Vimianzo volveu sacar os arcos de Dousxsetenta en Silleda
Volveron os arqueiros de Vimianzo á competición. E o fixeron en Silleda, no XVI Trofeo Federación Gallega – Xunta de Galicia de sala. Alí estiveron 7 arqueiros da Escola de Tiro con Arco do Concello de Vimianzo e do Club Dousxsetenta vimiancés, poñendo o listón moi alto na Costa da Morte.
En benxamín masculino Marcos Esperante quedou 2º clasificado gallego con 255 puntos e José Blanco 5° clasificado con 251. br/>En benxamín feminino Laura Ramos quedou 2ª clasificada galega con 234 puntos.
En alevín masculino Fernando Villaverde quedou 4º clasificado con 467 puntos.
En veteranos José María Lema quedou 3º con 488 puntos.
Tamén competiron Martín Paz e Víctor Santos en senior masculino. Martín rematou no posto 20 mentres que Santos non puido rematar a competición que, ao ser pluriempregado, marchou correndo ao partido do Nantón, do que forma parte do corpo técnico.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do Técnico do Concello de Vimianzo e presidente do Clube Dousxsetenta, Víctor Santos.