Hai un tempo recuperábamos nunha completa e fermosa reportaxe (non está ben que o digamos nós pero…) dos campos esquecidos do Fútbol da Costa. O Carreiro, o Escarabajo, Potocubelo, Os Petóns, o Balsiño, Portorrubio, o Punta Insua, o Beiramar, o Cubeleiro… Nomes que nos lembran unha épica paxina do noso deporte.
Nesa liña chega a nova publicación editada pola Federación Galega. “O Fútbol da Terra” é unha publicación composta de imaxes de campos de fútbol na que cada fotografía nos conta unha historia. O seu autor é o fotógrafo afeccionado Robert Willemse, de orixe holandés.
Ademais de ser repartido entre os medios e entre todos os clubs de fútbol de Galicia, a FGF vai poñer á venda unha parte da tirada co obxectivo de xerar uns beneficios que irán destinados a dúas asociacións/entidades que fan un traballo excepcional con nenos e nenas con diferentes problemas de saúde:
- Esperanza Salnés: Asociación de axuda a nenos e xóvenes con minusvalías.
- Asociación Asanog: Asociación de axuda a nenos con cáncer.
Polo de agora o libro estará á venda nas Delegacións da RFGF, pero en breve tamén se poderá mercar vía online e en librerías.

Novas relacionadas
- Repaso polos campos esquecidos do Fútbol da Costa: Xa só a Rubitiña se desmarca pola banda de Portocubelo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- FGF.