Un recoñecemento aos arqueiros de Vimianzo

Os membros do Club de Tiro con Arco DousxSetenta foron recibidos esta pasada fin de semana polo alcalde Manuel Antelo no concello, a onde levaron títulos recibidos nos campionatos. Un total de 20 membros que promocionan este deporte, minoritario e pouco coñecido na Casta da Morte, xa que só se conta con dous clubs: un en Vimianzo e outro en Baio, que levan o nome de Vimianzo polos diferentes campionatos de Galicia nos que participan activamente.

I é que os mozos vimianceses veñen de conseguir numerosos podios no campionato galego ao aire libre en diferentes categorías:

  • Na categoría benxamín modalidade recurvo olímpico: José Vázquez, subcampión galego masculino; Laura Ramos, 3ª clasificada galega feminina; Marcos Esperante, 4º clasificado galego masculino; Adrián Pereira, 5º clasificado galego masculino.
  • Na categoría alevín, modalidade recurvo olímpico, Fernando Villeverde quedou 5º clasificado galego masculino. E na categoría infantil, da mesma modalidade, Maikel santos quedou 7º clasificado galego masculino.
  • En canto á categoría de veteranos: José Mª Lema participou no Campionato Galego en Sala, 3º clasificado galego masculino, e campión do trofeo da federación galega en sala. No campionato ao aire libre quedou de 4º clasificado do campionato galego masculino.

Manuel Antelo destacou o labor deste Club, que realiza un labor moi importante cos nenos e nenas inculcándolle valores deportivos e sans, e que leva o nme do concello de Vimianzo por Galicia, sendo un concello pioneiro neste deporte dentro da nosa comarca. Pola súa parte o presidente do Club DousxSetenta, Víctor Santos, entregoulle ao alcalde unha camiseta do club para que a poida poñer cando os acompañe aos campionatos. A ocasión de lucir a camiseta poderá ser no I Campionato Irmandiño de Tiro con Arco que terá lugar o vindeiro 7 de xullo, dentro das actividades do Asalto ao Castelo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Nota de prensa do Técnico do Concello de Vimianzo e presidente do Clube Dousxsetenta, Víctor Santos.