Un recoñecemento aos arqueiros de Vimianzo


Os membros do Club de Tiro con Arco DousxSetenta foron recibidos esta pasada fin de semana polo alcalde Manuel Antelo no concello, a onde levaron títulos recibidos nos campionatos. Un total de 20 membros que promocionan este deporte, minoritario e pouco coñecido na Casta da Morte, xa que só se conta con dous clubs: un en Vimianzo e outro en Baio, que levan o nome de Vimianzo polos diferentes campionatos de Galicia nos que participan activamente.
- Na categoría benxamín modalidade recurvo olímpico: José Vázquez, subcampión galego masculino; Laura Ramos, 3ª clasificada galega feminina; Marcos Esperante, 4º clasificado galego masculino; Adrián Pereira, 5º clasificado galego masculino.
- Na categoría alevín, modalidade recurvo olímpico, Fernando Villeverde quedou 5º clasificado galego masculino. E na categoría infantil, da mesma modalidade, Maikel santos quedou 7º clasificado galego masculino.
- En canto á categoría de veteranos: José Mª Lema participou no Campionato Galego en Sala, 3º clasificado galego masculino, e campión do trofeo da federación galega en sala. No campionato ao aire libre quedou de 4º clasificado do campionato galego masculino.
Manuel Antelo destacou o labor deste Club, que realiza un labor moi importante cos nenos e nenas inculcándolle valores deportivos e sans, e que leva o nme do concello de Vimianzo por Galicia, sendo un concello pioneiro neste deporte dentro da nosa comarca. Pola súa parte o presidente do Club DousxSetenta, Víctor Santos, entregoulle ao alcalde unha camiseta do club para que a poida poñer cando os acompañe aos campionatos. A ocasión de lucir a camiseta poderá ser no I Campionato Irmandiño de Tiro con Arco que terá lugar o vindeiro 7 de xullo, dentro das actividades do Asalto ao Castelo.
Novas relacionadas
- Os Irmandiños xa teñen cartel e actores para Asaltar o Castelo.
- Os pequenos arqueiros soneiráns triunfan no Campionato Galego.
- A Costa xa ten un campión galego de Tiro con Arco e dous terceiros.
- Retrato de dúas familias de arqueiros.
- Dousporsetenta e Su A Agra participaron no Trofeo de Nadal de Tiro con Arco de Lugo.
- A canteira do tiro con arco costeiro está asegurada.
- A Costa da Morte xa é unha potencia en tiro con arco.
- Boa participación dos arqueiros de Vimianzo na Liga Galega de Tiro con Arco.
- Os arqueiros de Vimianzo quedan ás portas da Liga Galega.
- 4 pequenos arqueiros de Vimianzo triunfan en Lugo.
- O Tiro con Arco afiánzase en Vimianzo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do Técnico do Concello de Vimianzo e presidente do Clube Dousxsetenta, Víctor Santos.