Xuvenís: Aínda hai loita viva
No comezo da segunda voltiña, ponse algo máis intensa a Liguilla Previa á Fase de Ascenso. O Cabana conseguía empatar en Cee, e o Ponteceso vencía ao Baio. Con estes resultados, e xa co Xallas destacado e a un ritmo imparable, os ceenses teñen 3 puntos de vantaxe sobre os pontecesáns e 5 sobre os cabaneses, pero aínda queda moito en xogo. De feito, a semana que vén son os do Ponteceso os que terán que pasar polo rodete xalleiro, unha semana antes dun Cee-Ponteceso que poderá ser definitivo.
Liguilla Previa de Ascenso, xornada 6
Baio - Ponteceso (2-4)
- Baio: Julian, Queiro, Álex F., Michi, Brandon, Sergio, Javier Muíño, Luís Eiroa, Regueira e Cristian. Tamén xogaron: Alberto, Jose Antonio, Manuel Maria e Jose Manuel.
- Ponteceso: Damián, Adrián (Cacha, m.45), Loureiro (Aarón, m.45), Minichema (Jorge, m.46), Villar, Luca, Alberto (José Ángel, m.45), Aday (Busto, m.80), Eloy, Yago e Ismail.
- Goles: 1-0, m.25: Anxo; 2-0, m.35: Anxo; 2-1, m.59: Aday de cabeza; 2-2, m.61: José Ángel de penalti despois de mandarllo repetir a Yago; 2-3, m.83: Eloy tras unha boa combinación colectiva; 2-4, m.90: José Ángel dende 20 metros pola escuadra.
- Expulsión: O adestrador baiés Julio Vila por ameazar a un xogador visitante.
Bo ambiente no Platas Reinoso para ver un partido que se presentaba moi intenso. Levaba a iniciativa o Ponteceso chegando con boas opcions de finalización á meta de Julian que se erixia como muro infranqueable. Asi os locais facianse fortes e pouco a pouco sacudianse o dominio visitante con algún que outro contraataque. Se o Ponteceso non era efectivo o Baio tinha un papel ben distinto. Anxo en duas chegadas facia dous auténticos golazos deixando a súa impronta no partido e reforzando o traballo de todo o equipo en defensa. Asi chegábase o descanso.
No segundo tempo os da villa de Pondal puxeron os seus mellores efectivos no campo para intentar a remontada. O acoso deu resultado reducindo primeiro distancias co 2-1 e apenas un par de minutos despois empatando con un gol de penalti que o arbitro fixo repetir tras parar Julián.
Eran minutos de intercambio ata que no treito final dous tantos dos pontecesáns certificaban a sua vitoria e méteos de cho na loita co Cabana e Cee.
Cee - Cabana (0-0)
- Cee:
- Cabana: Darío, Martín, Aurelio, Pipa, Reigía, Mateo (Nando), Carlos (Bieito), Alberto, Ferreiro, Santi e Pablo (Alex).
Antes de empezar o partido gardouse un sentido minuto de silencio polo avó de Diego, falecido nun accidente de moto.
Partido moi disputado e vibrante que puido caer de calquera dos dous lados con ocasións importantes para cada equipo. Polo bando cabanés, Pablo e Ferreiro, que esvarou no peor momento, tiveron as mellores ocasións. Álex e Santi na última xogada do partido tamén tiveron ocasións pero se atoparon co gran gardameta do Cee, Paulo.
Xallas - Montelouro (7-0)
- Xallas: Alex, Raúl, Pablo, Rubén, Xoel, Alberto (Parri), Carlos, Thiago, Anxo (Óscar), Santi Díaze Sergio Barbeira.
- Goles: 1-0, m.1: Thiago engachaba unha volea nun balon peinado por Sergio Barbeira; 2-0, m.9: Santi Díaz mandaria pola escuadra un zurdazo desde a frontal; 3-0, m.16: Thiago novamente faria o terceiro,de xogada personal finalizando cunha bonita vaselina; 4-0, m.26: Sergio Barbeira faria o cuarto defindo un man a man co porteiro; 5-0, m.50: Rubén nun córner; 6-0, m.65: Sergio Barbeira; 7-0, m.80: Santi Díaz nunha gran contra.
