Xornada para esquecer da familia ACB Costa da Morte
07:26 15/11/12
Mala sorte esta fin de semana para os equipos do ACB Costa da Morte. 5 derrotas en 5 encontros demostran que os cadros costeiros aínda se teñen que ir facendo á competición. Unha tempada que acaba de empezar, polo que queda moito tempo de reacción.
Resultados da familia ACB Costa da Morte
- Cadete masculino: ACB Costa da Morte - Arteixo (37-52).
- Infantil feminino: ACB Costa da Morte - Basquet Coruña Maristas A (22-93).
- Senior feminina: E.S. Bazarra ACB Costa da Morte - Fixagal María Pita (45-58).
- Senior masculino: Noia - Oso Polar Costa da Morte (72-43).
- Cadete femenino: Calasancias - ACB Costa da Morte (43-24).
Vindeira xornada
En breve actualizamos os horarios a esta xornada.
Máis información
Novas relacionadas
- Comeza un ano completo de baloncesto para o ACB Costa da Morte.
- As infantís do ACB xa son campionas intercomarcais.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Información de Rafael Quintáns.