Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unha Carnota sen Fútbol da Costa??

Unha Carnota sen Fútbol da Costa??
Carnota e Lira no limbo a UD Carnota e o Lira CF están pendentes de posibles renovacións das directivas, pero a día de hoxe periga a súa continuidade

Moi triste está estes meses o mundo do fútbol por Carnota. Despois dunha temporada moi mala, co Carnota pechacancelas da 2ª Autonómica e o Lira, pechacancelas da 3ª, e coas categorías de base aínda en fase de crecemento, pode que o concello sureño quede sen equipos nas Ligas da Costa para a vindeira campaña. As directivas de UD Carnota e CF Lira presentaron a súa dimisión, e non hai relevo para volver a inscribir os equipos para a temporada 2016/2017.

Por Lira, este pasado sábado houbo Asemblea de socios na confraría, e parece que houbo certo interese por parte dun grupo de xente, que podería estar interesada en seguir co club. Haberá que esperar á seguinte cita, do sábado 23 de xullo, para saber se teremos Lira CF a vindeira campaña ou terá que darse de baixa.

Por Carnota a cousa parece máis preocupante aínda. E iso que hai un superávit que permitiría presentar as fichas da vindeira tempada. Pero parece que non hai ninguén que colla o relevo, e dende o Concello non parece que haia moita resposta para salvar un equipo con 47 anos de historia.

Houbo rumores da recuperación do AD Lariño, pero a realidade é que o Concello está intentando salvar as Escolas Deportivas e o equipo de Fútbol Sala Feminino, das Roxiñas de Lira. O Concello contactou cunha empresa para presentar un proxecto que permita xestionar ambas entidades, e que podería contar con Óscar Leis, ex membro da familia do Dumbría CF, como responsable. Pero polo de agora todo son conxeturas.

Fonte

Comentarios