Partido sen historia na mañá do domingo en Fontenla. Non tardou nin un minuto en poñerse por diante o equipo local e ao cuarto de hora xa ían 3 no lombo. Deixouse ir o Xallas e ata o descanso o Louro intentaba recortar distancias con balóns longos, pero sen acerto. Á volta de vestiarios, o Xallas completou a goleada.
Liguilla Copeira Xuvenil, xornada 5
Corcubión - Camariñas (1-4)
- Corcubión: Santi, David, Samu, Beto, Porto, Makareno, Alex, Joselu, Dani Rama e Maikel. Tamén xogou: Mesejo
- Camariñas: Brais Nion, Gabriel, Facundo (Brandon, m.46), Espi, Brais (Miguel, m.10), David (Pifo, m.55), Joseva, Adrián, Álvaro, Pablo Mouzo e Pablo Suárez.
- Goles: 1-0: Rama; 1-1: Adrián; 1-2: Pablo Suárez; 1-3: Brandon; 1-4: Espi.
- Lesión: Brais cunha escordadura de xeonllo.
Boa mañá para xogar ao fútbol no Cubaleiro que comezaba cun gol dos locais, aproveitando que a lesiñon do central Brais deixaba aos camariñáns cun home menos. Pero foi pronto polo partido o cadro visitante que empataría rápido e lle daría a volta ao marcador con contundencia.
Fisterra - Esteirana (8-0)
- Goles: Asier (3), Papin (2), Dani e Gonzalo (2).
Segue tendo moitos problemas de efectivos a Esteirana e o Fisterra non tivo piedade.
Coristanco - Zas (4-1)
- Coristanco: Alberto, Iván Vázquez (Jorge, m.35), Daniel, Álvaro, Álex Varela; Álex López, Sergio, Adrián, Bértoa; Gabriel e Iván Villar (Anido, m.60).
- Zas: Hadrián, Boli, Rubén, Ternande, Brais, Pedro, Adrián, Manu, Álvaro, Christian e Andrés.
- Goles: 0-1: Andrés; 1-1: Gabriel; 2-1: Iván Villar (descanso); 3-1: Anido; 4-1: Anido.
Con 11 xustos chegaba o Zas, e aínda así saíron fortes e se colocaron por diante. Pero era un partido de erros, e o Coristanco, que tivo máis acerto cara gol, levou os puntos. Xa remontara antes do descanso tras un golazo de Gabriel gracias a un regalo da defensa. Na segunda, o partido fíxose longo para os vistantes.
cadetes..ainda asi saimos ben o partido e conseguimos poñernos por diante cun gol de Andres. Fui un partido xeo de erros eq se levou oq mais acerto tivo de cara o gol q foi o Coristanco. Xa o descanso nos remontaron tras un golazo de Gabriel e un 2-1 q regalamos incomprensiblemente. Tralo descanso mais do mesmo pero sen punteria polo noso bando,fixosenos o partido longo e xa contra o final o Coristanco conseguia cerralo marcador difinitivo de 4-1Castriz - Outes (0-6)
- Castriz: Víctor, Rubén, Julián, Brais (Javier E., m.76), Richi, Javier N, Miguel, Luís, Martín (Balsa, m.57) e Sergio (Ismael, m.57).
- Outes: Alex, César (Kevin), Cutu, Hortas, Brion, Adrián, Simón, Fabio (Serxio), Adán (Iván cad.), Fran (Saúl) e Santi.
- Goles: 0-1: Santi; 0-2: Santi; 0-3: Santi; (descanso); 0-4: Cutu de penalti; 0-5: Kevin; 0-6: Adrián.
Partido desigual en San Pedro no que o cadro da Serra saíu moi confiado e moi forte, neutralizando os puntos fortes dos xalleiros, como son os balóns disputados e os tiros dende lonxe. O Outes combinaba rápido e con velocidad aproveitando todo ancho de campo cos interiores que buscaban moi ben ás costas da defensa, e por dentro baseándose nun gran partido de Adrián.
O partido decidíase na primeira metade, con 3 xogadas semellantes que provocaron as iras dos locais. Santi buscaba o desmarque de rutura e a defensa xalleira pedía fóra de xogo ata en 3 ocasións. Pero o colexiado non viu ningún dos 3 e as xogadas remataron en goles.
Apretou no inicio da segunda o Castriz, pero un penalti, tamén protestados polos locais, daba de novo vantaxe aos visitantes e indignaba definitivamente aos locais.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).