Uns consellos de Fran Toba para os pais de novos deportistas
10:56 28/04/11
Hoxe, o compañeiro Fran Toba, presidente e adestrador do Fisober Concello de Vimianzo e un dos míticos do fútbol da Costa, achéganos uns conselliños. Consellos que van dirixidos aos pais, a todos eses pais e nais que cada fin de semana van ver aos seus cativos xogar ao fútbol, ao baloncesto, á vela, ao hoquei, ou a calquera outro deporte.
Uns consellos de Fran Toba para pais de novos deportistas
O que vostedes, pais de novos deportistas, deberiades facer
- Realizar as actividades deportivas cos seus fillos sempre que lles sexa posible.
- Estar presentes nas competicións nas que eles participen, sen presionalos nin entrometerse, adoptando unha actitude serena e comedida.
- Dar un bo exemplo relacionándose amigablemente cos pais e acompañantes dos seus adversarios fomentando en todo momento o compañerismo.
- Destacar sempre o pracer de facer deporte, a alegria de participar.
- Axudarlles a compatibilizar a actividade escolar e deportiva.
- Ensinarlles a respetar as regras de cada modalidade, o xogo limpo e moi especialmente ós adversarios.
- Ter sempre presente que os protagonistas son os nen@s e son eles os que se esforzan e se divirten.
- Axudar o adestrador e os responsables do club a resolver os problemas que se presenten, mantendo unha relación fluida e amigable, que lles motive a realizar a súa labor.
- Ter unha actitude positiva ante as derrotas, axudando o nen@ a afrontalas con naturalidade.
O que non deberían facer
- Obrigar os seus fillos a participar en competicións deportivas.
- Discutir e recriminar os árbitros e xuices.
- Comentar públicamente de forma despreciativa o comportamento dos xogador@, adestradores, árbitros...
- Inferir no traballo do adestrador.
- Criticar os fracasos e esixir resultados as nenas.
- Contribuir a crear expectativas esaxeradas sobre as súas posibilidades como deportistas.
- Apoiar os seus fillos cando responsabilidades a terceiros (árbitros, adestradores...).
- Alimentar con eloxios fáciles a aparición de actitudes de vanidade e prepotencia.
- Prohibir a práctica deportiva como forma de castigo, en particular cando obteñen malas calificacións escolares.
- Convertirse, ainda que sexa inconscientemente, nos protagonistas da actividade deportiva que realizan os seus fill@s, fixando metas, os obxectivos e as esixencias.
- Fran Toba.
Máis información
- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
Novas relacionadas
- Debut da Selección da Costa feminina nun ambiente de festa.
- Artigo de Pablo Mouro: Escordadura de nocello.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).