Un lustro sobrevivindo

16:33 14/09/16
Coma se do fóra de control do ciclismo se tratase, o Volantes de Baño logrou xuntar un grupo in extremis para comezar a liga a fin de semana; de feito, nin amigables ten xogado
O Volantes chegou xuntar algunhas das figuras do balompé muradán
Se hai un Concello na Costa da Morte que desafía a lóxica e calquera expectativa a longro prazo ese é Muros. A proporción entre beleza e caos futbolístico é case totalmente proporcional, ata o punto de gozar dunha das maiores canteiras da zona, dunha das poboacións máis grandes e arrastrar a masa social máis numerosa. E aínda así é incapaz de manter forte e asentado, o incluso competindo, ao clube da capital municipal, o Muros SD. Cómpre botar a vista atrás cinco anos para buscar un exemplo de máis difícil todavía. Con Esteirana, Muros e Monte Louro competindo, unha serie de amigos e veciños de Baño decidíronse a darlle voz deportiva á súa parroquia, e fundaron o Volantes. Foi un foguete que rachou con todo o coñecido e superou tódalas expectativas, acadando entradas de seiscentas e setecentas persoas en Terceira Autonómica, e acadando rápidamente o ascenso á Liga da Costa. Pero tras unha lixeira estabilidade, o Volantes sufriu ese efecto gaseosa que sacude a tódalas novas creacións, e o pasado curso, case sen futbolistas, descendía a Terceira. Para a maioría dos neonatos tería sido a súa fin, pero unha vez máis a entidade ten acudido á pócima da supervivencia, que lle convirte realmente e na práctica no actual Muros SD. A maniobra para esta vez ten sido de órdago.
A prácticamente unha semana para comezar a Terceira o Volantes tiña só a licenciacia federativa, o escudo e as camisetas. Ademais da vontade do noiés Santi, técnico o pasado curso, e uns cantos futbolistas que non querían deixar morrer o proxecto. O primeiro paso adiante pegouno un dos mellores futbolistas muradáns da década, Yanky, que se comprometeu non só a aportar desde o área pequena, senón tamén desde o área técnica como segundo de Santi. De feito, os dous alternarán a súa labor no campo e no banco. Calidade de Preferente e experiencia en grandes guerras para pequenas batallas de Terceira. A configuración do plantel, de momento, da para comezar, aínda que de non medrar atísbanse os mesmos problemas que hai uns meses. De momento, conforman o Volantes de Baño:
Porteiros
Yanky será dianteiro e pasará tamén ao corpo técnico xunto a Santi – Foto: Volantes de Baño
Javira
Samu
Defensas
Maikel Perrito
Mou
Juan do Sivil
Yert
Yeray
Santi (tamén adestrador)
Centrocampistas
Óscar
Bernardo
Javi
Andel
Uru
Edu
Mingos
Kanoote
Víctor
Dianteiros
Yanky (tamén adestrador)
Cajulo
Pardelo
Tiko
Rapante
Agárdanse que tamén se incorporen Edu Pachanga e Púgil, que en breve comezarán a adestrarse co cadro de Miraflores. Outra curiosidade é que, debido aos atípicos prazos para armar o plantel, o primeiro partido que desputará este grupo de futbolistas será o vindeiro sábado, ás seis da tarde, nas Redondas de Cabana. Nin un só amigable ata o de agora para os laranxas.
Por outra banda, a pregunta que queda no aire é sobre a viabilidade do retorno do Muros SD, algo que parece cada vez máis no limbo da memoria muradán. O convenio do Volantes cos Miudos, que fai posible o salto da base ao Sénior, ten ben atado nese sentido o cimiento dun cadro que de por si é un auténtico sobrevivinte.


Máis información
- Mercado de fichaxes do Fútbol da Costa.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.