Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Unha vitoria pola mínima en Carballo e un empate que soubo a pouco en Camariñas

Unha vitoria pola mínima en Carballo e un empate que soubo a pouco en Camariñas

Boa semana para o balonmán costeiro cun empate e unha vitoria. A vitoria pola mínima, iso si, pero o empate soubo a menos en Camariñas, xa que o conxunto conserveiro mereceu máis.

Tras estra 7ª xoranda da 1ª División Estatal de Balonmán, segue o cadro camariñán en postos de descenso, con 3 puntos, mentres que o equipo carballés está na 6ª posición, a tan só 3 puntos do ascenso.

Balonmán Camariñas - SAR (30-30)

  • Balonmán Camariñas: Cristian (p), Lalá (p), Víctor (p), Fari (5), Fabián (6), Felipe (1), Damián, Borja (6), Moncho (1), Salva (3), Catalán (3), José Ramón, Xabi, Perón (3).

Comezou o partido un Camariñas moi nervioso ante o seu público, perdendo balóns en ataque que permitiron ao S.A.R. distanciarse no marcador. Aos poucos o Camariñas foise facendo co partido e recuperando as diferenzas no marcador, para marcharse ao vestiario cun tranquilizador 15-13.

No reinicio do partido, seguiu o equipo conserveiro na súa liña, facendo o seu xogo, conseguindo unha vantaxe máxima de 5 goles (24-19) e co balon en posesión, pero ao partir do minuto 45, co partido xa case no peto, volveron florecer os nervios e outra vez as perdas de balón en ataque propiciaron os contraataques visitantes, volviendose a meter no partido e pondo en serios aprietos aos locais, que tendo dous puntos na súa marcadora, téñense que conformar cun inxusto empate.

Destacar polo Camariñas a Fary, Salva e Perón e polo S.A.R. os contraataques de Gabo e Carlos Rei.

Calvo Xiria - Paraxe Construcciones (34-33)

  • Calvo Xiria (15+19): Iago[p], Cuco (1), Álex García (2), David (8), Dubra (4), Jesús (3), Manu (2) -equipo inicial- Kike[p], Pablo (8, 2 de 7 metros), Ramón (2), Sergio (2), Miguel (2), Ángel, Álex Zas.

Emocionante encontro o disputado o sábado no Pavillón Vila de Noia entre o Calvo Xiria e o Paraxe, e que se decidiu nos derradeiros segundos, nos que os carballeses marcaron para deixar o marcador no definitivo 34-33.

Logo de cinco minutos de tanteo entre os dous equipos o Paraxe tomou a iniciativa e comezou a marcar diferenzas que chegaron a ser de sete goles (10-17 no minuto 22 de partido) baseándose na capacidade de lanzamento de Pablo e no traballo na línea de seis metros de Rubén e Cuadrado. Foron minutos nos que os carballeses non atopaban solucións na súa defensa. Pola contra os xogadores de Chapela facían da súa parecela defensiva un fortín, aproveitando a permisividade arbitral nos contactos, moitas veces máis alá do regulamentario. So unha pequena reacción en superioridade numérica permitiu que a diferenza no descanso se recutarse ata os catro goles que deixaban aberto o partido.

Á volta dos vestiarios o Calvo pareceu tomar nota de que só elevando o nivel defensivo ata o listón que puxeron os colexiados tería opcións de tirar algo positivo deste encontro. Cunha defensa moito máis agresiva e coa mesma dureza que a do Paraxe foi limando a desvantaxe no marcador. Uniuse un bache dos chapeleiros que non foron quen de seguir o ritmo durante os primeiros quince minutos da segunda parte que se pechou cun parcial de 15-5.

Mais non rematara aínda o partido, unha serie de erros no ataque carballés devolveu a vida ao Paraxe que chegou a empatar o encontro. Os derradeiro dez minutos foron das defensas (só sete goles entre os dous equipos) e non estaba claro cara onde caerían os puntos. Faltando pouco máis dun minuto, cun 33-32 no marcador, o Calvo sufre a exclusión de Álex García e o ataque do Paraxe remata en gol. Con pouco máis de trinta segundos por xogar o marcador de 33-33 tiña en vilo ao numeroso público presente no Vila de Noia. Unha exclusión ao cadro de Chapela deixaba a igualdade na pista e dez segundos para dilucidar que pasaría Logo dun tempo morto o balón foi ás mans de David, quen foi capaz de marcar no 59´55´´, quedando os puntos en Carballo.

Vindeira cita

A vindeira xornada o Calvo Xiria viaxa o domingo a Cangas para xogar a 8ª xornada dunha liga que está a presentarse moi igualada e entretida.

Pola súa banda o Conservas visitará a pista do 5 Jotas, o pechacancelas cun punto menos que os conserveiros, o sábado 12 ás 19:00h.

Máis información

Crónicas 2011/2012

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Calvo Xiria.

Comentarios